Ordes - comezaron as festas do Concello


Arrancan as festas de Ordes cos sons tradicionais da Agrupación Folclórica Folquiada
As festas patronais de Ordes na honra a Santa María arrancaron coa Agrupación Foloclórica Folquiada.
Eles foron os responsables de realizar o primeiro pasarrúas e de poñer a nota musical nesta xornada xunto ás orquestas Salsa Rosa e Sintonía de Vigo. Olympus, París de Noia, panorama ou o Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes serán outros dos nomes propios que soarán ata o próximo venres na viola, que como cada ano agarda a visita de miles de persoas ávidos de diversión. O punto de encontro de festeiros e veciños será a Alameda de Ordes, polo que o tráfico rodado desviarase pola Rolda Leste e as rúas colindantes. Ademáis durante este periodo o Concello tampouco cobrará o estacionamento de vehículos na zona azul.

Ningún comentario: