Ordes celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María os próximos días 14, 15, 16 e 17 de agosto
As orquestas Olympus, Panorama, París de Noia, Bahía Blanca ou Sintonía de Vigo comparten cartel con charangas, badas de música e grupos de gaitas
Ordes celebrará
as súas festas patronais na honra a Santa María os días 14,15,16 e 17 deste mes
cun cartel repleto de orquesta de primeira categoría. Na primeira xornada serán
os grupos Salsa Rosa e Sintonía de Vigo os encargados de marcar o punto de
partida da festa, aínda que dende ben cedo o grupo Folquiada animará a vila co
seu pasarrúas.
O día 15
haberá misa solemne ás 12 horas, trala que se sacará a imaxe de Santa María, patrona
de Ordes, en procesión polas principais rúas do pobo. A orquesta La Bámbola
será a protagonista da sesión vermú, ademáis de contar coas actuacións da Banda
de Música de Lousame e do Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes. Xa pola noite
a orquesta Olympus fará bailar a todos os presentes cun gran espectáculo sonoro
e visual que a sitúa como unha das mellores formacións de todo o territorio
nacional.
Tal e como
manda a tradición o día 16 a xornada estará adicada ós emigrantes. Así ás 13
horas haberá unha ofrenda floral no monumento
adicado a súa figura situado a carón da Casa Consistorial, así coma un
acto litúrxico. Posteriormente poderase desfrutar coas actuacións da Banda de
Música de Ordes, dos Viqueiras de Ordes, ademáis das orquestas París de Noia e
Armonía Show entre outras sorpresas
Por último
o venres 17 de agosto a charanga Ruada e grupo Bahía Blanca porán a nota
musical no turno de mañán, mentres que a orquesta Panorama será a encargada de
facelo na verbena nocturna poñendo o mellor dos peches para as festas patronais
da vila de Ordes.
Dado que o escenario e punto neurálxico da
celebración ubicarase na Alameda, eses días cortarase o tráfico pola rúa
Alfonso Senra. Deste xeito os vehículos con dirección A Coruña desviaranse
polas rúas Lagartos e Galicia, mentres que os que vaian cara a Santiago terán
que circular polas rúas Rosalía de Castro e Lagartos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario