O Grupo Municipal de Veciños vén de presentar unha moción para o pleno deste mércores 11 de novembro ao fin de modificar varias ordenanzas fiscais, axustándoas á realidade actual de Boqueixón e tentar que estas sexan máis sociais. Os Veciños non poden soportar incrementos de máis do 10 % anual no IBI (este ano a recadación por IBI sube un 30% respecto a 2014), nen pagar unha taxa inxusta por abastecemento de auga froito da súa deficiente xestión.
Son pois unhas modificacións realistas e perfectamente asumibles para o concello, e que surtirán os seus efectos na maioría da poboación de Boqueixón.
Modificación do IBI: 1. Reducir o tipo tributario do 0,44% actual ao mínimo permitido na lei, 0,4%. 2. Establecer unha bonificación especial de ata o 50% a todas aquelas zonas do Concello con características rurais. 3. Excluir ou bonificar da base do IBI os Establos independentes da súa dimensión, alpendres e cubertos na totalidade do Concello. 4. Considerar como rústico o chan urbanizable mentras non sexa desenvolvido (sentenza do Tribunal Supremo do pasado 30/05/2014). Modificación do ICIO: OCO 41r 1. Establecer unha serie de bonificacións neste imposto a empresas que xeren emprego.
2. Establecer un tipo reducido en Construccions en solo industrial e naquelas promocións da primeira vivenda. Modificación do IVTM: 1. A redución da taxa nos vehículos de menos de 15,99 cabalos fiscais, así como a exención daqueles vehículos afectos a unha explotación agrogandeira.
Modificación da Taxa de Abastecemento: 1. Recuperar para o concello a explotación do abastecemento de auga e ver a posibilidade de reducir as taxas á situación anterior ao 2012 (incremetáranse máis dun 30%). 2. Eliminar a taxa de alta de contrato no abastecemento de auga así como no sanea mento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario