O S.E. ABELLÁ GAÑA O TROFEO DE EQUIPOS FEDERADOS DO CONCELLO DE FRADES
Venceu por cinco goles a cero á S.D. Pontecarreira
O S.E.
Abellá proclamouse vencedor do Trofeo de equipos federados do Concello de
Frades, tras vencer por cinco tantos a cero á S.D. Pontecarreira, nun encontro
disputado no campo municipal de céspede artificial. O S.E. Abellá revalida un
trofeo que xa obtivera o pasado ano.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Manuel Ferreiro, encargouse de
entregarlles os trofeos tanto ao equipo gañador como ao finalista, salientou o
excelente nivel dos dous equipos federados do municipio e desexoulles sorte na
vindeira competición ligueira.
Maratón de fútbol 7 e Campionato de
Pádel
As competicións deportivas continuarán nas vindeiras xornadas en Frades.
Así, o vindeiro sábado 18 de agosto celébrase o maratón de fútbol 7 no campo de
fútbol de Abellá. Contará con categorías infantil (os nacidos en 1998 e 1999) e
cadete (os dos anos 1996 e 1997). E para o sábado 25 de agosto as instalacións
da piscina municipal de Papucín acollerán a cuarta edición do Campionato Municipal
de Pádel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario