Teo - actividades en homenaxe a Anxel Casal



NO CONCELLO DE TEO CELÉBRANSE ACTIVIDADES EN LEMBRANZA DA FIGURA DE ANXEL CASA
O programa de actos deste 2012 alóngase durante catro días consecutivos nos que haberá cinema, música, actividades infantís e a tradicional ofrenda floral a Ánxel Casal. 
A proxección da película Vilamor abrirá as actividades na praza Braña dos Alféreces (Montouto) o xoves 16 de agosto ás 22 horas.
O filme Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e protagonizado por Rubén Riós e Sabela Arán, será a cabeceira de actos en lembranza de Ánxel Casal do presente ano no Concello de Teo.
A película, cunha dilatada rodaxe polas salas galegas cunha notoria afluencia de público, proxéctase agora ao aire libre nunha experiencia que procura achegar o cinema galego e en galego a un público moi amplo nas noites de verán.
Esta actividade chega ao Concello de Teo por medio de Redecinema, un programa da Rede de  Dinamización Lingüítica  da Xunta de Galicia.
O venres 17 de agosto a partir das 19 horas continúa o programa de actos con actividades infantís asistidas por monitores na praza dos Carballos, tamén no Montouto.
O sábado 18 de agosto chega a hora da música cun concerto a cargo da Banda da Sociedade Recreativa de Calo. Será ás 20 horas na praza da Estivada da Ribeira, Montouto.
Por último, para cerrar este programa de actos, o domingo 19 de agosto ás 20.30 horas terá lugar o acto institucional e a tradicional ofrenda floral diante do monolito dedicado a Ánxel Casal na praza da Estivada da Ribeira (Montouto – Cacheiras).
Con esta serie de actos o Concello de Teo e a Asociación A Oliveira tratan de manter vivo o recoñecemento a Ánxel Casal (A Coruña 1895-Cacheiras 1936), quen destacou polo seu labor como editor e político. Foi o  último alcalde republicano da cidade de Santiago e militou no Partido Galeguista dende a súa creación. Tras o triunfo do levantamento do 18 de 1936 de xullo foi detido e paseado o 19 de agosto. O seu corpo apareceu  ao carón da estrada en Cacheiras, onde hoxe un monolito lembra a súa memoria. 

Ningún comentario: