O ALUMNADO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CALO CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE
· Prantaron varios exemplares do xénero prunus no xardín do centro para contar con sombra nos meses de verán
13 de abril de 2012.- Os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Calo celebraron o Día da Árbore cunha serie de actividades no centro. A máis destacada foi a prantación de varias árbores do xénero ‘prunus’ na zona axardinada do centro educativo.
Os cativos contaron coa axuda do persoal docente e coa colaboración de traballadores do departamento municipal de Parques. Despois de que os adultos prepararan os buratos e colocaron as árbores neles, os cativos comezaron a tapar as raíces con terra con pequenas pas.
O concelleiro de Benestar Social, Igualdade e Participación Veciñal, Ignacio Iglesias, acudiu á escola infantil para participar na actividade e destacou a importancia de que os nenos e nenas aprendan a coidar a natureza desde pequenos. Iglesias explicou ademais que, coas árbores prantadas, o xardín da escola infantil de Calo contará nos vindeiros anos con sombra, o que permitirá desenvolver xogos no exterior durante os meses de verán e nos días de bo tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario