11.30 h
A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo,
percorrerán un treito do Camiño de Santiago ( Camiño Francés) entre A Esquipa e San
Marcos, correspondente a unha parte da Vía xacobea na que se levaron a cabo obras de rehabilitación
por parte da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dentro do termo
municipal de Santiago de
Compostela. O percorrido iniciarase no lugar do
Pontillón, ao que se accede desde a estrada N-634a en dirección a Vilamaior.
13.00 h
No Salón Vermello,
recepción aos participantes no curso Universitario Internacional de Música
Española, dentro do programa Música en Compostela.
Verán
na rúa
19:30 Praza da
Quintana
NATALIA OUTEIRO
“PAJARITO”
“A vida tola”
Santiago de
Compostela. Circo-Clown. A partir de 3 anos
O peculiar universo
desta muller-nena que anda ceiba polas rúas, fai de cada praza un novo xogo
cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de gargalladas
inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeuntes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario