Silleda – a xunta local de seguridade contará con un especialista en violencia de xénero

O Subdelegado do Goberno de Pontevedra, compormeteuse na Xunta de Local de Seguridade celebrada esta mañá a designar unha persoa especializada en violencia de vénero
Silleda, 11 de abril de 2012
No Concello de Silleda vén de celebrarse esta mañá unha Xunta Local de Seguridade á que asistiu o Subdelegado de Goberno de Pontevedra, Antonio Coello Bufill, que recentemente tomou posesión do seu posto no goberno autonómico.
Á xunta tamén acudiron a Alcaldesa, Paula Fernández, como copresidenta da mesma xunto co subdelegado, a Concelleira de Igualdade e Benestar Social, Dolores García Troitiño; o vogal da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, Alberto Seoane Riobó; o Capitán Xefe da Campaña da Garda Civil de Lalín como Xefe das Fornzas de Seguridade do Estado que exerzan as súas funcións no ámbito territorial do municipio, Antonio Sánchez González; como vogal representante dea Administración Autonómica o Inspector Xefe Adxunto da Policía Autonómica, Antonio Riádigos González; e como vogal da Administración Local, o Xefe da Policía Local de Silleda, José Manuel García Blanco.
Neste encontro, a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, solicitou a designación dunha persoa especializada en violencia de xénero, tal e como había antes, para que entre as forzas de seguridade e esta persoa, co apoio da Concellaría de Igualdade, se poida tratar dende o goberno municipal todos os casos que existan, ademais de traballar na prevención e erradicación desta problemática social. O Subdelegado do Goberno de Pontevedra comprometeuse a levar a cabo esta petición.
Na reunión tamén se falou da situación dos protocolos, que busca unha información fluída entre os corpos de seguridade dos diferentes gobernos, e púxose de manifesto o bo funcionamento da mesa de coordinación establecida entre a Policía Local e a Garda Civil.
Por outra banda, a rexedora deu as grazas tanto aos corpos de seguridade autonómico e local, pola súa labor no tocante aos controis efectuados, e pola vixilancia para evitar e sancionar a venta de alcol a menores de idade. Esta foi unha cuestión levada á última Xunta Local de Seguridade, na que o goberno autonómico pedira a incorporación da Policía Nacional, que antes non estaba, para manter unha estreita vixilancia sobre a venta de alcol a menores e o cumprimento das normas para os locais de ocio nocturno de Silleda.

Ningún comentario: