O presidente da Deputación da Coruña visita o stand de Melide en “Xantar 2012”
· Diego Calvo resaltou na súa visita a feira Xantar que se celebra en Ourense dende o 1 até o 5 de febrero a importancia turística da Terra de Melide como lugar de encanto no interior de Galicia.
· O Concelleiro de promoción económica presente na feira Xantar, Santos López Novo, agradeceu as palabras do Presidente da Deputación da Coruña resaltando os atractivos turísticos de Melide e comarca no cerne de Galicia.
Melide, 4 de febrero de 2012.- Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña estivo presente no stand de Terra de Melide no día adicado á provincia da Coruña dentro da XIII Edición de Xantar, feira de exaltación turística que se está a celebrar en expourense dende o 1 até o 5 de febreiro. Diego Calvo acompañado polo concelleiro de promoción económica, Santos López Novo, resaltou a beleza natural e o atractivo turístico, arquitectónico e gastronómico de Melide e comarca como un lugar de parada obrigada no interior de Galicia e no corazón do Camiño de Santiago. Pola súa banda, Santos Lopez, destacou que a presenza de Melide, Toques e Santiso nesta feira Xantar 2012 é un exemplo de colaboración interconcellos xa que a marca Terra de Melide inclúe non só os límites xeográficos do concello de melide, senón tamén Toques e Santiso que contribúen igualmente aportando novos aspectos de interese turístico que fan da comarca un lugar que atrae cada ano moitos turistas atraídos polo Camiño de Santiago, os monumentos, a natureza, o turismo de aventura e a calidade gastronómica do interior da provincia da Coruña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario