A biblioteca municipal de Ordes acolle dende hoxe unha mostra sobre as tradicións do Entroido
Fotografías, receitas e libros expóñense para achegarlles unha das festas máis celebradas do Concello a todos os usuarios e visitantes
Ordes 10 febreiro 2012. A biblioteca municipal de Ordes acollo durante estes días unha mostra sobre a festa do Entroido, con libros, recetas de cociña, máscaras, fotografías e outros moitos elementos relacionados con esta festa tan celebrada no Concello. Os ususarios poderán aprender a elaborar pratos típicos desta época do ano como filloas, orellas, lacón con grelos ou follados. Admirar a colorida e vistosa indumentaria dos piliqueiros, así como outras estampas típicas do Entroido.
Na ludoteca os máis pequenos xa poden disfrutar cunha exposición de fondos bibliográficos cos que poderán aprender a maquillarse ou a confeccionar disfraces, antifaces e máscaras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario