Amosando publicacións coa etiqueta ANDAINA PRO SAUDE MENTAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANDAINA PRO SAUDE MENTAL. Amosar todas as publicacións

Curso de fruticultura na época de sembra para os ususarios e usuarias de Andaina PSM

Chega o tempo da sembra e os usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental xa está a preparar o terreo nas instalación situadas no seu centro no concello de Dodro.

Un labor que coincide co curso de fruticultura que se está a impartir, e que conta co financiamento da Consellería de Política Social. Aférrimos defensores da agricultura ecolóxica, esta é a máxima que rexe este traballo que, xa dende fai anos, realiza a gran familia de Andaina.

Andaina pro Saude Mental cociñou Carne ao forno con queixo e biscoito de sobremesa

Andaina Pro Saúde Mental organizou unha nova sesión de cociña nas instalacións da casa da cultura de Ordes.

Nesta ocasión os asistentes aprenderon a elaborar unha suculenta carne ao forno con salsa de queixo da que deron boa conta ao final da mañá.

Algo que tamén ocorreu co biscoito de plátano, unha das receitas que máis lles gustaron aos usuarios e usuarias que dende hai meses participan desta iniciativa que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

Andaina Pro Saude Mental - Boa participación na primeira xornada de teatro para a saúde

A I Xornada de Teatro en Saúde Mental organizada pola asociación Andaina Pro Saúde Mental, a cal tivo lugar esta fin de semana, acadou un gran nivel de aceptación e participación. Un éxito que se reflexou no só no núemero de organizacións e compañías participantes senón tamén no público asistente. En xeral hai que falar de preto de media ducia de asociaicións e organizacións que non deixaron pasar por alto a oportunidade de por de manifesto o seu traballo, talento e esforzo sobre as táboas do escenario que se instalou no centro que Andaina PSM ten no concello de Dodro, para ser máis exactos no complexo da Paxareira.

O programa incluiu as pezas 'O cazo de Sabela' (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña), 'Contos' (Asociación DOA), 'Ábrese o telón' (Albores), 'Microencontros' (Morea Show), 'Romeo e Xulieta' (Andaina Pro Saúde Mental).

O obxectivo desta xornada foi múltiple. Por unha parte compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar os estigmas e prexuízos das enfermidades mentais mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usurarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal por de publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións. 

Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración brindada pola Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

Andaina pro Saúde Mental - Este sábado celebramos o noso quinto aniversario

Este vindeiro sábado, 26 de setembro, Andaina Pro Saúde Mental celebrará o seu quinto aniversario. Unha celebración que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Ordes a partir das 17 horas e á que se poderá acceder de balde.

Nesta ocasión o grupo de voluntariado, monitores, directiva e usuarios e usuarias teñen preparado un espectáculo variado no que a música e a guitarra de Miguel Alonso abrirán o programa. Ademais Omaira Tuirán, fundadora e presidenta da asociación, ofrecerá unhas palabras e fará un repaso polas actividades e proxectos levados a cabo no último ano. Tamén se realizará a estrea da peza teatral Romeo e Xulieta. Un traballo dirixido polo actor Fran Rey, popular polo seu traballo no espazo televisivo Luar, e artífice do obradoiro de teatro que a asociación está a levar a cabo nos últimos meses.

Para concluír proxectarase un vídeo recordatorio deste último lustro protagonizado pola gran gran familia de Andaina, á par que se ofrece unha merenda a todas e todos os asistentes.

Andaina pro Saude mental - participación no programa Activate

Os usurarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental están a participar este verán no proxecto de voluntariado xuvenil Actívate. Recentemente desenvolveuse unha acción de limpeza e acondicionamento na praia de Corna, na Pobra do Caramiñal. Alí recolléronse todo tipo de elementos contaminantes, como zapatos, tapóns, botellas, plásticos, botes, colillas, e todo tipo de envases. Non todo foi traballo, xa que ao grupo de voluntarios aínda lles quedou tempo de desfrutar dun bo baño e dun partido de voleibol.

Subvencionados pola Dirección Xeral de Voluntariado e Xuventude, o programa Actívate ofrece a oportunidade de poder desfrutar de distintas actividades deportivas, medio ambientais, de ocio e tempo libre e culturais. Ao mesmo tempo, quérese achegar á sociedade o coñecemento deste colectivo, e que sexan conscientes de que eles tamén son capaces de levar a cabo actividades e unha vida activa independentemente da súa condición psíquica.

Con este tipo de iniciativas o programa Actívate quere loitar contra o estigma que padecen en todos os aspectos socioculturais as persoas con algún tipo de trastorno mental, ademais de proporcionarlles unha participación activa en diferentes ámbitos da sociedade.

Fomentar a participación en futuros ámbitos deportivos e culturais; incorporar hábitos de vida saudable; mellorar a condición física e a súa mobilidade; promover o interese e curiosidade cultural; aprender unha adecuada xestión do ocio e o tempo libre; aumentar as relacións sociais; utilizar e traballar as súas habilidades sociais; concienciar dunha participación activa no coidado do noso medio ambiente; compartir en igualdade de condicións os espazos, con perspectiva de xénero, son otros dos obxectivos fixados nas bases deste programa.

Andaina pro Saúde Mental - A Deputación concede unha subvención de 25.000 €

A Deputación da Coruña acaba de concederlle dúas subvencións a Andaina Pro Saúde Mental cuxo importe total ascende a 24.800 €. Concretamente hai que falar de 13.500 € para o acondicionamento do pavillón e a adquisición de material para o programa prelaboral de elaboración de sidra e derivados da mazá, e doutros 11.399 para a rehabilitación de persoas con enfermidade mental crónica no ámbito rural das comarcas de Ordes e Ulla-Sar. 

No primeiro dos casos o obxectivo principal desta axuda pasa pola recuperación e promoción da elaboración dos ditos produtos artesanais, naturais e propios dos concellos nos que a asociación presta o seu servizo de atención. Un colectivo de usuarios e usuarias cuxa plena e completa recuperación pasa pola súa inclusión nun nicho laboral que lles ofreza uns ingresos dignos que posibiliten unha planificación e independencia económica. 

Por outra banda, a carencia de recursos especializados en saúde mental fai necesaria a intervención de Andaina PSM no ámbito rural. Unha contía que se investirá para poder continuar coa súa función de dispositivo complementario para atender tanto ás persoas con enfermidades mentais crónicas e severas como ás familias afectadas. Unha atención profesional e humana que pasa pola intervención de profesionais, como os educadores ou os psicólogos, encargados de atender dúbidas, necesidades e particularidades de cada quen, potenciar a prevención de ingresos a psiquiatría, evitar recaídas, funcións psicoeducativas, estratexias no manexo do enfermo, habilidades sociais, mellora do estado cognitivo, ou potenciar a autonomía e a integración a todos os niveis, entre outros aspectos. A todo isto hai que engadir a súa responsabilidade na coordinación coas unidades de saúde mental, centros de saúde, unidades hospitalarias de rehabilitación, servizos sociais, culturais, deportivos, lúdicos e didácticos de ámbito municipal e rexional, así como o labor conxunto con entidades comunitarias específicas (Feafes), entre outros aspectos.

Como obxectivos máis inmediatos pódense citar o mantemento dos grupos de apoio como ferramenta rehabilitadora; o incremento do número de usuarios e usuarias; brindar unha atención psicoeducativa que inclúa aspectos como a valoración, intervención, seguimento, prevención e avaliación; coñecer e valorar as profesións e ocupacións laborais non clasificadas segundo os estereotipos de xénero; aumentar a autonomía dos usuarios e usuarias con respecto ás súas familias e noutro tipo de relacións; aumentar o desempeño cognitivo nas tarefas de atención, memoria e linguaxe; desenvolver pautas de busca e formación laboral, e por último aumentar a cantidade e calidade dos talleres rehabilitadores impartidos dende os centros.

Andaina Prosaude Mental - Unificacióin de metodoloxías na aprendizaxe

Antonio Hernández e Enrique Castro, actuais director e responsable do movemento asociativo da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) respectivamente, visitaron esta semana o centro terapéutico que Andaina Pro Saúde Mental ten no Concello de Dodro. Unha toma de contacto que tamén serviu para que Enrique Castro, adscrito ao seu cargo dende o pasado mes de setembro, coñecera de primeira man tanto a asociación e as súas instalacións, como o seu equipo directivo, de voluntarios e usuarios. Entre outros aspectos tamén se abordaron as actividades e proxectos que Andaina vén desenvolvendo ao longo dos últimos anos.

Tanto Antonio Hernández como Enrique Castro destacaron a “peculiaridade que caracteriza e define a Andaina Pro Saúde Mental, cun gran número de voluntarios e voluntarias que levan a cabo de xeito moi satisfactorio un labor variado de xeito enérxico e contando con escasos recursos económicos en comparación con outras asociacións similares”. 

Con encontros deste tipo o cadro directivo de Andaina Pro Saúde Mental “persegue incrementar e ver melloradas as relacións de colaboración con outras entidades do noso ámbito”, manifesta a cofundadora Nazaret Davila Pousada. De aí que nesta cita se trataran aspectos relacionados coa formación dos usuarios. Concretamente falouse da posibilidade de establecer unha metodoloxía común de aprendizaxe para cada unha das asociacións que forman parte de FEAFES. Un proceso inicial perfectamente compatible coas características propias de cada obradoiro ou materia impartida, e que posibilitaría a optimización de recursos e unha correcta análise dos resultados acadados para o seu estudo posterior. Non foi o único punto da axenda xa que tamén se trataron aspectos relacionados co financiamento e a colaboración económica.

Os responsables de ambas as organizacións acordaron ter un próximo encontro no que seguir afondando nestas cuestións. Unha cita que se levará a cabo en breve no centro terapéutico que Andaina estreou recentemente no concello de Ordes. Segundo o criterio de FEAFES as necesidades que se presentan na comarca de Ordes son moitas, sendo Andaina Pro Saúde Mental o único dispositivo deste tipo que presta un servizo e brinda atención especializada na zona. Por todo iso confíase en que o Sergas incremente a súa achega económica e o grao de colaboración no labor que diariamente se leva a cabo no novo espazo situado na vila ordense.

Andaina Pro Saúde Mental - Campaña en Ordes de acompañamento integral

A asociación Andaina Pro Saúde Mental continúa coa súa labor na comarca de Ordes, nesta ocasión grazas á subvención darredor de 2.500 euros por parte do goberno central. Unha cantidade derivada das partidas do IRPF destinadas a fins socias e que se adicará íntegramente á posta en marcha do chamado Programa de Acompañamento Integral. 

Unha medida que pretende traballar con persoas afectadas por problemáticas de distinto tipo no seu ámbito máis íntimo, como o é o propio domicilio, e aqueles espazos cotiás normalmente compartidos coa familia e as persoas máis achegadas. Esta iniciativa levarase a cabo conxuntamente cos servizos sociais da Mancomunidade de Ordes, cuxa labor será fundamental na detección e selección daqueles perfís máis propicios. 

“Un dos aspectos máis beneficiosos que brinda este programa é o de poder acceder a persoas que non teñen contacto con outras plataformas de axuda ou terapias, xa sexan asociacións ou grupos de traballo. O feito de poder traballar no seu ambiente cotiá, rodeados dos achegados, e posteriormente manter un seguimento é algo altamente positivo para os servizos sociais e os beneficiarios deste programa”, comenta Nazaret Davila, traballadora social e cofundadora de Andaina Pro Saúde Mental.

Non é a primeira vez que o equipo de profesionais da asociación pon en marcha este programa, normalmente integrado por un psicólogo, unha educadora e unha traballadora social. Veciños e veciñas das áreas de Dodro, Padrón ou Rois xa se beneficiaron do seu traballo, calificando os resultados de “moi satisfactorios a nivel terapéutico e altamente esclarecedores para coñecer cada caso particular” por parte dos profesionais. Unha metodoloxía que posibilita “poder traballar con cada caso dun xeito máis personalizado, incidindo naqueles puntos máis importantes e necesarios”. Unha vez finalizado o programa a mairía dos participantes pasaron a formar parte dun grupo de traballo ou terapéutico de maneira voluntaria, o que posibilitou o seu avance en cuestións relacionadas coas relacións sociais, a comunicación ou a autoconfianza.

Andaina Pro Saúde Mental - Talleres e escolas de familia

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental vén de abrir o prazo de inscrición para poder participar en varios dos seus programas de actividades orientados a familiares e coidadores de persoas con algunha enfermidade ou problemática mental. Deste xeito os vindeiros 13, 14 e 15 de febreiro terá lugar unha fin de semana de respiro familiar na casa rural propiedade de FEAFES, no Concello de Cangas. Cine, debates, saídas á natureza, bos xantares e moito relax é o que lles espera a todos aqueles que queiran participar deste plan. O custo será de 30 € con todo incluído.

Tamén hai que dar conta da Escola de familias, que esta vez se desenvolverá ao longo do próximo mes de febreiro, estando aínda pendente de concreción as datas. Unhas xornadas formativas que serán impartidas por persoal especializado do Sergas na área de saúde mental. Para acadar máis información pódese visitar o seguinte enlace: http://bit.ly/1CtOO2D.

En ambos casos o prazo para poder inscribirse finalizará o 31 de xaneiro. Para elo é necesario contactar a través do teléfono 650270824. 

Andaina pro saude mental - Proxecto de emprego baseado na producción de sidra

A Asociación Andaina Pro Saúde Mental continúa co seu labor de apoio e en prol da integración daquelas persoas que sofren algún tipo de trastorno ou doenza mental. O último proxecto posto en marcha consiste na elaboración de sidra e zume de mazá ecolóxico. Este labor lévase a cabo principalmente no centro de Rehabilitación Psicosocial e laboral que a dita asociación ten no Concello de Dodro, concretamente nas instalacións situadas na Paxareira.

“O primeiro paso foi aprender” explica a fundadora da asociación, Omaira Tuirán. Para iso realizouse un curso teórico-práctico de cultivo, horta ecolóxica e produtos derivados da mazá, contando co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Social (FEDER) e do Fondo Social Europeo (FSE), así como do apoio por parte da Consellería de Traballo e Benestar o do II Plan Galego de Inclusión Social. Durante catro meses un químico e un técnico experto en horticultura traballaron coas 10 persoas e os traballadores e voluntarios da asociación para saber todo o necesario sobre a elaboración da sidra e do zume. Ademais deles tamén acudiron persoas en situación de desemprego derivadas dos servizos sociais dos concellos onde atende Andaina. Dente a clasificación das mazás segundo a súa raza e as características de cada unha delas, ata os procesos de lavado, prensado, almacenamento, fermentación, proceso de calidade e trazabilidade etc.

A produción deste ano chega aos 1.500 litros de sidra, que na actualidade xa están no proceso de fermentación segundo a normativa existente por parte de Sanidade e dos organismos reguladores. Nesta ocasión as mazás empregadas proceden das zonas de Cambados (Dena), Viveiro (Val do Naseiro) e Padrón (Carcacía). Está prevista que a presentación oficial da colleita teña como marco a IV Feira da Sidra que organiza a asociación Maceira e Sidra na Estrada, prevista para a primeira fin de semana do vindeiro mes de xuño.

“Entre os obxectivos máis inmediatos que se perseguen con este labor están acadar os beneficios propios dunha terapia ocupacional que se desenvolve en grupo e nun espazo natural, e a súa mestura cunha actividade empresarial que propicie unha integración laboral para os usuarios e usuarias que o precisen”, manifesta Nazaré Davila, unha das máximas responsables de Andaina. “O motivo polo que decidimos facer sidra é porque observamos que en Galicia hai un excedente de produción e en contraposición un déficit de elaboración deste produto, polo que a idea nos pareceu moi boa”.

Deste xeito Andaina pro Saúde Mental ve incrementada a súa actividade e oferta para un colectivo desfavorecido, a cal vai dende terapias ocupacionais e cognitivas, arteterapia e traballos manuais, saídas e excursións culturais e medioambientais, clases de informática e novas tecnoloxías ou obradoiros de radio entre outros.

Andaina pro saude mental - Andaina abordará a violencia de xénero a través da radio

‘En clave de muller’ emitirase este luns en Radio Valga. Con eloconmemórase o Día Internacionalda Eliminación da Violencia naMuller, que se celebrará o vindeiro martes

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia naMuller, que terá lugar o vindeiro martes 25 de novembro, Andaina Pro Saúde Mental adicará este luns o seu programa de radio ‘Andaina’ aodito tema. A partir das 12.10h Radio Valga ofrecerá ‘En clave de muller’, un programa especial no que se analizarán diversos aspectos relacionados con esta problemática social na que, mulleres e menores, son os máis afectados. 

Oespazoterá un marcado carácter feminino, destacando o punto de vista das voluntarias e usuarias da asociación, así como o de algún dos seus familiares. O guión inclúetaménaquelas actividades e programas que AndainaPro Saúde Mental leva a cabo ao longo de todo o ano en prol da igualdade entre homes e mulleres. Tamén se faráun repaso ás entidades, administracións e demaisasociacións e entes coas que colabora en base á cuestión abordada. Nesteeido destacan entre outrasas relacións establecidas co Concello de Valga, a Consellería de Igualdade, a Deputación da Coruña ou FEAFES, federación esta última na que Andaina Pro Saúde Mental está integrada.

“Con esta emisión perséguese un tripleobxectivo”, explica Omaira Tuirán, fundadora da asociación. “Por un lado empregar a radio como ferramenta terapéutica para a apertura emocional, cognitiva e no desenvolvemento expresivo dos participantes. Por outroa mellora das relación interpersoaisdentro dun grupo que ten un proxecto común, a elaboración dunespazo radiofónico. E por último ofrecerlleaosoíntes un programa útil que ofrezca información de interés, para concienciar da importancia que ten superar o problema da violencia de xénero”, afirma Omaira Tuirán.

AndainaProsaúde Mental ten un espazo semanal na emisora municipal Radio Valga que se pode escoitar tanto a través do 107.9 ou ben en www.radiovalga.net.

Andaina pro saude Mental - Día mundial das enfermedades mentáis

Ordes 10 de outubro do 2014 - Día mundial das enfermedades mentáis

ANDAINA  PRO  SAÚDE  MENTAL

Únese  a reivindicación  de  Feafes-Galicia por  "POR  UNHA  ATENCIÓN  INTEGRAL  E INDIVIDUALIZADA   PARA  PERSOAS  CON  ENFERMIDADE  MENTAL"

Os  puntos  claves  desta reivindicación  son:
Axustar  a  dose mínima  que  permite  desenvolver  unha  vida  o máis  activa  posible cos menos efectos secundarios.
Reducir a  carga  familiar  qeu conleva toda unha serie  de  alteracións  na  vida  da coidador/a. Os  datos  falan  de  qeu  a  atención á  saúde mental  realizada  por  coidadores/as  informais supón  o 88% do  total  dos  coidados, a  realidade  demostra  que  na maioría dos casos é a nai do/a paciente a que soporta  a carga de  coidados.

Unha  abordaxe integral  da  Enfermidade  Mental cunha  atención psicosocial  no  entorno máis próximo con  diferentes  programas: actividades rehabilitadoras,  axuda  mútua, intervención   familiar, axuda  a domicilio,  cumprimento da  lei de dependencia,  políticas de  emprego, etc.

Andaina  Pro  Saúde  Mental  apoia  a  proposta parlamentaria do  MOVEMENTO  GALEGO DA  SAÚDE  MENTAL   onde  se volta  a incidir na  grave  situación na que se atopa a saúde mental.
Se  pide  a adopción de  medidas  urxentes:
Dotación de profesionais e recursos  suficientes  e organizados para ofertar  os programas  especificos  para  persoas  con enfermidade  mental.
Outro  punto  relevante  nestes momentos,  e  impedir  a reforma do código penal, o que suporía  aumentar  o  estigma da  personas  con enfermidade mental  e  evocar a súa  condena  por padecer unha enfermidade.

Andaina Pro Saúde  Mental naceu no  ano 2010  para  atender  as  personas  con enfermidade mental  das  zonas rurais da Área  de Santiago de Compostela. Actualmente,  conta  con  dous Centros  de Rehabilitación Psicosocial – CRPL-  en  Dodro que  atende  a comarca  Ulla-Sar  e  en Ordes para  a poboación desta  Mancomunidade.
Nestes  C.R.P.L.  lévanse  a cabo diferentes  programas rehabilitadores como  habilidades  sociais, reh. Cognitiva, emisión en  Radio  Valga  e Radio Ordes, cultivo de horta,  ocio  e tempo  libre,  así como  respiros  familiares,  escola  de  familias, visitas  domiciliarias, etc.
Andaina  PSM conta cun  gran  equipo de  profesionais e  voluntariado  que dinamizan  a entidade,  coñecedores do que fan  e que  disfrutan  con cada proxecto  emprendido.
Reciben axuda de  entidades  como  a Deputación de  Coruña, Consellería de Traballo e Benestar, e  a colaboración dalgún  Concello  como Dodro, Padrón, Ordes e  Oroso. Así  como das  Mancomunidades  de Montes  de  Dodro onde  teñen un  dos  seus  motores  de traballo.
Na  Mancomunidade  de Montes  de  Balouta  e Fontecova  están  botando  a andar  o  proxecto  de  inserción laboral  para  persoas  con enfermidade  mental,  trátase  da  elaboración de  SIDRA  ARTESÁ e   ZUMO  DE  MAZÁ,  que  esperan ter no  mercado  para a próxima primavera.

As  trabas  ao seu  traballo veñen da  falta  de  colaboración do  SERGAS,  entidade  que  non aportou nin  un  euro  á  asociación,  e  sen  previsión de aportar.
Obviamente,   a postura  do Sergas  é  considerar  a o  tecido asociativo  da  saúde  mental  como  "errores históricos" e  derivar  as partidas presupostarias  para prazas  privadas. A pregunta  é  a onde  se  envían  as persoas  con  enfermidade  mental e  as  familias que non teñen poder  adquisitivo.  Con  eles  retrocedemos no tempo,  enviámolos  na  nave  dos tolos  a altamar?ou  pechámolos  na  casa??

Andaina pro saude mental – escola de pais

UNHA TRINTENA DE VECIÑOS E VECIÑAS DE OROSO PARTICIPAN NA PRIMEIRA SESIÓN DA ESCOLA DE PAIS E NAIS DA ASOCIACIÓN ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

Reuniranse nas mañáns dos últimos sábados de cada mes no centro cultural de Sigüeiro

31 de outubro de 2011.- Unha trintena de veciños e veciñas de Oroso participaron esta fin de semana na primeira sesión da Escola de Pais e Nais posta en marcha pola asociación Andaina pro saúde mental en colaboración co Concello de Oroso. Unha sesión celebrada no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro e que foi dirixida pola presidenta desta ONG, Omaira Tuirán Ruíz, e pola psicóloga Laura Vázquez.

Omaira Tuirán explica que o obxectivo desta Escola de Pais e Nais é converterse “en una red de apoyo de padres y de amigos que sirva para ayudarse a soportar el dolor y para saber que no estás solo, sino que formas parte de un grupo importante”. Neste sentido, esta inicaitiva funciona como unha terapia, no sentido más amplo do termo, para as familias de persoas que sufren dalgún trastorno de saúde mental.OROSO - ANDAINA PRO SAUDE MENTAL - escola de pais

Nestes sentido, o concelleiro de Familia, Antonio Leira, lembra que “a sáude mental non ningún problema, é unha cuestión social que se pode dar en calquera fogar e á que temos que dar resposta, tanto para esas persoas como para as súas familias, que así poden descargar libremente as tensións e resolver as dúbidas do día a día, o que ao final lles dará unha mellor calidade de vida”. Unha terapia grupal que se vai complementar tamén cunha atención personalizada todos os venres dende o Departamento de Servizos Sociais de Oroso, onde profesionais de Andaina Pro Saúde Mental atenderán casos e cuestión específicas de cada familia.

Andaina

Andaina pro saúde mental é unha asociación sen ánimo de lucro nacida en 2010. Con sede social en Porto Avieira (Sigüeiro-Oroso), pretende colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias nas comarcas da área sanitaria de Compostela. Na actualidade contan con 70 socios, que aboan unha cota anual de 40 euros, e desenvolven as súas actividades no municipio de Dodro, onde levan traballando dende hai un ano.

Andaina escolleu Oroso como punto de entrada para a comarca de Ordes onde, segundo datos da Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), un 13,78% da poboación, é dicir, 5.310 familias, sufre algún tipo de trastorno mental. Os veciños e veciñas que desexen contactar con Andaina ou obter máis información poden chamar ao 650 270 824 ou enviar un correo electrónico a andainapsm@gmail.com.

Oroso – atención as familias de persoas con trastornos mentais

O CONCELLO DE OROSO E A ASOCIACIÓN “ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL” OFRECERÁN ATENCIÓN ÁS FAMILIAS DE PERSOAS CON TRASTORNOS MENTAIS

O sábado 29 de outubro porase en marcha unha Escola de Pais e profesionais de Andaina atenderán cuestións específicas todos os venres no Departamento de Servizos Sociais de Oroso

7 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso e a asociación “Andaina pro saúde mental” van colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias no municipio coa posta en marcha dunha Escola de Pais e un servizo de atención semanal para atender os casos específicos de cada familia orosán. Así o anunciaron na noite de onte o concelleiro de Familia e Benestar, Antonio Leira, e a presidenta desta ONG, Omaira Tuirán Ruíz, durante a presentación oficial da asociación en Oroso. Un acto ao que asistiron medio cento de persoas.

Antonio Leira anunciou que “dende o Concello de Oroso pensamos que a saúde mental precisa dunha atención continua, polo que os veciños e veciñas de Oroso van ter a posibilidade de que haxa unha atención personalizada todos os venres dende o Departamento de Servizos Sociais de Oroso, onde profesionais de Andaina atenderán casos e cuestións específicas de cada familia”.

Ademais, Andaina porá en marcha unha Escola de Pais e Nais, que celebrará a súa primeira reunión o vindeiro 29 de outubro, ás 10:30 horas, centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Se a iniciativa conta co respaldo dos veciños e veciñas orosáns, o Concello de Oroso cederá estas instalacións nas mañás dos últimos sábados de cada mes para albergar eses encontros. “Ás familias se lles axuda escoitándoas e sendo un punto de descarga para elas”, explica Nazaret Davila, traballadora social de Andaina.

Un punto no que incidiu tamén Omaira Tuirán, quen asegurou que “esa red de apoyo de padres y de amigos sirve para soportar el dolor y saber que formas parte de un grupo importante”. Como explicou Rosa, unha usuaria de Andaina en Dodro, “es una terapia en el más amplio sentido de la palabra, una medicina natural al 100% y sin efectos secundarios”.

Unha problemática agochada

Nazaret Davila explicou que, segundo datos da Federación de Asociacións de Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), en municipios como Oroso ou como no resto da comarca de Ordes existen un 13,78% de persoas con algún tipo de trastorno mental. “Isto equivale a que hai unhas 5 .310 familias na comarca de Ordes con esta problemática e unhas 960 en Oroso, pero o gran problema é que os casos se esconden a maioría das veces para que non se vexan”.

A traballadora social deAndaina explicou que “a saúde mental é un tema que nos implica a todos porque, cando coñeces a túa situación máis te podes axudar”. Un punto no que incidiu tamén Antonio Leira, quen lembrou que “non podemos facer o avestruz nin tapar os ollos, temos que atender a esas persoas e ás súas familias, dándolles unha mellor calidade de vida porque isto é algo que lle pode pasar a calquera”.

Síntomas

Omaira Tuirán explicou que nestes casos “el afectado a veces ni puede pedir ayuda, pues tiene enfermo el órgano que se lo permitiría hacer”. Por iso, Laura Vázquez, psicóloga de Andaina, enumerou algúns dos síntomas para detectar casos de trastorno mental: “tristeza inmnotivada, levantarte chorando, perda da capacidade de disfrutar, dificultades de atención, trastornos do sono tanto por exceso como por insomnio, perda do apetito e da líbido, aillamento... non hai tanto unha dor física pero si moito sufrimento”.

Por iso, explicou que dende Andaina “facemos un enfoque psico-social e pretendemos manter a integridade física e psicolóxica das persoas, evitando o seu aillamento e rexeitamento social, fomentando grupos de autoaxuda entre familiares porque a unión fai a forza”. Neste sentido, Omaira Tuirán insistiu en que “creemos que las personas con trastorno mental pueden dar mucho a la sociedad”. OROSO - ANDAINA PRO SAUDE MENTAL

De esquerda a dereita:

- Nararet Davila, traballadora social de Andaina.

- Antonio Leira, concelleiro de Familia e Benestar de Oroso

- Omaira Turián Ruíz, presidenta de Andaina

- Rosa, usuaria de Andaina

- Laura Vázquez, psicóloga de Andaina

Andaina:

Andaina pro saúde mental é unha asociación sen ánimo de lucro con sede social en Porto Avieira (Sigüeiro-Oroso) que pretende colaborar na atención ás persoas que padecen trastorno mental e ás súas familias nas comarcas da área sanitaria de Compostela. Na actualidade contan con 70 socios, que abonan unha cuota anual de 40 euros, e desenvolven as súas actividades no municipio de Dodro, onde levan traballando dende hai un ano.

Agora, Andaina escolleu Oroso como punto de entrada para a comarca de Ordes. Neste sentido, Antonio Leira asegurou que “hoxe estamos dando o primeiro paso nesta comarca e espero que só sexa o primeiro paso dun longo camiño no que Andaina contará coa colaboración do Concello de Oroso”. Os veciños e veciñas que desexen contactar con Andaina ou obter máis información poden chamar ao 650 270 824 ou un mail a andainapsm@gmail.com.

“Andaina pro saúde mental” naceu en 2010 co obxectivo de mellorar a asistencia e calidade de vida das persoas que padecen trastornos mentais, así como dos seus familiares e amigos; e favorecer a integración social e laboral destas persoas, defendendo os intereses e dereitos das persoas que padecen transtornos mentais. Os seus principios son: “A persoa como eixe” e “A inserción social e laboral”. Por iso, esta entidade pretende organizar obradoiros para axudar tanto aos doentes como aos coidadores e familiares.