Un total de 186 nenos e nenas amienses participaron nos
campamentos
organizados pola Concellaría de Medio Ambiente durante os
meses de
xuño, xullo e agosto en Negreira e Allariz. O próximo luns, 13
de
agosto, outros 46 rapaces e rapazas de quinto e sexto de
Primaria
partirán cara o campamento que se desenvolverá en Fornelos de
Montes. Esta actividade, que se celebrará ata o 18 de agosto,
terá lugar na
granxa-escola Kiriko.
O
pasado sábado, 4 de agosto, volveron a Bertamiráns e ao
Milladoiro
os 44 nenos e nenas que pasaron catro días no Albergue Fundación
Ramón González Ferreiro de Allariz. Os rapaces quedaron moi
contentos coa experiencia e desfrutaron de diferentes
actividades
lúdicas e formativas. Así, durante a súa estancia en Allariz, os
nenos e nenas levaron a cabo visitas culturais, actividades de
hípica
e piscina e xogos sobre temáticas variadas. Nunha das xornadas,
puideron visitar o pobo de Allariz, coñecer a súa historia e
participar nun programa da radio municipal. Ademais, realizaron
obradoiros de manualidades con elementos reciclados e aprenderon
xogos tradicionais.
Os
campamentos de Negreira, realizados na Granxa Escola de
Bergando,
leváronse a cabo en catro quendas nos meses de xuño e xullo.
Neles
participaron un total de 142 nenos e nenas, que aprenderon a
traballar en grupo coidando aos animais da granxa e recollendo
hortalizas e froitas na horta. Ademais, participaron en
diferentes
obradoiros de repostaría e divertíronse con xogos, bailes e
contos.
A
vindeira semana será a quenda do campamento programado na
granxa-escola Kiriko, no concello de Fornelos de Montes. Nesta
actividade
participarán 46 rapaces e rapazas. Durante toda a semana,
poderán
gozar de actividades de ciencia e natureza e de xogos deportivos
e de
orientación. Ademais, están previstas rutas de sendeirismo,
actividades na piscina e de cooperación. Os nenos e nenas
contarán
con outras iniciativas como a contemplación de estrelas, ou
actividades musicais ou de teatro.
Os
campamentos de verán organizados polo Concello de Ames son cada
ano
unha das actividades máis esperadas polos cativos/as. Estas
iniciativas teñen como finalidade permitir que ás nais e pais
poidan conciliar por uns días a vida familiar coa laboral,
mentres
os seus fillos se divirten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario