Oposición de Padrón - A oposición presenta unha roposta consensuada para os plans PAS e POS da Deputación

Os grupos PSdeG-PSOE, PGD, AxP, BNG e CIPa, ( sete concelleiros de trece) presentamos unha proposta de obras a realizar, financiadas co Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2016 e o Plan de acción social (PAS) 2015

.Ao concello de Padrón correspóndenlle 210.556,59 euros do POS e 287.122,63 euros do PAS.

As obras propostas para incluir en ámbolos proxectos presentadas hoxe son:

-Asfaltado pista Bordel, desde o incio ata a N-550, na Avda. Camilo José Cela.

-Asfaltado e mellora pista a Extramundi, desde a ponte nova sobre o río Sar.. Estas obras xa foran consensuadas o ano pasado, e quedaran sin incluir no POS, porque consideramos que había que mellorar a proposta existente naquel momento.

-Subministro de auga potable aos lugares de Cruces e Areal.

-Saneamento no lugar do Lestido.

-Reparación/reposición tellado gardería municipal

-Asfaltado pista Montiño a Vilar

-Reposición pasarelas río Sar.

-Rampa de acceso ao cemiterio municipal do Santiaguiño do Monte e dotación e bancos.

-Asfaltado da pista que vai da canle de derivación do río Sar ata o paso a nivel da Matanza.

-Saneamento no lugar de Iria, xunto ao paso soterrado da via férrea.

-Canexión do alcantarillado de Muíños.

A. presentación destas obras non exclúe a aprobación de outras que se podan consensuar, a maiores das presentadas polos grupos citados, e que terán que ser aprobadas antes do 18/12/15.

Ningún comentario: