Melide . o concello reforzará a seguridade durante as festas


Melide reforzará a seguridade nas noites de movida durante as Festas do San Roque

  • O Corpo de Policia Local aumentará o servizo de vixilancia as 24 horas na semana grande das festas de San Roque co fin de manter o orde na vila.
O Concello de Melide reforzará a seguridade as 24 horas do día en especial nas noites de movida da semana grande de San Roque. Con este reforzo preténdese mellorar a vixilancia, tendo en conta que son miles  as persoas que acuden durante toda a a semana os festexos mais grandes do municipio. Por  elo, faise absolutamente necesario aumentar as medidas de seguridade na zona, especialmente polas noites. Ademais das persoas que chegan doutras comunidades autónomas para disfrutar en familia das vacacións estivales na vila, hai que engadir a afluencia, especialmente de mozos e mozas de municipios limítrofes como Santiago, Toque, Sobrado, Arzúa, Palas de Rei entre outros moitos áss noites de marcha, que se convirten nunha semana no caso das festas do San Roque.
Dende o Concello de Melide considerase a seguridade cidadá como algo primordial e tendo en conta que o número de Polícias Locais é insuficiente nunhas datas como estas, dende a concelleria de Seguride solicitouse a concellos cercanos como Arzúa, Ordenes e Carballo, un reforzo de axentes para estas datas co fin de que, tanto o día como a noite, queden totalmente cubertos .
Subliñar tamen que no día de onte, o Concello de Melide contratou catro postos de Auxiliares de Protección Civil que xunto cos xa existentes, aumentarán a seguridade destos días xunto coa Policía local en diferentes servizos .
Dende a concelleria de Seguridade a cal esta a cargo a edil  Mª Jesús López, todo elo se realizou de maneira coordinada entre Policia Local, Garda Civil e Protección Civil co fin de garantir a seguridade dos cidadáns que nestas datas tan sinaladas para que as festas transcorran con total normalidade.

Ningún comentario: