Silleda - comeza o lavado de colectores na localidade de Bandeira

Bandeira, punto de inicio do lavado de colectores de lixo no municipio de Silleda
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, explica que se comezou por esta localidade ante a proximidade das festas, e que os traballos continuarán por todo o territorio municipal

Operarios da empresa Celta Prix, adxudicataria do servizo de recollida de lixo en Silleda, comezaron hoxe o lavado dos colectores instalados nas rúas da Bandeira. Estas tarefas, incluídas no contrato coa empresa, continuarán a partir do luns día 20 noutras localidades do municipio “onde se lavarán todos os colectores”, engade o concelleiro de Obras e Servizos e alcalde en funcións, Manuel Cuíña.
O feito de comezar pola vila da Bandeira responde á próxima celebración das festas de verán, que comezan xa o vindeiro xoves. As tarefas de lavado continaurán a partires da vindeira semana posiblemente no casco urbán de Silleda para seguir polo resto das parroquias.
“O lavado dos colectores é moi importante como complemento no servizo de recollida de lixo”, explica Manuel Cuíña, que engade que este ano as tarefas se extenderán a todos os colectores, “un paso importante, tendo en conta que en 2011 só se procedeu á limpeza dos que estaban situados nos cascos urbanos”, engade o concelleiro.

Ningún comentario: