A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE ORDES HOMENAXEA AOS 11 VECIÑOS FUSILADOS EN BOISACA CO GALLO DO 75 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE
O acto terá lugar hoxe mércores 8 de febreiro, ás 12:30 horas, no camposanto compostelán de Boisaca
7 de febreiro de 2012.- A Agrupación Socialista de Ordes realizará mañán mércores 8 de febreiro, ás 12:30 horas, unha ofrenda floral ante o monumento aos 11 veciños do municipio fusilados en Boisaca o 8 de febreiro de 1937. Unha homenaxe que os socialistas de Ordes queren levar a cabo co gallo do 75 aniversario das mortes destas once persoas, fusiladas polo único delicto de defender o lexítimo goberno republicano durante o alzamento franquista.
O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, estará acompañado polos deputados autonómicos Silvia Fraga, Xaquín Fernández Leiceaga e José Manuel Lage Tuñas, así como por membros das agrupacións socialistas de Ordes e de Santiago. A homenaxe está aberta á participación de todos cantos queiran sumarse.
Os homenaxeados son: Manuel del Río Pampín, José García Fernández, Ángel Jesús Caamaño Villaverde, José del Río Pampín, José Pérez Sanmartín, Paulino Pérez García, José Vázquez Mandayo, Benito Vilariño Liste, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda e José Iglesias Vilariño. Todos eles foron condeados a morte nun consello de guerra, integrado por sete militares do Exército Nacional, celebrado en Santiago o 22 de decembro de 1936, e fusilados en Boisaca hai 75 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario