| O Concello de Silleda solicitou unha subvención para Normalizacíon lingüística cun presuposto de 13.000 euros
- “Os obxectivos son achegar o galego a todos os grupos de idade e a todos os ámbitos sociais” di a Alcaldesa e responsable de Normalización Lingüística do Concello de Silleda, Paula Fernández Pena
O Concello de Silleda ven de solicitar á Xunta de Galicia unha axuda para a Nomalización Lingüística, cuias actividades previstas terían un orzamento total de 13.000 euros. A relación de programas presentados consta de catro vertentes diferentes. A primeira, leva por nome “O galego ten premio” e está presupostada en 2.000 euros; os eidos de actuación contemplan as tecnoloxías da información e da comunicación é á mocidade. Consite nunha convocatoria de microrrelatos en galego e outra de curtametraxes con teléfono móbil que está dirixida a toda a poboación. A segunda, chámase “Na busca das nosas raíces” e, cos mesmos ámbitos de actuación que a anterior, esta trátase da recollida de historias tradicionais entre os maiores silledenses para recuperar o tradicionario cultural local. Conta cun presuposto de 1.800 euros e tamén está dirixida ao xeral dos veciños interesados en participar na conservación da cultura local. A terceira das vertentes, “A mocidade galega, en galego”, conta cun orzamento de 8.000 euros e contempla a realización de diversos eventos culturais dirixidos á mocidade, nos que se pretende promover o uso normalizado da lingua galega en todos os ámbitos da sociedade, especialmente naqueles máis próximos á poboación devandita como pode ser a internet, o asociacionismo, os videoxogos, o cinema e a música. A cuarta e última, titulada “O galego, tamén no deporte” prevé a sensibilización no uso da ligua galega no mundo do deporte e en todas as súas facetas; abarca unha dobre vertente, primeiro o emprego do galego como lingua vehicular por parte dos axentes sociais responsable do deporte local, e por outra a difusión e promoción dos eventos deportivos nesta lingua; está presupostado en 1.200 euros. Os obxectivos básicos que se pretenden conseguir con estas actuacións, é a consecución dun maior uso do idioma galego en todos os ámbitos da sociedade, promovendo a reflexión e a participación en actividades que contribúan á difusión do galego na vida cotiá e “potenciar a presenza da lingua galega na internet, así como acadar unha valoración positiva da lingua galega, e respecto e prestixio para as persoas que a utilizan e fomentan” afrma a Alcaldesa e responsable de Normalización Lingüística de Silleda, Paula Fernández Pena. | A Concellería de Medio Ambiente de Silleda presenta dúas alegacións á proposta da Xunta de Galicia para a ampliación da Rede Natura 2000
- No proxecto presenta inclusión dos boques de Cascaxide e a contorna da fervenza de Férveda
En vista á Resolución da Consellaría do Medio Rural pola que se acorda someter á participaión do público a proposta de ampliación da Rede Natura 2000, o Concello de Silleda, tras revisar os documentos da mesma decidiu presentar dúas primeiras alegacións e visto que a Xunta de Galicia ampliou o prazo de presentación das mesmas, o goberno local seguirá traballando na análise deste documentación. Asemade, tamén se terá en conta a opinión e consenso dos veciños do municipio para a posible inclusión doutras zonas e interese para este proxecto que na actualidade estén fora desta rede. A primeira das reclamacións, recolle que o documento da proposta de ampliación non é definitorio e que a planimetría presentada é moi cofusa e con topónimos equivocados, coma no caso do LIC Brañas de Xestoso que sitúa o lugar do Castelo nun punto erróneo. Por estes motivos, a Concellería de Medio Ambiente solicita unha cartografía máis detallada para poder solucionar todos os erros posibles e seguir traballando neste proxecto. A segunda alegación destaca que o plan colle chan rústico de protección agraria, en lugar de incorporar outros lugares naturais e de especial protección. O goberno local propón, neste caso, a inclusión do bosque de Cascaxide e a controna da fervenza de Férveda, así como a exclusión do solo agrario e dos núcleos de poboación. No caso de Cascaxide, a problemática radica en que a proposta de ampliación dentro do novo marco do Lic Brañas de Xestoso, afecta en gran medida a dous núcleos de poboación, Cabana e Barreiro, e a unha gran extensión de solo rústico adicado á agricultura, pero sen embrago non contempla a grande área de bosque autóctono coñecido como Cascaxide. Esta área, de 82,9 Ha., é un bosque mixto, con carballos e castiñeiros como especies principais, que levou o premio Árbore e Bosque do ano 2008 outorgado por Bosques sen Fronteriras na categoría de Bosques Ameazados, galardón concedido polo Ministerio de Medio Ambiente. Por estes motivos, proponse ampliable á zona Rede Natura 2000, no Lic Brañas de Xestoso. “As especiais singularidades deste conxunto de fauna e flora silvestres fai que o interese da súa conservación se converta nun obxectivo principal”, afirma o Concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Couso. No caso da Fervenza de Férveda a proposta consite nunha ampliación, xa que de quedar como na proposta actual da Rede Natura, tan só a metade deste salto quedaría contemplada na mesma, excluíndo a outra metade de igual características. Trátase dunha superficie de 43,82 Ha. e é un humedal con bosque mixto con carballos e e castiñeiros, destacando os bidueros como especies principais. Na actualidade, unha parte da férveda xa aparece incorporada ao Lic que se mencionaba anteriormente, pero coa ampliación, cubriríase a zona dunha forma uniforme e integral agrupando espazos naturais homoxéneos e co mesmo dereito de protección. O Concelleiro de de Medio Ambiente, Antonio Couso, di que “interesa destacar ademais, o patrimonio etnográfico que imporporaría con algún muiño de rodicio e a carga histórica que almacelna o lugar polas ruinas do Castelo”. Asemade, o Concelleiro engade informa que “abriremos un periodo de consultas para que os veciños poidan coñecer de primeira man a proposta da Xunta”. |
Silleda – normalización linguistica / rede natura
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario