Máis de 80 nenos e nenas amienses participan nos cursos de
natación
que desenvolve durante o mes de agosto o Concello de Ames, a
través
da concellaría de Deportes, tanto na piscina municipal de
Bertamiráns como na do Milladoiro.
O programa deste curso está
dedicado a ocupar o tempo libre de nenos e nenas durante as
vacacións
do verán e, deste xeito, aprender tamén un deporte novo.
As
piscinas descubertas de Bertamiráns e Milladoiro acollen a estes
80
nenos e nenas, desexosos de aprender e de mellorar. Ademais de
gozar da auga, os rapaces aprenden a nadar ou
perfeccionar o seu estilo. Un total de 102 nenos e nenas
participaron
nestes cursos durante o mes de xullo.
Os
asistentes repártense en diferentes horarios ao longo da mañá.
Deste xeito, os maiores de doce anos asisten ao curso de 10:30
h. a
11:15 horas. Aos rapaces de dez a once anos tócalles a segunda
quenda, de 11:15 h. ás 12:00 horas. De 12:00 h. á 12:45 h.
desenvolvese a terceira quenda, á que asisten os rapaces de oito
a
nove anos, e de 12:45 h. a 13:30 horas van os nenos e nenas de
entre
seis a sete anos. A última quenda resérvase para os máis
cativos,
de entre tres e cinco anos, e levase a cabo de 13:30 h. a 14:15
horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario