CONTINÚA O ENTROIDO DOS XENERAIS EN TEO, ESTE FIN DE SEMANA NA PARROQUIA DE REIS
- Os coros de vellos e bonitos percorrerán a parroquia durante o sábado e o domingo, pechando as dúas xornadas co atranque no campo da festa
- Trece persoas a cabalo e máis de 70 persoas nas comparsas forman parte da comitiva festiva
10 de febreiro de 2012. O Concello de Teo continúa celebrando o tradicional entroido dos xenerais este fin de semana na parroquia de Reis. O tamaño da parroquia obriga a saír o sábado e o domingo e nas dúas xornadas a comitiva festiva rematará no campo da festa co alto ou atranque.
As comparsas e os xenerais sairán o sábado a partir das 11:00 horas de Coira e pasarán polo Freixeiro, Valiñas de abaixo e Valiñas de arriba onde pararán para comer. Despois de repoñer forzas con produtos típicos desta época, seguirán cara Samar, Pazos, Montecelo, Vieiro, a Ribeira, o entorno do campo de fútbol e rematarán no campo da festa. e cara a o campo de fútbol e remata no campo da festa rematarán no campo da festa. O domingo sairán pola mañá do Ferreiriño tamén sobre as 11:00 horas e pararán en Chao do Río, Outeiro, no lugar de Olveira e na residencia da terceira idade, en Xermeade, Pontevea para rematar de novo no campo da festa. As coordenadas do campo da festa para o GPS son as seguintes: 42º 52´45”/8º 21´58”
Os dous días, sábado e domingo, farase o atranque a última hora da tarde, en torno ás 20.00 horas. A parroquia de Reis terá uns carnavais con trece persoas a cabalo, máis de 70 persoas nos coros de vellos e bonitos e varias carrozas.
Persoa de contacto da organización: María Vázquez, teléfono 627 207 381
CONVOCATORIA DE PRENSA –ENTROIDO REIS-:
DÍA: 11 e 12 de febreiro.
HORA: 10,00 horas//20,00 horas .
LUGAR: Parroquia de Reis. Teo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario