BNG A Estrada - Aprobada a candidatura completa cara as eleccions de maio

O BNG-Asembleas Abertas vén de aprobar a candidatura completa ás eleccións municipais do 24 de maio. A candidatura, que se aprobou por unanimidade na asemblea convocada a pasada semana, tamén foi ratificada o pasado sábado polo Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección da organización nacionalista entre asembleas.

O cabeza de lista, Xosé Magariños destaca “que é unha candidatura con ampla experiencia no traballo social, cultural e no sindicalismo nacionalista no noso concello; en resumo, unha candidatura implicada coa Estrada e co pobo galego ”.

“Responde ao mandato da primeira asemblea aberta celebrada no mes de outubro do ano pasado”, engadiu Magariños, “onde puxemos o énfase en incorporar persoas non militantes do BNG -cousa que sempre fixemos-, pero con persoas cun perfil nacionalista e de persoas que queren que na corporación municipal haxa unha organización galega, asentada no país, sen ataduras a Madrid, que teña como prioridade defensa da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio, así como a creación de emprego e mellorar o benestar social das veciñas e veciños da Estrada”.

“Por outra parte”, afirmou Magariños, “presentamos unha lista parcialmente renovada; das 24 persoas, 13 non foran na última candidatura de 2011 e 8 preséntanse por primeira vez nunha lista do BNG o que demostra que no campo do nacionalismo hai banquillo abondo e hai renovación”.

A seguir detallamos os nomes e apelidos das persoas que compoñen a lista do BNG-Asembleas Abertas:

  1. Xosé Magariños Maceiras,natural da Estrada, actual concelleiro do BNG, profesor de procesos e produtos da madeira no Antón Losada da Estrada.
  2. Susana Camba Castro,natural da Estrada, licenciada en historia, traballa no 112 e é delegada sindical da CIG.
  3. Constantino Regueira Paz,
    de Guimarei, foi mestre en Figueiroa, representante de Queremos Galego.
  4. María Blanco Corral,
    natural da Estrada, mestra no colexio público de Figueiroa.
  5. Víctor Pousada López,
    natural de Matalobos, traballa na distribución alimentaria, é delegado sindical da CIG e membro do comité de empresa.
  6. Ana Rodríguez Pereira,
    é de Arca, funcionaria da Seguridade Social, socia fundadora de Cooperativa Monte Cabalar e forma parte do seu consello reitor, foi portavoz da plataforma de emigrantes retornados.
  7. Luís Rendo Rial,
    é de Orazo, técnico mantemento do clínico de Santiago, moi implicado nos movementos sociais, educativos e culturais da parroquia.
  8. María Dolores Reimóndez Reimóndez,
    de San Miguel de Castro, é graduado social, traballa na sanidade privada
  9. Xosé Manuel Nogueira Rodríguez,
    natural de Remesar vive en Figueiroa, é profesor, e forma parte da directiva da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea
  10. Purificación Torres Tato,
    é de Frades, traballa no 112
  11. José Manuel Iglesias Villar (Zipi),
    é de Rubín, traballa no sector da madeira, é membro do comité de empresa de María Martínez
  12. María Xesús Balo Becerra,
    vive na Estrada, é sindicalista da CIG
  13. Francisco Vidal García (Pancho),
    é de Curantes, traballa como profesor
  14. María Nieves García Pérez
    é de Guimarei
  15. Xosé Manuel Baños García
    é de Santo André de Vea, responsábel local do BNG
  16. Xosefina Pereira Rivas,
    da Estrada, é mestra
  17. Antón Álvarez Merayo
    vive na Estrada, é secretario local da CIG da Estrada
  18. María Xosé Vizoso Saborido
    é da Estrada, enfermeira no ambulatorio da Estrada
  19. Xoán Carlos Castro Blanco
    é de Guimarei, traballa en telefónica, concelleiro do BNG na anterior lexislatura
  20. Isabel Ruíz Ferro
    é de Couso, xubilada da banca, concelleira do BNG na anterior lexislatura
  21. Raquel López Doce
    é da Estrada, é traballadora social do concello de Pontecesures, concelleira do BNG na anterior lexislatura
Suplentes
  1. José Neira Barros
  2. Montse López Doce
  3. Manuel Anxo Rendo Lema

Santiago - Pisando ovos presenta ‘Que volvan as flores’ no ciclo de Danza 2015

A compañía coruñesa Pisando ovos presenta dentro do ciclo de Danza 2015, ‘Que volvan as flores’. Será hoxe, martes 14 de abril, ás 20.30h no Teatro Principal. Creada e dirixida por Rut Balbís con Janet Novás como axudante de dirección conta con iluminación de Alfonso Castro. As entraads teñen un prezo de 6 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h) ou en entradas.abanca.com e no 902 434 443.

Que volvan as flores é unha práctica sobre a creación de imaxes no momento. A peza reconstrúese cada vez que se representa e a variación é unha característica constante na súa recreación. Partindo do concepto do desapego ás accións e inmersa nesta rutina de “refacer”, Rut Balbís enfróntase en cada exposición da obra a un momento diferente do que quere facer partícipe ao público.

En Que volvan as flores son 25 cadeiras as que dan volume ás imaxes que se constrúen e deconstrúen invitando ao espectador a encher coa súa mirada os ocos baleiros. Que volvan as flores é o último traballo creado e protagonizado por Rut Balbís para Pisando ovos, compañía residente no Teatro Ensalle de Vigo cuxa dirección asumiu en solitario en 2008… Unha peza aberta e viva que se transforma a medida que pasa o tempo.

Rut Balbís creación e dirección
Janet Novás axuda dirección
Afonso Castro iluminación

Pisando ovos / Vigo 50’

Cámara de Comercio - nova campaña de captación de empresas para conseguir aportacións voluntarias

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia unha nova campaña de captación de empresas nos trinta e dous concellos da súa área cameral. A entidade, avalada pola súa extensa experiencia no compromiso empresarial coa cidade e a súa área metropolitana, terá a partir de agora un financiamento privado, baseado na prestación de servizos abonados polas empresas, convenios e encomendas de xestión coas Administracións públicas e aportacións voluntarias das firmas. 

A nova lei de Cámaras de Comercio confirma a natureza das Cámaras españolas como corporacións de dereito público, con atribucións nunha serie de funcións público-administrativas e outras funcións de carácter privado. Neste novo proxecto, a normativa establece que todas as empresas pertencen á Cámara de Comercio, sen que esta adhesión derive nunha obriga económica. O feito de formar parte da entidade proporciona ás empresas, entre outros beneficios, o dereito de participar activa e pasivamente nos procesos electorais correspondentes. 

Amplas vantaxes para as empresas que realizan aportacións voluntarias
As empresas da demarcación interesadas en realizar aportacións voluntarias á Cámara poderán recibir servizos gratuítos ou bonificados, terán acceso en condición de igualdade de oportunidades e proximidade aos servizos camerais e alcanzarán unha maior representatividade nos órganos de goberno. Ademais, todas as empresas poderán participar dunha institución fundamental para a “vertebración empresarial” da demarcación cameral, formarán parte da maior rede de representación empresarial a nivel mundial, imprescindible a nivel internacional para impulsar a competitividade dos países e a promoción e regulación do comercio internacional. 

Tamén formarán parte dunha corporación de dereito público ao servizo das empresas e do interese xeral da economía, defendendo intereses xerais e non particulares, e serán membros dunha institución catalizadora de propostas de interese empresarial cara as administracións públicas.

Servizos de calidade con persoal “altamente” cualificado e especializado
As empresas que realicen aportacións voluntarias á Cámara de Comercio de Santiago poderán beneficiarse de servizos de formación, promoción internacional, emprendemento e creación de empresas, innovación e mellora da competitividade, tramitacións e servizos xerais e información e labor consultivo coas administracións públicas a prezos bonificados. Outras vantaxes da profesionalización e modernización da xestión da Cámara de Comercio son a calidade dos seus servizos e a alta cualificación e especialización do persoal da entidade. Os seus profesionais prestan servizos útiles, orientados á “excelencia” comercial e á proxección internacional das empresas.

As empresas interesadas en formar parte da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela poden facelo a través do formulario de solicitude colgado na súa web www.camaracompostela.com, polo correo ordinario (rúa San Pedro de Mezonzo, 44, baixo, 15701. Santiago de Compostela) e no teléfono 981 596 800.

USC - Concurso literario Mazarelos

Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a literatura galega. Estes son os obxectivos que guían a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC para convocar por vez primeira o Concurso literario ‘Mazarelos’. 

Castelao, Otero Pedrayo, Carballo Calero, Xohana Torres, Méndez Ferrín, Chus Pato, Suso de Toro, Xavier Queipo, Luísa Villalta ou Antón Riveiro Coello son figuras sobranceiras da literatura galega que pasaron polas aulas da universidade compostelá, en cuxa facultade de Filoloxía se organizaron sempre iniciativas como certames e revistas literarias para dar acubillo á creatividade no eido das letras galegas. Xa que logo, este certame recupera a tradición da facultade para descubrir e proxectar novas voces.

O concurso está aberto á participación de todo o alumnado da USC, que disporá de prazo ata o 23 de setembro para presentar unha obra orixinal e escrita en lingua galegade calquera xénero literario e temática aberta. Establécense tres premios de 500, 250 e 150 euros máis diploma, que decidirá un xurado composto por tres docentes da facultade e dous escritores/as sen relación actual co centro.

O certame conta co apoio técnico do Servizo de Normalización Lingüística da USC e o económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

USC - A Área de Deportes desenvolverá ata xullo un programa de actividades de verán

Durante os meses de maio, xuño e xullo a Área de Deportes desenvolverá un calendario específico de actividades abertas para a comunidade universitaria –que xa pode formalizar a súa inscrición dende este mesmo luns 13- e tamén para o resto da cidadanía, tanto en Santiago como en Lugo, co único requisito de que sexan maiores de 14 anos.

O vindeiro mes, o calendario programado para Compostela comezará coa escola de Zuma-Cardiodance e continuará coas de mellora da condición física e mantemento, do 18 de maio ao 30 de xuño. Tamén en maio e xuño as persoas interesadas poderán inscribirse en actividades combinadas de aerobic e step, GAP e tono, zumba-cardiodance e en defensa persoal e mellora da condición física feminina. Finalmente, e ao longo dos tres meses, existirá a posibilidade de realizar actividades de tai-chi, kung-fu, pilates, ximnasia terapéutica e ioga. Xa en xullo, están pendentes que se definan os prazos das escolas de natación e tenis, que se anunciarán oportunamente.

Oroso - Entrega dos premios da Gala da Cultura

Case douscentos veciños e veciñas de Oroso asistiron á segunda edición da Gala da Cultura, uns premios cos que o Concello de Oroso recoñece o mérito das persoas, entidades, asociacións e empresas que destacaran no ámbito cultural e a proposta da propia veciñanza do municipio, que é quen presenta os candidatos. Unha gala celebrada no centro cultural de Sigüeiro e presidida polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira.

Manuel Mirás expresou o seu agradecemento tanto aos veciños e veciñas que participaron no proceso de nomeamento como aos propios distinguidos na II Gala da Cultura do Concello de Oroso pois “un pobo sen cultura é un pobo sen alma. A cultura fainos mellores persoas, é algo que se leva dentro e que ninguén nos pode quitar”. Mirás asegurou que “Oroso está á vangarda da cultura en Galicia, pero temos que dar aínda un paso máis” e citou o certame internacional GoisOrosoArtes como “o buque insignia da nosa cultura, porque deu a coñecer Oroso por todo o mundo”.

Pola súa banda, Antonio Leira explicou que esta gala “é un recoñecemento a todos os veciños e veciñas de Oroso porque todos son gañadores. Xuntos creamos unha sociedade máis xusta e un concello que é todo un referente cultural na contorna”. Tras o seu discurso, e antes de proceder á entrega dos premios, o Concello de Oroso fixo entrega dos diplomas aos veciños e veciñas participantes nos distintos obradoiros culturais que se celebran cada ano en Oroso.

Manolo Pazos, recoñecemento á traxectoria
O gran premio da noite, o recoñecemento especial á traxectoria no mundo da cultura foi para o historiador Manolo Pazos, quen asegurou que este premio “amosa o útil que é facer traballos a prol da sociedade e un apoio ao meu labor para coñecer o pasado para entender o presente”. Pazos Gómez explicou que esta distinción é “un premio a unha actividade que desenvolvemos e na que estamos na vangarda: a recuperación da nosa memoria histórica”. Os dous finalistas desta categoría foron Abel Rodríguez Noya, mestre de baile tradicional galego na Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre dende 1983; e Santiago Martínez Otero, ferreiro. Os outros nomeados, Guadalupe González Ferreiro e Manuel María Suárez Monje, recibiron un diploma acreditativo.

O momento máis emotivo da noite protagonizárono os integrantes da xa desaparecida banda de música Lira de Senra, que recibiron o Recoñecemento especial á Asociación/Entidade. Un dos seus integrantes, Francisco Fernández Patiño, agradeceu especialmente este premio, sobre todo nuns tempos nos que “estudar música era moi difícil” e porque “faltamos moi poucos membros da Lira por marchar” (xa que todos os que quedan son de idades moi avanzadas). Un agradecemento que lle valeu o aplauso máis forte de toda a noite por parte dos case douscentos veciños e veciñas presentes. A Lira de Senra foi creada no 1900 e desapareceu no 1970. As finalistas desta categoría foron a Coral Polifónica de Senra e a Asociación Cultural Néboas no Cumio. Recibiron diploma acreditativo a Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso e a Agrupación Folclórica Buxos Verdes.

O recoñecemento á promesa foi para Perico González Balado e Alexandro Fernández Pita, que veñen de crear a webserie “Gafas e pallaso” e que en pouco máis de 15 días superou as dez mil visualizacións, converténdose na segunda webserie máis vista desa semana en España. Perico González asegurou que “é un pracer recoller un premio que antes foi para a Familia Caamaño”, sobre todo cando “non recibira un premio en quince anos, cando gañei un concurso de debuxo. E déronmo porque daba pena o debuxo”. Ambos coincidiron na necesidade da apoiar este tipo de iniciativas de vídeo e cinema dende as Administracións. As finalistas da categoría promesa foron a escritora Tania Carro Carbia e a fotógrafa María Marcos Gómez. Recibiron o seu diploma acreditativo as dúas nomeadas máis novas da Gala: Carla Veiga Otero e Sara Romero Rial.

Por último, o recoñecemento á empresa que máis colabora coa cultura recaeu no Restaurante Mariñaos, que colabora ano tras ano no Entroido Oroso e nas Xornadas Micolóxicas. Os finalistas foron La Caixa, pola súa colaboración no certame Gois Oroso Arte e no programa “Reorientamos”; e Restaurante Cortés, pola súa colaboración en distintos eventos organizados no eido da cultura no municipio. 


CURRÍCULOS DOS GAÑADORES

Recoñecemento especial á Traxectoria
GAÑADOR: Manuel Pazos Gómez.

Naceu na parroquia de Marzoa. Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela é un dos fundadores da Asociación Cultural "Obradoiro da História" (1996). Autor de varias publicacións, folletos e artigos que versan sobre Historia Local, tamén ten participado como relator en numerosas xornadas, seminarios, congresos…Foi responsábel de varias exposicións relacionadas coa Etnografía e a Memoria Histórica, así como da apertura de roteiros de interese histórico e natural. 

Está considerado como un dos máis destacados investigadores da arqueoloxía, etnografía, memoria histórica e historia oral da comarca de Ordes. É responsable do Arquivo Histórico de Fotografía, que en xuño fará a súa primeira publicación. Ten publicados varios libros: “Os camiños antigos do Concello de Oroso: guía do Antigo Camiño Real ou inglés”, “Ordes, crónica fotográfica do século XX”, “Despois da guerra”, “San Martiño de Marzoa: imaxes para o recordo”, “A guerra silenciada: mortes violentas na comarca de Ordes 1936-2952” e este mesmo ano “A República da Berxa”. Tamén ten colaborado en libros como “Concello de Oroso: Guía Histórica en Imaxes” e “Concello de Oroso: guía turística”.

FINALISTA: Santiago Martínez Otero.

Foi durante dez anos na procura dos auténticos Ferreiros para observar as súas técnicas e axudándolles no seu traballo con tal de que lle deran un par de leccións a cambio e así acadar a súa propia técnica. Así formou un taller de forxa con Mingos, antigo compañeiro e máis tarde o taller “Forxa Chago”, co que practica o oficio actualmente. A súa labor vai dende a restauración de forxa e calquera elemento metálico coma a fabricación de calquera estrutura de ferro, así como asesoramento e formación os profesionais do sector da restauración. 

O consorcio de Santiago aproveita este artesán para a realización de obras que anteriormente non eran capaces de afrontar por falta de técnicos cualificados. Entre as súas intervencións figuran a recuperación da carraca da Catedral de Santiago (construíndo unha réplica da antiga carraca), restauración da fachada sur do Pazo de Raxoi, mantemento das varandas de forxa tamén do Pazo de Raxoi, restauración dunha reixa do Mosteiro de San Paio de Antealtares, restauración da Casa do Cabildo e un longo etc…A inquietude deste ferreiro non queda aí, senón que tamén fai difusión do oficio da forxa nas feiras medievais facendo demostracións. Tamén ten realizado esculturas, tres das cales están en Oroso, e ten participado en series da televisión de Galicia así como en curtametraxes.


FINALISTA: Abel Rodríguez Noya.

Mestre de baile tradicional galego na Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre dende o ano 1983, ademais de dedicarse a recuperación de bailes tradicionais e do traxe tradicional por toda Galicia. É representante de Galicia no Festival Intercéltico en Francia. Formou parte de distintas asociacións (“Brisas da Terra”, no grupo de baile da asociación de veciños “Río Sarela”, no grupo de baile da asociación de veciños de Villestro e tamén no grupo de baile da asociación de veciños “A Gracia”, todas elas en Santiago de Compostela). Ademais forma parte da coral “Carrocera Castrosúa” (Santiago de Compostela). 

Ao longo da súa traxectoria obtivo varios recoñecementos:

- 1º premio en baile tradicional 1988 no concurso Cantigas e Agarimos en Santiago de Compostela coa agrupación Lembranzas do Tambre

- 1º premio en baile tradicional no Concurso A. C. Xacarandaina, na Coruña tamén con Lembranzas

-2º premio en baile tradicional no 1991 no concurso Cantigas e Agarimos en Santiago de Compostela con Lembranzas do Tambre

- 4 medallas de ouro nas Xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela nos anos 1975, 1984, 1987 e 1989 e varias de prata e bronce.

-1º premio no festival de Ourense varios ano

-1º premio por dúas ocasións no Festival de Anceis (Cambre)

-1º bailarín das xornadas de Folclore Galego de Santiago de Compostela nos anos 1987 e 1989.


Recoñecemento especial á Promesa 2014

GAÑADOR: banda Lira de Senra.
Segundo contan os veciños, a banda puido ser fundada entre outros por Constante Rey Castromil sobre o ano 1900. Os comezos da banda foron complicados. Constante aprendera algo de música en Cardama, sendo os seus mestres tres irmáns desta parroquia coñecidos como “os irmáns da Casa de Anxelo”. Ademais de Constante tocaban José Barreiro Castro, máis coñecido como “José de Ramón”, Mosqueira do Regueiro, Xacinto de Ardrís, Chinto de Cardama e algún máis. A medida que avanzaban os anos, algúns deles regresaban do exército e traian consigo novas pezas e máis coñecementos musicais. A banda ía pouco a pouco aumentando en número pero non tiñan director, Constante ou José Ramón facían as veces de directores.

No 1915 aparecen numerosas partituras arregladas por José Barreiro Castro. Nos anos 20 e principios do 30 a banda empeza a ter contactos con numerosas casas de música doutros lugares de España. Ata o 1936 a banda viña realizando unha media de 35 actuacións por ano sendo a maioría polos arredores: Senra, Cardama, Gándara, Budiño, Marzoa e algunha outra en Santiago. Nos anos da guerra é cando máis bandas se desfán por causa do recrutamento da maioría dos membros. Aínda así a banda Lira de Senra realiza unhas 14 actuacións no 36 e 19 no ano 39.

Pasados estes anos a banda volvese a formar e empezan de novo os ensaios, que son realizados en diferentes lugares o longo da vida da banda ( na casa de Rey e na taberna na casa de Gaspar). Aparece no 1945 a figura do director, que sería Mariano Rodríguez, aínda que nos seguintes anos o posto de director sería ocupado por varias persoas. É nestes anos cando ven a mellor época da banda con máis de 30 compoñentes e Angel Pereiro Cores de director. Nesta época facían máis de 70 actuacións no ano e ensaiaban dúas veces por semana. En 1970 a banda se desfai definitivamente. A marcha do director uns anos antes, unido a que algúns músicos marchan para a banda de Arca, provoca a desaparición desta gloriosa banda, que fixo historia no municipio. 

FINALISTA: Coral Polifónica Santa Eulalia de Senra

Fundada en 1997 foi a primeira coral que se creou en Oroso. Ao longo destes anos ven desenrolando a súa actividade dentro de Oroso en festivais de corais, na festa dos maiores, festas enxebres, festival de panxoliñas e tamén realizou intercambios con outras agrupacións, viaxando tamén a Portugal.

FINALISTA: Asociación cultural Néboas No Cumio.

Agrupación folclórica que nace no 2007 por iniciativa dun grupo de amigos amantes da musica tradicional galega que decidiron recuperar parte do noso folclore. Colaboran en numerosos programas do Concello Como o festival de Panxoliñas do Nadal, no programa cultural da Festa da Troita ou no Festival Folk. Fixeron actuacións nas distintas parroquias, achegándose os veciños do rural, actuacións na residencia da terceira idade, participan no programa Noites de Tasca, numerosas actuacións por todo Galicia e tamén no municipio de Gois (Portugal). 

Recoñecemento especial á Promesa 2014

GAÑADOR: Perico Balado e Alexandre Pita
Un publicista, guionista, produtor e fotógrafo e un comunicador audiovisual, director, produtor e guionista que xuntos crearon a webserie “Gafas e pallaso” o pasado 16 de marzo. O seu primeiro capítulo superou as dez mil visualizacións en quince días, converténdose na segunda webserie máis vista da semana en España, feito máis que considerable xa que é un proxecto audiovisual en galego. “Gafas e pallaso” conta con máis de 1500 seguidores na súa páxina de facebook e está preto dos 800 en twitter.

Durante o último ano pasaron por diante das súas cámaras actores e humoristas de prestixio como Dani Mateo, Berto Romero, Joaquín Reyes, Miguel de Lira ou Xosé Antonio Touriñán. E mesmo algún deles ata visitou Oroso para participar na webserie, como se verá nos vindeiros capítulos. Neste momento están a traballar na montaxe do seu segundo episodio, que verá a luz neste mes de abril.

FINALISTA: María Marcos Gómez
Graduada en Bellas Artes na universidade de Vigo e máster de investigación Psicosocioeducativa con Adolescentes en contextos escolares no campus de Ourense pola universidade de Vigo. Actualmente é profesora do obradoiro de fotografía dixital de Oroso. Realizou distintas exposicións fotográficas tanto colectivas como individuais dentro do Outono Fotográfico e en centros socio culturais de Santiago de Compostela.

FINALISTA: Tania Carro Carbia
Ten 22 anos e comezou a escribir a súa primeira novela aos 12 anos, publicándoa cando tiña 16 (ano 2008) co título “El Tesoro Oculto” (primeira parte). No ano 2010 publicou “El tesoro oculto” (segunda parte) e no 2013 proseguiu coa escritura da última parte da triloxía.

Ames - O concello celebra este sábado o Día do Libro

A praza do Concello de Ames acollerá este sábado a celebración do Día do Libro. Durante toda a tarde desenvolverase a iniciativa “Literatura na praza”, cun programa que inclúe diferentes actividades para todos os públicos. O alcalde de Ames, Santiago Amor, convida a toda a veciñanza a sumarse a esta festa literaria que pretende ser “exemplo de evento cultural e participativo” en toda a bisbarra. “É un orgullo e un pracer –agrega o rexedor– comprobar que somos un Concello pletórico de inquedanzas, cun certame literario de creación narrativa e poética que cumpre doce edicións, con clubs de lectura interxeracionais e moi activos, e en definitiva, un pobo que ama os libros, a literatura e os seus autores”.

O grupo de teatro Os Quinquillánsofrecerá dende as 17:00 horas un divertido espectáculo titulado Por que é salgada a auga do mar?, cun guión pensado para fomentar a lectura, o pensamento e a busca de explicacións. De seguido presentarase o libro do XI Certame Literario de Narrativa e Poesía, que recolle as obras gañadoras do ano pasado e serán lidas polos premiados. 

Ás 18:30 horas, a escritora amesá Mariña Pérez Rei achegará ao público o seu último libro, titulado Boca de gárgola. Nel a autora combina a poesía coa fotografía de Martín Pérez Fernández e a análise xornalística de Manuel Gago Mariño para ofrecer unha colección de fotopoemas centrados na cidade de Santiago. A diferenza dos seus últimos traballos, Boca de gárgola é unha mestura de diferentes puntos de vista que atrae tanto ao lector de poesía como ao amante da fotografía. 

Ás 19:00 horas,MagínBlancorepresentará o seu musical A nena e o grilo e, como peche dos actos, a Asociación Cultural Os Castros ofrecerá un concerto de música tradicional. 

Postos de venda, intercambio de libros, obradoiros e recuncho de lectura

Paralelamente a estas actividades, as librarías Boas e Novas, Lenda e Follas Novas montarán os seus postos de venda de libros durante toda a tarde. Ademais, os asistentes poderán realizar un intercambio de obras ou acudir ao recuncho da lectura, un espazo con fondos da biblioteca municipal, no que se poderá gozar dos textos de autores que este ano recibiron algún recoñecemento especial.

Tamén se levará a cabo unha solta de libros polas inmediacións da casa consistorial. Opersoal do departamento de Cultura repartirá diferentes exemplares para que os veciños que os atopen poidan levalos para as súas casas. Ademais, a rapazada poderá participar nun obradoiro de decoración de letras con material de refugallo, que organizan os departamentos de Medio Ambiente e Mocidade. 

O Concello de Ames instalará varias carpas para que as inclemencias do tempo no impidan a celebración desta cita literaria.

Club Wellness Sport - Un bronce no Open de España celebrado en Pontevedra

O Clube Wellness Sport de Taekwondo participou na fin de semana no Open de España que se celebrou en Pontevedra e xuntou a 1263 participantes de 54 paises distintos. 

O clube Participou con 5 deportistas:


Combate Cadete:
-Diego Pampín Míguez (representado á selección galega). 
-Victor Gamás Bello.
-Alejandro López González.
Combate Junior:
-Vitor Lourido Bastos.
-Félix Vázquez Millán.


O mellor resultado o obtivo Alex López González que logrou a medalla de BRONCE na categoría Cadete de -37 kilos.










Axenda e tempo do Luns 13 de abril - Cine, conferencia, exposicións

Santiago - Numax 

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Ateneo de Santiago - "Negocios, andanzas e moradas do cuco de Lourizán"

Hoxe luns 13 de abril ás 20 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Negocios, andanzas e moradas do cuco de Lourizán», que estará impartida por D. José Antonio Durán, escritor.

Esta conferencia está enmarcada no Ciclo “Eugenio Montero Ríos: a Compostela do seu tempo”, en homenaxe ao centenario do seu pasamento, organizado conxuntamente polo Ateneo de Santiago, o Concello de Santiago, a Universidade de Santiago, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación e o Colexio de Avogados de Santiago.

José Antonio Durán nace no desaparecido campamento de Santa Bárbara de Requejo de Sanabria, en 1941. Hoxe é un caso moi singular na vida intelectual galega, española e internacional. Para empezar, non é profesor, nin funcionario. Conferenciante, bibliófilo, escritor, investigador e editor con densa bibliografía de culto e interdisciplinar, é –dende 1972- un renovador dos movementos sociais contemporáneos. Practica con asiduidade a biografía e a historia local, pero dándolle voo interpretativo de alcance xeral. Conta –entre outros- co premio “Fernández Latorre” de xornalismo (1978), é emblema de ouro de “Amigos de Pontevedra”, e colaborou coas editoriais e nos diarios e as revistas españolas máis prestixiosas. En 1986 incorpora á súa obra intelectual o documental de investigación e comunicación. Máis de 50 horas audiovisuais. As súas exposicións convencionais e audiovisuais deron a volta ao mundo. A TVG e o canal internacional de TVE difunden dende entón as súas “historias”, en galego e español. En 1998 convertiuse no primeiro escritor español que dispón do seu propio Taller de Edicións multimedia. Dende fai dez anos conta con un dos blogs de maior prestixio do mundo, segundo o criterio da Televisión Pública de Alemania: La Cueva de Zaratustra.

Numax - Jean-Charles Hue visita NUMAX para presentar Clan salvaxe

O vindeiro mércores 15 de abril teremos o privilexio de acoller no Cinema NUMAX o realizador francés Jean-Charles Hue, que se achega a Compostela para a preestrea do seu último filme, Clan salvaxe.

Hue chega a Compostela para a preestrea do seu último filme, Clan salvaxe, con estrea nas salas españolas, e tamén en NUMAX, o vindeiro venres 17 de abril. Estará acompañado pola responsábel da distribuidora Capricci España, Diana Santamaría, con quen presentará o filme e ficará despois da sesión para manter un coloquio cos asistentes e atender as preguntas do público.

Como xa é habitual coa presenza de convidados no Cinema NUMAX, a entrada para a sesión de preestrea de Clan salvaxe co seu director Jean-Charles Hue ten un custe único de 8€, con entrada reducida de 4,80€ unicamente para abonados colaboradores e abonados protectores de NUMAX.

En Clan salvaxe, un filme de acción, entre o thriller e o western moderno, Jean-Charles Hue segue a filmar a familia Dorkel, como vén facendo desde 2003. Non son realmente actores, senón xitanos ambulantes da comunidade ieniche que fan todos de si propios. Como el mesmo di «esas persecucións foron todas de verdade, eu estaba alí (…) pero tanto ten se é documental ou ficción. Do que se trata é de ser críbel, que as situacións sexan psicoloxicamente coerentes e que os retruques non sexan ridículos, pois esta xente naceu cun volante entre as mans».

SINOPSE
Jason Dorkel, 18 anos, é vendedor ambulante e pertence á comunidade xitana. Está para se bautizar cando o seu medio irmao Fred sae da cadea após unha longa condena. Xuntos, canda o outro irmao Mickäel, violento e arroutado, os tres Dorkel saen dar unha volta ao mundo dos payos perseguir un cargamento de cobre.

Jean-Charles Hue é un cineasta francés nacido en 1968. Desde 2003 filma as aventuras dos Dorkel, unha familia ambulante de ieniches do norte de Francia. A súa primeira longa, Carne Viva, explora a mitoloxía urbana de Tijuana. En 2010 filma

a súa primeira fición, La BM du Seigneur, entre o polar e o western xitano.

FICHA TÉCNICA
Mange tes morts (2014, 94’) Dirección: Jean-Charles Hue

Guión: Jean-Charles Hue e Salvatore Lista Axudante de dirección: Adrien Pescayre Imaxe: Jonathan Ricquebourg

Montaxe: Isabelle Proust Son: Antoine Bailly

Dirección de arte: Christophe Simonnet Vestiario: Rossano Marchi

Reparto: Frédéric Dorkel (Fred Dorkel), Jason François (Jason Dorkel), Mickaël Dauber (Mickaël Dorkel), Moïse Dorkel (Moïse Dorkel), Philippe Martin (Tintin), Christian Milia-Darmezin (Boniface).

Música: Vincent-Marie Bouvot Produción: Capricci Production (Francia) Data da estrea en España:

Distribución: Capricci Cine

Formato de proxección: DCP 2K, 2.39:1

USC - Como escolle parella o animal que levas dentro?

Ataduras e profilaxe xurídica nos pactos sexuais é o título da charla que iniciará o próximo xoves 16 unha nova sesión das Nerdnites en Compostela da man da letrada da Xunta de Galicia Maria Isabel Novo Castro a partir das 21.30 horas. 

Neste nova quenda de Nerdnites, o seguinte dos temas versará arredor do tema ‘O enredo electrónico e outras cousas de familia’, desenvolvido por Juan Castro-Gil Amigo, secretario da Asociación Nacional de Produtores de Enerxía Fotovoltáica. O catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira porá o broche á xornada explicando ‘Como escolle parella o animal que levas dentro?’

Nerd
As NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno. Están organizadas pola Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social.

Casa das Crechas - Este martes Sergio Tannus Trio

A Casa das Crechas acolle o vindeiro martes 14 de abril un concerto de Sérgio Tannus Trío, que fará un percorrido especial a través das súas cancións escritas en Galicia e no Brasil. Traeranos un repertorio moi variado que presentará algunhas cancions do CD ‘Son Brasilego’, mais tamén temas instrumentais autorais, cancións dos meus concertos anteriores, clásicos da MPB e a estrea dalgúns temas inéditos do seu vindeiro disco.

Neste trío acompañan a Sérgio Tannus Gutier Álvarez e Paulo Silva, pero nesta noite especial estarán tamén a cantora Uxía, o humorista Carlos Blanco, Xoán Curiel e Manuel Paino, entre outros. 

Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, baixos, cavaquinho, bandolín e percusións, é autodidacta e foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Dende o 2006, vive en Compostela e, logo de numerosos traballos e colaboracións con outros artistas, para este ano proponnos o proxecto do seu novo disco “Son Brasilego”. Concerto da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV).

No seu último disco, 'Son brasilego', o artista de Niteroi rodeouse de máis de 40 colaboradores tales como Uxía, Carlos do Carmo, Antonio Zambujo, João Afonso, Narf, Ugia Pedreira e moitos outros, construíndo unha auténtica “ponte musical” entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil. 

Segundo Tannus, 'Son brasilego' “aposta polo intercambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns”, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un “agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico” de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Oroso - Máis de 600 veciños na Festa dos Maiores

Algo máis de seiscentos veciños e veciñas de Oroso, maiores de 60 anos e os seus acompañantes, participaron na tradicional Festa dos Maiores do Concello de Oroso, que tivo lugar este sábado no complexo deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro. Un xantar que estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, á fronte de gran parte da corporación municipal.

A festa comezou ás 13:00 horas cunha misa cantada polo Coro Santa Catalina no propio polideportivo municipal, á que seguiu un xantar de confraternidade servido polo restaurante “A Magdalena”. O xantar consistiu nun menú composto por empanada, polbo e tenreira, con fresas con nata de sobremesa e café. Todo regado con auga, viño e refrescos. Logo da comida tivo lugar unha festa-baile, amenizada polo grupo “Dúo Chanel”.

Santiago Futsal - Máis de 4-000 persoas visitaron a cidade do futbol

‘A Cidade do Futsal’ cerró su segunda edición superando con creces los números de la pasada edición. Un total 430 niños participaron en el Torneo organizado por el Santiago Futsal, en colaboración con Viaqua, Concello de Santiago de Compostela y Cidade da Cultura.

Más de 4000 personas han visitado la Ciudad de la Cultura en este fin de semana de fútbol sala base en el que han participado 75 equipos de categorías prebenjamín, benjamín y alevín. Gracias a la colaboración de Dynamic Events Sport todos los asistentes han podido participar en actividades como el ‘ Chutódromo’, o los hinchables de Multixogo del Multiusos Fontes do Sar.

En categoría prebenjamín se han proclamado vencedores ‘Villestro FS’; mientras que en benjamines han sido ‘ 5 estrellas’ y en alevines ‘CF Oroso B’. Todos ellos han recibido un pack de ropa Kelme así como un reloj Select y una medalla que les acredita como ganadores del torneo en sus categorías. Agustín Hernández, alcalde de Santiago de Compostela; Julio Masid, director general de Viaqua y María José Corral, concejala de deportes de Santiago de Compostela, han sido los encargado de entregar los premios a los ganadores del torneo.

Así ha concluido la II Edición de A Cidade do Futsal en la que, tantos niños como mayores, disfrutaron del mejor fútbol sala base acompañado del buen tiempo que este fin de semana dejó en Santiago de Compostela.

Oroso TM - o equipo feminino remata a liga imbatido e loitará polo ascenso

Fin de semana agridulce en ligas nacionales para los equipos del Oroso TM. Mientras que las chicas del Oroso TM Celme ganaban al Cidade Narón a domicilio por 1-5 y acaban así la liga regular firmando una segunda vuelta en la que no han cedido ni un solo encuentro, los chicos de SuperDivisión no corrían la misma suerte.

El primer equipo femenino del club sellaba este sábado por la tarde en Narón una segunda vuelta de la liga espectacular, donde las chicas del Oroso TM han ganado todos sus encuentros. Esto les ha permitido auparse hasta la tercera plaza de la clasificación que les da derecho a participar como 2ª cabezas de serie en la fase de ascenso a Superdivisión Nacional (ya que las segundas clasificadas no pueden participar en la misma). El éxito es aún mayor si tenemos en cuenta que este era el primer año que este joven equipo participaba en la División de Honor. 

La fase de ascenso, que se presume será concedida a Alicante, se presenta como muy dura. Al clasificarse como 2ª del grupo 1 deberán ganar 3 partidos seguidos, sin opción de ceder ni uno sólo de ellos, para alcanzar el ascenso. Aunque complicado, las de Oroso van con todas las esperanzas de poder lograrlo: “no contábamos con llegar hasta aquí, el objetivo de este año era la permanencia, así que por qué no intentarlo? No tenemos nada que perder y sí mucho que ganar”…dice la Dirección Técnica del Club.

Sin embargo, no todo han sido alegrías este fin se semana. El primer equipo masculino, el Oroso TM Deporte Galego de la SuperDivisión, ha cedido en Sevilla ante un rival directo por la permanencia. En una temporada que se presentaba como muy complicada para los recién ascendidos de Oroso, por lo exigente económicamente de la liga y el poco tiempo del que dispusieron para poder armar un equipo competitivo que les permitiese tener opciones de mantenerse, el Oroso TM dio la cara durante toda la temporada. De hecho, se ha mantenido fuera de los puestos de descenso durante toda la competición, y sólo la derrota de este domingo ha provocado que se sitúen en la zona caliente de la tabla. El mercado de invierno fue lo que marcó la diferencia en esta liga. Mientras todos sus rivales abrían la cartera y se reforzaban de cara a la segunda vuelta con chinos, brasileños, chilenos, etc… el Oroso TM, con un presupuesto insuficiente, tuvo que intentar luchar con lo que podía. A falta de un partido para terminar la competición por este año, la situación para los orosinos es muy complicada. Deben intentar un milagro: ganar el próximo fin de semana al DKV Borges, tercer clasificado de la liga, y esperar que sus rivales directos no puntúen. Carambola muy difícil pero que hace mantener aún un pequeño hilo de esperanza en Oroso.

Por su parte, los más pequeños de la cantera daban un poco de alegría y ganaban sus respectivos partidos: en 2ª nacional ganaban al Diario de Pontevedra y en 1ª Gallega al SD Hipica de A Coruña en ambos casos por 4-2.

Axenda e tempo do domingo 12 de abril - Monicreques, música, cine, exposicións

Santiago - Numax 

Oroso - VI Concurso de tapas

Santiago - Programa cultural da fin de semana

Santiago - Crechas - Sumrrá

Santiago - Sgae - monicreques

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Brión - Vistas o campo de Juan Moreno Badía (ata o 11 de abril)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Andaina pro Saúde Mental - A Deputación concede unha subvención de 25.000 €

A Deputación da Coruña acaba de concederlle dúas subvencións a Andaina Pro Saúde Mental cuxo importe total ascende a 24.800 €. Concretamente hai que falar de 13.500 € para o acondicionamento do pavillón e a adquisición de material para o programa prelaboral de elaboración de sidra e derivados da mazá, e doutros 11.399 para a rehabilitación de persoas con enfermidade mental crónica no ámbito rural das comarcas de Ordes e Ulla-Sar. 

No primeiro dos casos o obxectivo principal desta axuda pasa pola recuperación e promoción da elaboración dos ditos produtos artesanais, naturais e propios dos concellos nos que a asociación presta o seu servizo de atención. Un colectivo de usuarios e usuarias cuxa plena e completa recuperación pasa pola súa inclusión nun nicho laboral que lles ofreza uns ingresos dignos que posibiliten unha planificación e independencia económica. 

Por outra banda, a carencia de recursos especializados en saúde mental fai necesaria a intervención de Andaina PSM no ámbito rural. Unha contía que se investirá para poder continuar coa súa función de dispositivo complementario para atender tanto ás persoas con enfermidades mentais crónicas e severas como ás familias afectadas. Unha atención profesional e humana que pasa pola intervención de profesionais, como os educadores ou os psicólogos, encargados de atender dúbidas, necesidades e particularidades de cada quen, potenciar a prevención de ingresos a psiquiatría, evitar recaídas, funcións psicoeducativas, estratexias no manexo do enfermo, habilidades sociais, mellora do estado cognitivo, ou potenciar a autonomía e a integración a todos os niveis, entre outros aspectos. A todo isto hai que engadir a súa responsabilidade na coordinación coas unidades de saúde mental, centros de saúde, unidades hospitalarias de rehabilitación, servizos sociais, culturais, deportivos, lúdicos e didácticos de ámbito municipal e rexional, así como o labor conxunto con entidades comunitarias específicas (Feafes), entre outros aspectos.

Como obxectivos máis inmediatos pódense citar o mantemento dos grupos de apoio como ferramenta rehabilitadora; o incremento do número de usuarios e usuarias; brindar unha atención psicoeducativa que inclúa aspectos como a valoración, intervención, seguimento, prevención e avaliación; coñecer e valorar as profesións e ocupacións laborais non clasificadas segundo os estereotipos de xénero; aumentar a autonomía dos usuarios e usuarias con respecto ás súas familias e noutro tipo de relacións; aumentar o desempeño cognitivo nas tarefas de atención, memoria e linguaxe; desenvolver pautas de busca e formación laboral, e por último aumentar a cantidade e calidade dos talleres rehabilitadores impartidos dende os centros.

BNG Teo - Iniciativa a favor do mantemento dos rexistros civís

Manuel Anxo Fernández Baz, portavoz do BNG de Teo, vai presentar una moción no Concello na que insta ao Goberno español a non traspasar o Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís, e a derrogación do real decreto que contempla este traspaso. Así mesmo, insta á Xunta a que garanta o servizo público, a atención nos xulgados de paz e a gratuidade futura nas funcións que prestan os rexistros civís.

O goberno do PP en Madrid aprobou o pasado ano o Real decreto-Lei 8/2014, do 4 de xullo, que leva aparellado o traspaso dos rexistros civís aos rexistros mercantís. Neste sentido, Fernández Baz afirma que o traspaso dos rexistros civís aos rexistros mercantís suporá que “un servizo até o de agora gratuíto acabará converténdose con case total seguranza en de pago obrigado” ao ser privatizado”.

Do mesmo xeito, o portavoz nacionalista, afirma tamén que as persoas usuarias “en moitos casos terán que facer longos e custosos desprazamentos, pois recentemente confirmouse que o Rexistro vai ser asumido unicamente por aqueles que teñen competencias mercantís”. 

Así pois, o mapa na Galiza quedaría reducido aos rexistros da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra, fronte á actual presenza dos rexistros civís en todos os concellos galegos. Deste xeito o actual Rexistro teense pasaría ao concello de Santiago quedando os veciños e veciñas de Teo sen o servizo existente actualmente.

Frades - Obras na estrada de Moar a Galegos

O Concello de Frades vén de iniciar as obras de acondicionamento da estrada de Moar a Galegos, un camiño de 3.400 metros e 5 metros de ancho no que investirá 57.359,05 euros. Uns cartos procedentes dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Frades e a Deputación da Coruña, que achegará o 80% do investimento (45.887 euros) mentres que a entidade municipal achegará os restantes 11.471 euros.

As obras consisten na limpeza das cunetas ao longo dos 3,4 quilómetros do camiño que comunica as parroquias de Moar e Galegos, onde se farán actuacións de bacheo e tratamento semiprofundo bituminoso. Unha estrada que na actualidade ten un firme bastante deteriorado polas inclemencias meteorolóxicas e o desgaste propio do importante tráfico de vehículos que rexistra.

Como novidade, aplicarase un firme de microaglomerado para o selado da estrada. Será a primeira estrada de Frades na que se utiliza este tratamento, moito máis económico que outros tratamentos convencionais e que permite conseguir unha calzada antideslizante e impermeable. Deste xeito, o microaglomerado evitará que a auga poida chegar ás capas inferiores do firme, atrasando o deterioro da calzada e a aparición de fochancas. Ademais, trátase dun tratamento que se aplica con maior rapidez, polo que dende o Concello de Frades esperan que as obras estean rematadas antes de que remate o mes de abril.

Ordes - ExpoOrdes contará con 120 postos dedicados a diversas actividades

A Feira Multisectorial e de Maquinaria Agrícola Expoordes 2015 contará este ano con más de 120 postos dedicados a diversas actividades. Trátase de empresas, firmas comerciais, institucións e asociacións que contarán cun espazo propio no que amosarán as últimas novidades e onde darán a coñecer a súa actividade. Sectores como os da alimentación, automoción, construción, moble, medio ambiente, enerxías renovables, deportes, mecánica, téxtil, institucións e asociacións, entre outros, estarán presentes na que está considerada como unha das citas empresariais máis importantes da provincia. 

Para iso o Concello de Ordes instalará unha carpa de arredor de 2.000 metros cadrados no Campo da Feira. “As cifras de Expoordes poñen de manifesto a saúde coa que conta a feira cos 35.000 visitantes que se contabilizaron o pasado ano”, manifesta o alcalde de Ordes, Manuel Regos. 

O programa arrancará o venres 24 de abril coa inauguración do recinto feiral a partir das 21 horas. Un día dedicado especialmente aos empresarios e autónomos da zona, que estarán acomapañados polas autoridades. Todos e todas eles serán os primeiros en poder visitar as instalacións e desfrutarán dun viño galego na área especialmente instalada para a ocasión. Ao día seguinte a xornada estará especialmente orientada a exhibición da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, contando coa presenza de alcaldes e autoridades destacadas de casda un dos sete municipios que a integran. Un protagonismo que neste sábado compartirase coa artesanía, xa que este ano Expoordes coincidirá cunha feira de artesanía que se instalará na Alameda e que terá continuidade ata o domingo ao longo de todo o día. Nela participarán un bo número de artesáns que esporán un bo número de creacións confecionadas con todo tipo de materiais naturais. Dende primeira hora da tarde a charanga Ruada.com será a encargada de animar o encontro ata a súa clausura ás 21 horas. 

As portas volverán abrirse o domingo 27 a partir das 10 horas. A XXVI Degustación do Champiñón será o máis destacado. Bares, restaurantes e todo tipo de establecementos hostaleiros da zona repartirán de balde tapas e racións elaboradas con este produto. En total estímanse que serán máis de 7.000 quilos os que se preparen para ser degustados ao longo de todo o día por veciños, veciñas e visitantes. Ás 11 horas darán comenzo as exhibicións e probas de agility canina nas inmediacións do Campo da Feira. Outra novidade nesta edicións será a exhibición de vehículos de competición. Dentro dun enfoque mái cultural o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, a Banda de Música de Ordes e as charangas NBA e Mekánika axudarán a facer festa e a que os presentes se animen a botar algún que outro baile.

Cámara de Comercio - Plan de Promoción Internacional 2015

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela inicia a execución do Plan de Promoción Internacional para 2015, no que hai encadradas oito accións para pequenas e medianas empresas que queiran internacionalizar os seus produtos e servizos.

As accións a desenvolver consisten principalmente en misións comerciais directas, encontros empresariais e asistencia a feiras internacionais en mercados como Turquía, Alxeria, Perú, Colombia, Singapur, Emiratos Arabes, Qatar, Cuba, etc. Tamén se inclúen accións de promoción de turismo en Italia e Reino Unido. 

Estas accións realízanse con fondos FEDER provenientes da Unión Europea e enmárcanse dentro do Plan FOEXGA 2015, organizadas polas Cámaras de Comercio de Galicia e o IGAPE.

IES 1 Ordes - Entrega de premios do curso de cociña francófona

Mañá luns 13 de 17h a 18h20 terá lugar no salón de actos do IES Nº1 de Ordes a entrega de premios do I Concours de cuisine francophone (concurso de cociña francófona) no que participou alumnado de francés de tres centros educativos (CPI Pecalama de Tordoia, CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral e IES nº1 de Ordes) cun total de 14 receitas de diferentes lugares de fala francesa. 

O xurado estará integrado por profesorado e persoal administrativo dos centros, unha cociñeira do restaurante Nogallás de Ordes (restaurante que pon os premios), unha representante da APFG (Asociación de Profesores de Francés de Galicia) e a agregada Consular da Embaixada de Francia na Coruña, Mme Mónica Dotras.

Paralelamente terá lugar a inauguración da exposición adicada ao Principiño de Saint Exupéry cunha mostra de perto de trinta exemplares únicos en outras tantas linguas diferentes entre as que podemos citar o nepalí, quetchua, árabe, finés, suahili ou grego, cedidos por unha coleccionista e profesora de francés do IES Rosalía de Castro de Santiago. 

Parte desta mostra xa foi exporta no pasado curso académico no IES Rosalía de Castro de Santiago e no IES de Noia e consta de paneis explicativos sobre a vida e obra do autor, a xénese do libro, ilustracións e varios debuxos en homenaxe a Saint Exupéry realizados por ilustradores gráficos francófonos. Consta dunha parte interactiva na que as persoas que a visiten poden ler e escoitar fragmentos do Principiño en 139 linguas con 153 grabacións sonoras.

Ao acto do luns asistirán máis dun centenar de alumnas e alumnos de francés do centro e a exposición poderá visitarse ata finais de maio.

Estas actividades están organizadas polo Departamento de Francés e o IES Nº1 de Ordes.

Pacto X Ames - presentación da candidatura

A casa da Cultura de Bertamiráns quedouse pequena na presentación da candidatura de Pacto X Ames. Máis de 300 persoas asistiron a escoitar as propostas programáticas dos candidatos.

Na voz de Marta Carreira tívose un emotivo recordo do profesor Alfonso Rey lendo unhas poesías do seu libro de “Poesía Completa”.

Carmen Diz, Eloy Bárcia, Belén Casto, Juan Cabrejo, Dolores Fernández e Ramón Gª Argibay interviñeron en representación dos 27 que forman a candidatura 

Máis de 300 persoas encheron o auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns na presentación de todas as persoas que forman a candidatura de Pacto x Ames. Ramón Gª Argibay foi presentando a cada membro despois de que un vídeo mostrara o perfil persoal e familiar de forma individualizada.

A candidata Marta Carreira puxo a voz para render un emotivo homenaxe ao profesor Alfonso Rey, presidente de Pacto X Ames e recentemente falecido. Na súa honra e recordo, léronse unhas poesías do seu libro “Poesía Completa” 

Carmen Diz, veciña de Trasmonte e nº 15 da candidatura comezou a quenda de intervencións falando de que o motivo principal para formar parte de Pacto X Ames e da candidatura foi a confianza e a dedicación mostrada na resolución de problemas das persoas que viven en Ames e en especial do rural.

Eloy Bárcia, como representante da parroquia de Ameixenda e nº 11 salientou a súa satisfacción por formar parte dunha candidatura decidida a facer cambios profundos no concello da que espera ser parte activa. 

Belén Castro, do Milladoiro, nº 7, resaltou a importancia de loitar por uns obxectivos común dende o traballo e a dedicación como piar fundamental para conseguir os obxectivos do programa.

Juan Cabrejo, tamén do Milladoiro e nº 6 destacou que o motivo fundamental para formar parte da candidatura é o proxecto ambicioso que hai para a Cultura, Educación e Deporte no concello con máis mozos de galicia. “Bastoume unha reunión con Manolo e Ramón para decidir formar parte de PxA”. Solicitou a confianza para poder levar a cabo este proxecto serio e responsable.

Emilio Martinez, candidato nº 5 de Bertamiráns, destacou o grupo de persoas que forman a candidatura tanto polo nivel humano como polo nivel de dedicación ao concello así como a firme vontade de traballar con humildade “para Ames, por Ames e para as persoas de Ames sen ter que render máis contas que aos nosos veciños” 

Dolores Fernández, nº 2 da candidatura dixo que despois de dous anos e medio, PxA “xa é maior de idade” que “non temos que responder ante ningún órgano superior porque o órgano superior é Ames, sabemos traballar e xa o temos demostrado” 

Cerrou o acto o candidato a Alcaldía Ramón Gª Argibay facendo un resumen do programa que pretenden levar a cabo salientando seis eixos fundamentais, a atención veciñal, a dotación de uns orzamento en tempo e forma, na reorganización dos servizos sociais, a dotación do 1% do orzamento para destinar a vivendas de aluguer e/ou compra, a revisión do Plan Xeral que levaría implícita a revisión catastral para acometer a rebaixa do IBI (contribución), o fomento das novas tecnoloxías e un plan de infraestruturas rurais que permita levar un mantemento periódico e racional.

Ramón Gª Argibay rematou a súa intervención agradecendo a todas as persoas que acudiron a mostrar o seu apoio “a unha candidatura que reflicte a sociedade de Ames” así como a “a magnífica disposición mostrada por todos os candidatos para levar ao concello de Ames a ser un referente”