Xa é posible apuntarse nas sesións do Fórum Gastronómico de Santiago
A través do portal web www.forumsantiago.com pódese formalizar a reserva para as distintas citas do evento que se celebrará do 26 ao 28 de febreiro
O III concurso de pulpeiras tamén se atopa aberto
O Fórum Gastronómico de Santiago xa permite a inscrición no seu amplo abanico de actividades, a formalización realízase a través do seu portal www.forumsantiago.com. O evento terá lugar do 26 ao 28 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións da capital de Galicia.
A entrada xeral ao recinto é de 5 euros o domingo, e a entrada profesional é de 15 euros o luns e o martes. Con esa entrada accédese libremente aos actos que se realicen no Auditorio pero, para o resto de sesións do programa oficial, convén efectuar unha reserva previa. É o caso dos Obradoiros, o Aula Activa ou das distintas accións enmarcadas no Fórum Viño ou no Fórum Doce.
O Auditorio será onde se celebrarán as grandes sesións maxistrais a cargo de relatores de recoñecido prestixio.
Nos Obradoiros terán lugar as demostracións a cargo dos mellores especialistas, con degustacións dos pratos elaborados polo cociñeiro. Trátase dun espazo reducido, próximo, que permite interactividade, cun límite de 60 prazas. A súa duración é de 1 hora. O prezo dos Obradoiros, ao alcance de todos, o domingo é de 3€ e nas xornadas profesionais, luns e martes, é de 20€.
Unha novidade destacada desta edición do Fórum é o Aula Activa. É un espazo experimental e interactivo no que os asistentes terán o privilexio de estar xunto ao mestre e probar os seus pratos. A súa duración é de tres horas, con capacidade exclusiva para 20 persoas trala inscrición previa. O prezo será de 10€ o domingo e de 50 € o luns e martes.
Os visitantes, ademais de acudires ás distintas sesións, poderán deterse nas casetas con máis de 350 empresas representadas. Moitas delas prepararon as súas propias actividades, conformando un programa de expositores de gran valor.
Así, o Fórum Gastronómico conta con máis de 80 sesións impartidas por máis de 100 cociñeiros e profesionais.
Unha das actividades que concita máis interese é a terceira edición do seu concurso de pulpeiras, que se celebrará no propio recinto do Fórum o domingo 26. Os interesados en participar poden consultar as bases no portal www.forumsantiago.com
Programa
O programa do Fórum está construído desde a vontade de servizo ao sector e coa vocación de seguires contribuíndo á formación e aprendizaxe. No Fórum falarase de cociña, agricultura, pesca, economía, pero tamén de ciencia; ademais, nesta edición, terá singular importancia a posta en valor dos produtos galegos.
O domingo, o programa oficial contará con: Alfonso González (Casa Pendás, Narón); Beatriz Sotelo (A Estación, Cambre); Benigno Campos (Larpeiros); Concepción Pérez; Fernando Ameneiro; Chef Rivera (Restaurante Chef Rivera); Cristo García eJuan Luis Fernández (Binomio, Sevilla); Víctor Couto; Germán Blanco (Amura, Puerto Calero Lanzarote); Gonzalo Rei (El Mercadito, Santiago); Héctor López (España, Lugo); Iago Castrillón (Acio, Santiago); Marcelo Tejedor e Iván Domínguez (Casa Marcelo, Santiago); Jordi Farrés (BCN Cookies, embajador de Callebaut); Lucía Freitas (A Tafona, Santiago); María Mera (Garum, Santiago); Mercedes González (Gallaecia. Asociación de Sumilleres de Galicia); Pedro Roca (Pedro Roca, Santiago); Pedro Santana (Casa Brígida, Lanzarote); Rafael Centeno (Maruja Limón, Vigo); Salvador Lucena (Berenguela H. Puerta del Camino, Santiago); Sergio Arias (O Curro da Parra, Santiago); Sixto Tovar (Eslava, Sevilla); Xoán Manuel Crujeiras (A Estación, Cambre); Josep Maria Ribé (Profesor de la Chocolate Academy, Callebaut); Víctor Gloger e Samuel Perea (Cocina por la Paz); Adrián Guerra (Enoteca Bagos, Pontevedra); Xabi Rúa (A viña de Xabi); Jorge Vila (Blog Cía Maria Fechoría); Antonio Portela (Blog Viticólogo dos bagos); Mariano Fisac (Blog Mileurismo Gourmet); e Iago Castrillón (Acio, Santiago).
A xornada do luns contará con: Ángel León (A Poniente, Puerto de Santa María, Cádiz); Javier Olleros e Santiago Pérez (O culler de Pau, O Grove e Finca Los Cuervos); Joan Roca (El Celler de Can Roca, Girona); Jordi Roca (El celler de can Roca, Girona); Josean Alija (Nerua, Bilbao); Marcos e Pedro Morán (Casa Gerardo, Carreño, Asturias); Nuno Mendes (El viajante, Londres); Paco Morales (Paco Morales H. Ferrero, Valencia); Ramón Morató (director de Chocolate Academy e Asesor Técnico Cacao Barry); Rodrigo de la Calle e Santiago Orts (Rodrigo de la Calle, Aranjuez); Iago Pazos (Abastos 2.0); Íñigo Lavado (Singular Foods, Irún); Enrique Castelló; José Carlos Capel (El País); e Manuel Gago (USC).
O martes 28 estarán: Alberto González e máis Raquel Alonso (Silabario, Tui); Dani García (Calima, Marbella); Javier Torres (Dos Torres, Barcelona); Oriol Rovira (Els Casals, Sagàs, Barcelona); Paco Pérez (Miramar, Llançà, Girona); Pepe Solla (Solla, Poio); Rubén Álvarez (Asesor Técnico de Chocovic e Chocolate Academy); Xavier Pellicer (Can Fabes, Sant Celoni, Barcelona) Xoán Cannas (AGASU Asociación Gallega de Sumilleres) e Xosé Cannas (Pepe Vieira, Poio); Flavio Morganti (Galileo, Ourense); Luis Paadín (Gallaecia Asociación de Sumilleres de Galicia); Ricardo Sanz (Kabuki, Wellington Madrid); Josep Roca (El Celler de Can Roca); Quico Sosa (Comercial Sosa); Enric Rovira (Xocolates de Barcelona); Jaume Estruch e Josep de Haro (Soc. Española de Ciencias Sensoriales).
As sesións serán presentadas por xornalistas e profesionais de prestixio como Julia Pérez, Marta Fernández, Eufrasio Sánchez, Cristina Jolonch, Fernado Huidobro, Manuel Gago, Soledad Felloza, José López Alba, Pablo Márquez, Miguel Vila ou o cociñeiro galego Marcelo Tejedor.
O programa oficial completo, así como as actividades de expositores, información sobre os participantes e demais datos de interese, está dispoñible no portal oficial.
Cómpre sinalar que o Fórum Gastronómico recibiu nos últimos meses o recoñecemento e apoio de distintas asociacións e personalidades do sector.
Os patrocinios institucionais do Fórum Gastronómico son Xunta de Galicia, Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Consorcio de Santiago e Turgalicia; os patrocinadores principais son Estrella Galicia e Schweppes; como patrocinadores tamén figuran Paradores, Chocolate Academy (Barry, Callebaut, Chocovic), Asociación Hostalería Compostela e Rosareiro-Angelo Po. Os patrocinios técnicos corren a cargo de Bragard, Josmaga, Castey, Noyamóvil, Kitchenrent, María Fechoría, Aceites Abril, CIEP Compostela, Mercado de Abastos de Santiago e Tesec Audiovisuales.
Fórum Gastronómico Santiago 2012 está promovido por Fòrum Gastronòmic. e conta coa colaboración da empresa asociada galega Trevisani.
No portal web www.forumsantiago.com introdúcense as novidades para esta cita de referencia no sector.
Ningún comentario:
Publicar un comentario