Rams, o val dos carneiros
|
|
![]() |
| Rams (Grímur Hákonarson, 2015) |
|
O cinema islandés ten acadado nos últimos tempos un notábel éxito nas pantallas españolas. Se en setembro era Rúnar Rúnarsson quen se alzaba coa Concha de Ouro polo seu filme Sparrows, agora é Rams, o debut na ficción de Grímur Hákonarson, o recompensado coa Espiga de Ouro durante a pasada Seminci, e anteriormente xa recollera o premio da sección Un certain regard de Cannes. Poderedes velo en NUMAX a partir deste venres 13 de novembro, pero entrementres botádelle un ollo ao trailer:
|
|
Rams (Grímur Hákonarson, 2015)
Gummi e Kiddi son veciños e irmaos nun val illado de Islandia. Adícanse a coidar as súas ovellas, multipremiadas como as mellores do país pola súa liñaxe antiga e ancestral. Malia compartiren as leiras e o estilo de vida, Gummi e Kiddi non se falan desde hai décadas. Logo dun concurso, áchanlle unha doenza mortal e súpeta a unha das ovellas de Kiddi, co que o val se ve ameazado e as autoridades ordean sacrificar o gado da contorna para deter a doenza.
|
|
|
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario