O alcalde de Ames asina coa empresa Telvent o contrato para o servizo de mantemento da rede semafórica
O Goberno de Ames cumpre, deste xeito, o seu compromiso de traballar para garantir o funcionamento en óptimas condicións da rede de semáforos do municipio.
O alcalde de Ames, Santiago
Amor, vén de asinar co responsable da empresa Telvent Tráfico
y Transporte o contrato do servizo de mantemento das
instalacións semafóricas do Concello de Ames. Con esta
adxudicación e a sinatura do contrato, o Goberno de Ames cumpre
o seu compromiso de traballar para garantir o funcionamento en
óptimas condicións da rede semafórica do municipio, que pola súa
antigüidade presentaba múltiples problemas e avarías. Ponse
solución, deste xeito, a un problema herdado e mellorase a
seguridade viaria no municipio.
Ante a imposibilidade de
acometer estas reparacións con medios propios municipais, o
Concello decidiu sacar a licitación este servizo, co que se
cobren as garantías de funcionamento da rede de semáforos. O
obxectivo do Goberno amiense é traballar en favor da seguridade
viaria e garantir o correcto funcionamento da rede semafórica.
O prazo de execución do
contrato será de dous anos, prorrogable por períodos dun ano,
ata un máximo de catro anos. En virtude deste contrato, a
empresa encargarase do mantemento de instalacións e das
reparacións de todas as avarías, así como da limpeza de
reguladores e semáforos. O importe do contrato ascende á contía de 23.519 euros,
incluído o IVE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario