Silleda – o concello firmará un novo convenio de colaboración con Vila de Cruces

O Concello de Silleda firmará un novo convenio de colaboración co Concello de Vila de Cruces
Silleda, 7 de abril de 2012
O Concello de Vila de Cruces e o Concello de Silleda asinarán un novo convenio de colaboración para o aforro enerxético entre os dous municipios.
Por este acordo, cada un dous concellos fará a solicitude dunha subvención á Consellaría de Traballo e Benestar para o fomento de emprego a través dos programas de cooperación para un electricista cun contrato do de 12 meses de duración a tempo parcial. As súas funcións serán a colocación de luminarias de menor consumo e máis rendemento, a colocación de contadores con discriminación horaria. A instalación de paneis solares térmicos en edificios de gran consumo de auga sanitaria e o apagado de alumeado público en lugares superfluos.

Este programa será executado en convenio entre os dous concellos de forma coordinada e buscando unha prestación de servizo mancomunada nun ámbito territorial intermunicipal.
O Concello de Silleda e o de Vila de Cruces queren, con este convenio, dar un impulso aos programas de mellora do aforro e da eficiencia enerxética, ao fomento do uso racional da enerxía, e en xeral, á óptima xestión dos recursos enerxéticos, contribuíndo ao consecuente aforro económico que isto supón para ambas administracións dada a actual situación económica.
Tanto o Alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, como a rexedora do Concello de Silleda, Paula Fernández, destacan a importancia deste tipo de acordos para ofrecer un mellor servizo aos veciños dos dous municipios; valoran tamén que se poderá levar a cabo unha grande acción que ademais de supoñer un aforro para os dous concellos, tamén será moi favorable ao medio ambiente.

Ningún comentario: