O Concello de Silleda rebate as acusacions laborais emitidas polo portavoz popular
- Acusan aos populares de empregar partidistamente os datos que lle foron facilitados polo goberno local
- “Non permitiremos que o PP nos dé leccións de moralidade laboral” di a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena
Silleda, 6 de febreiro de 2012. O Concello de Silleda, en resposta á nota emitida polo Partido Popular aos medios de comunicación rexeita as acusacións de amiguismo e excesos nas contratacións laborais.
Di que, dende alcaldía, lle foi entregado ao PP un informe completo con todas as contratacións ata final de ano 2011 e que “foi interpretado partidistamente ”, xa que nese informe se ve con claridade a importante reducción de persoal experimentado no Concello, así como que os únicos contratos feitos foron exclusivamente para cubrir baixas por enfermidade ou vacacións; “teño a sensación de que quen leu o informe de alcaldía sobre os contratos non foi o mesmo que escribiu a nota de prensa, e o máis grave, creo que o portavoz popular non fixo, nin unha cousa nin a outra, porque non considero que teña tanta falta de criterio” afirma a Alcaldesa do Concello de Silleda, Paula Fernández Pena.
No listado entregado, aparece claramente reflexado como, os contratos feitos, son de substitución de enfermidade ou de vacacións por curtos periodos de tempo, que van dende contratos dun só día (no departamento de Servizos Sociais para atender o Centro dos Maiores de A Bandeira), ata outros de 156 repartidos en diferentes periodos e en meses aleatorios (para cubrir as vacacións do servizo de limpeza nos centros de saúde e noutras dependencias).
Pero nese listado tamén aparece o personal que se foi reducindo nestes meses de goberno, que entre xubilacións, fins de contratos ordinarios ou de diferentes programas, supuxeron 29 persoas menos dende o inicio da lexislatura.
A Alcaldesa de Silleda, asegura que “O goberno está facendo un inmenso esforzo de contención, asumindo co persoal laboral actual esas baixas” por iso non entenden que o PP “non faga examen de conciencia” xa que a día de hoxe hai 84 traballadores, mentres que en xuño de 2011, ao remate do periodo de goberno de Ofelia Rey, existían no Concello de Silleda 113 contratos, e en xuño de 2007, ao final da lexislatura de José Viéitez Fernández, eran 103 os dados de alta, chegando ao repunte de máis de 150 persoas contratadas na lexislatura.
Porén, a Alcaldesa trasdezá vai mais alá, “non estamos dispostos a que o PP nos dé leccións de moralidade laboral cando no último goberno popular foron 29 as persoas que pasaron a formar parte da plantilla sen pasar por ningún tipo de procedemento para ser contratadas” e asegura que na actualidade, os únicos contratos a novo persoal que se asinaron no Concello de Silleda son para cubrir baixas por enfermidade, vacaciones ou ou xubilacións.
En vista a estes datos, a Alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena pide ao Partido Popular local “máis seriedade nos seus argumenos como oposición que é” e rógalle ao líder da oposición que poña orde entre os que utilizan o seu nome para facer unha oposición destructiva e desafiante e convídao a buscar temas nos que a súa labor como oposición sexa positiva para Silleda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario