Veciños e veciñas de Ordes aprenden a ser uns auténticos 'arguiñanos' coas clases de cociña que organiza o Concello
O novo ciclo formativo dou comenzo onte e durará ata o vindeiro mes de maio
Ordes 04 xaneiro 2012. O Concello de Ordes ven de inaugurar os cursos de cociña que pon en marcha dentro do circuito cultural e deportivo que se desenvolverá ao longo dos vindeiros meses. Unhas sesións que terán lugar ata o vindeiro mes de maio e nas que os asistentes aprenderán a elaborar distintas receitas e postres.
As clases están a ter lugar todos os venres en horario de tarde na aula de cociña instalada na Casa da Cultura. O cociñeiro Quique Lema será o encargado de impartir os coñecementos e consellos culinarios para facer dos asistentes uns auténticos chefs.
Ningún comentario:
Publicar un comentario