Rematan hoxe as obras da acometida de gas no último tramo que quedaba da Rúa Valenzuela en A Bandeira
Silleda, 7 de febreiro de 2012. As obras para completar a canalización da rúa Valenzuela de A Bandeira para acometida de gas, comezaron hoxe e está previsto que remanten ao longo do día de mañá. Con estas, completararase o último tramo, duns 60 metros aproximadamente, que permitirá a un total de 4 familias do edificio Caixa Nova desfrutar deste servizo.
Segundo o Tenente Alcalde e Concelleiro de Obras, Manuel Cuiña, “é unha reclamación que tiñamos pendente dende a anterior lexislatura, e por fin conseguimos que Repsol complete este tramo, tras moitas negociacións” xa que esta é empresa concesionaria e polo tanto a responsable de facer as obras.
O problema radica en que o número de usuarios que se beneficiarán deste servizo é moi pequeño en comparación coa obra que hai que levar a cabo. Debido a esta situación, o Concello precisou numerosos trámites con Respsol e logo de moita insistencia cerrouse a negociación pola que a empresa concesionaria accedeu a reamatar o tramo que quedaba e o Concello de Silleda colaborou aportando a pala excavadora e o operario da mesma, equipo necesario para a realización da zanxa.
O Concelleiro de Obras, Manuel Cuiña celebra que “por fin todos os veciños da rúa Valenzuela se atopan en igualdade de condicións respecto deste servizo do que agora poden desfrutar” e remata dicindo que “continuaremos traballando polos veciños deste municipio, coma neste caso”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario