O tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade Pública, Nicolás González Casares, mostrou en nome do Goberno o “malestar e o desacordo co peche do servizo de radioloxía no centro de saúde de Lalín en horario de tarde, durante o próximo nadal”.
O cerre do servizo foi anunciado pola Xerencia de Santiago e para González Casares supón “unha nova redución dos servizos sanitarios, que en vez de mellorar se van desmantelando pouco a pouco a pouco en Lalín grazas ás políticas privatizadoras da Xunta do PP”. “Por estarmos en épocas vacacionais non temos que vernos privados de servizos que perfectamente poderían ser mantidos por persoas que están no paro”, argumenta o edil.
Casares asegura que o peche de radioloxía polas tardes “vai provocar que moitas urxencias non poidan ser atendidas e se teñan que derivar a centros hospitalarios”. Para finalizar lamenta de novo “que a Consellería do Partido Popular continúe tomando decisións que non faan outra cousa que reflectir o seu afán privatizador”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario