Solventánse os problemas de sumidoiro nas vivendas de protección oficial de Melide.
- A través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras e despois da xuntanza mantida pola alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez mailo responsable desta área do goberno autonómico, Agustín Hernandez, estánse solventando todos os problemas de olores e de atascos na rede de saneamento que se estaban a producir nas vivendas de protección oficial de Melide.
- As queixas da veciñanza foron constantes durante os catro anos de goberno de bipartito que non conseguiron solventar o problema.
Melide, 9 de febreiro de 2012.- A alcaldesa de Melide mantivo a semana pasada unha reunión co responsable da Consellería de Medio Ambiente, territorio e infraestructuras co fin de arranxar os problemas de saneamento que os veciños e veciñas residentes nas vivendas de protección oficial de Melide viñan sufrindo dende hai algúns anos sen que ninguén tomase ninguha solución ao respecto. As queixas dos afectados eran continuas xa que se producían inundacións continuamente nos sotos de ditas edificacións, ademáis dos malos olores que afectaban á veciñanza de maneira habitual. Para solventar o problema o anterior goberno local formado pola coalición BNG-PSOE trasladaba a motobomba do Concello ao lugar cada vez que se producían enchentas xa que do contrario a situación sería de total insalubridade.
As actuacións que se procederon a realizar foron a eliminación das arquetas sinfónicas exteriores para reemplazarlas por un bote sinfónico dentro dos garaxes, ademáis da substitución da rede exterior en 50 metros xunto coa modificación dos tubos interiores para conseguir desta maneira pendentes artificiais que favorezan o fluxo das augas residuais que antes non existían. Ánxeles Vázquez, a alcaldesa de Melide amósase moi satisfeita con esta actuación para solventar un problema de saneamento e olores que viñan sufrindo os veciños desta área de Melide e que tan incomodos para a vida coitá resultaban.
Ningún comentario:
Publicar un comentario