O BNG-Asembleas Abertas vén de aprobar a candidatura completa ás eleccións municipais do 24 de maio. A candidatura, que se aprobou por unanimidade na asemblea convocada a pasada semana, tamén foi ratificada o pasado sábado polo Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección da organización nacionalista entre asembleas.
O cabeza de lista, Xosé Magariños destaca “que é unha candidatura con ampla experiencia no traballo social, cultural e no sindicalismo nacionalista no noso concello; en resumo, unha candidatura implicada coa Estrada e co pobo galego ”.
“Responde ao mandato da primeira asemblea aberta celebrada no mes de outubro do ano pasado”, engadiu Magariños, “onde puxemos o énfase en incorporar persoas non militantes do BNG -cousa que sempre fixemos-, pero con persoas cun perfil nacionalista e de persoas que queren que na corporación municipal haxa unha organización galega, asentada no país, sen ataduras a Madrid, que teña como prioridade defensa da nosa cultura, da nosa lingua e do noso patrimonio, así como a creación de emprego e mellorar o benestar social das veciñas e veciños da Estrada”.
“Por outra parte”, afirmou Magariños, “presentamos unha lista parcialmente renovada; das 24 persoas, 13 non foran na última candidatura de 2011 e 8 preséntanse por primeira vez nunha lista do BNG o que demostra que no campo do nacionalismo hai banquillo abondo e hai renovación”.
A seguir detallamos os nomes e apelidos das persoas que compoñen a lista do BNG-Asembleas Abertas:
- Xosé Magariños Maceiras,natural da Estrada, actual concelleiro do BNG, profesor de procesos e produtos da madeira no Antón Losada da Estrada.
- Susana Camba Castro,natural da Estrada, licenciada en historia, traballa no 112 e é delegada sindical da CIG.
- Constantino Regueira Paz,
de Guimarei, foi mestre en Figueiroa, representante de Queremos Galego. - María Blanco Corral,
natural da Estrada, mestra no colexio público de Figueiroa. - Víctor Pousada López,
natural de Matalobos, traballa na distribución alimentaria, é delegado sindical da CIG e membro do comité de empresa. - Ana Rodríguez Pereira,
é de Arca, funcionaria da Seguridade Social, socia fundadora de Cooperativa Monte Cabalar e forma parte do seu consello reitor, foi portavoz da plataforma de emigrantes retornados. - Luís Rendo Rial,
é de Orazo, técnico mantemento do clínico de Santiago, moi implicado nos movementos sociais, educativos e culturais da parroquia. - María Dolores Reimóndez Reimóndez,
de San Miguel de Castro, é graduado social, traballa na sanidade privada - Xosé Manuel Nogueira Rodríguez,
natural de Remesar vive en Figueiroa, é profesor, e forma parte da directiva da asociación Tamparrantán de Santo André de Vea - Purificación Torres Tato,
é de Frades, traballa no 112 - José Manuel Iglesias Villar (Zipi),
é de Rubín, traballa no sector da madeira, é membro do comité de empresa de María Martínez - María Xesús Balo Becerra,
vive na Estrada, é sindicalista da CIG - Francisco Vidal García (Pancho),
é de Curantes, traballa como profesor - María Nieves García Pérez
é de Guimarei - Xosé Manuel Baños García
é de Santo André de Vea, responsábel local do BNG - Xosefina Pereira Rivas,
da Estrada, é mestra - Antón Álvarez Merayo
vive na Estrada, é secretario local da CIG da Estrada - María Xosé Vizoso Saborido
é da Estrada, enfermeira no ambulatorio da Estrada - Xoán Carlos Castro Blanco
é de Guimarei, traballa en telefónica, concelleiro do BNG na anterior lexislatura - Isabel Ruíz Ferro
é de Couso, xubilada da banca, concelleira do BNG na anterior lexislatura - Raquel López Doce
é da Estrada, é traballadora social do concello de Pontecesures, concelleira do BNG na anterior lexislatura
Suplentes
- José Neira Barros
- Montse López Doce
- Manuel Anxo Rendo Lema
Ningún comentario:
Publicar un comentario