Festiclown – Leo Bassi en Galicia

ROLDA DE PRENSA DE LEO BASSI E IVAN PRADO (FESTICLOWN) NO CONCELLO DE SANTIAGO (Xoves 12, ás 11 am)

LEO BASSI fará unha acto moi especial na Praza do Obradoiro
Ensombrecido pola censura (que o concello de Compostela exerceu ao votar abaixo a actuación que o cómico italiano tiña prevista para o 10 de abril no Teatro Principal), a xira continúa e, máis aínda, convértese nun acto que vai moito máis aló dos teatros, converténdose nun alegato á liberdade e ao dereito que ten calquera artista a traballar libremente sen que teña máis xuíz que o propio público.
Así, Leo Bassi fará do Xoves 12 de abril unha xornada moi especial:

- As 10’30h Leo Bassi será recibido (na praza do Obradoiro), por gaiteiros e gaiteiras que o recibirán cos honores que merece o bufón que é. A convocatoria para que a xente acoda a apoiar a inicativa coa súa gaita está aberta!!
- As 11h está convocada unha rolda de prensa no Concello na que, o propio Leo Bassi, se dirixirá directamente ao Alcalde, Xerardo Conde Roa, que tratou de exercer de censor e impartir leccións de moral
- Trala rolda de prensa Leo Bassi fará unha ofrenda flroal na Catedral de Santiago de Compostela, acompañado do seu séquito de gaiteiros, como homenaxe ao Bispo Prisciliano, mártir da Inquisición Católica e víctima tamén da censura católica. A continuación procederá á inauguración dun semáforo (emulando o único mérito ata a data do noso alcalde)
O Festival Internacional de Clown de Galicia, FESTICLOWN e o colectivo Pallasos en Rebeldía son as entidades encargadas de organizar, xunto con Leo Bassi, unha nova xira do mellor bufón do mundo novamente a Galicia.
Datas da xira:
Santiago de Compostela (12 de abril), As Pontes (13 de abril) e Cangas (15 de abril) serán as cidades que acollerán o espectáculo THE BEST OF do xenial artista italoamericano Leo Bassi. Ademais participará en 2 galas solidarias coma Palestina en Cee-Corcubión (14 de abril) e en Ourense o 16 de abril (dentro da programación da MITEU) xunto com moitos máis artistas do mundo do circo, a música, o teatro...
Leo Bassi repasará nesta ocasión o mellor da súa carreira cun espectáculo de aproximadamente unha hora e media de duración no que poderemos gozar co herdeiro dunha estirpe de pallasos que fixo da risa un arma pacífica para o cambio. Tocará temas como a banca, a relixión, a dereita, o capitalismo... en defensa dunha sociedade máis xusta, igualitaria e divertida.
ENTRADAS XA A VENDA:
-As Pontes – Auditorio Municipal “Cine Alovi” – 13 de Abril – Entradas anticipadas na Casa Dopeso (1º andar) - As Pontes
-Cangas – Auditorio Municipal – 15 de Abril –
Entradas anticipadas no teléfono - 981 582 836
-Galas de Cee e Ourense: na billeteira dende 2 h antes de cada espectáculo.

Ningún comentario: