Silleda - subvención para a instalación de videovixilancia no parque empresarial Área 33

O Concello de Silleda recibirá unha subvención para a instalación de videovixiancia no parque empresarial Área 33
A axuda, con fondos Feder, é de 26.000 euros, o 90% da inversión necesaria para o circuito, con seis cámaras A Consellería de Economía e Industria, vén de comunicar ao Concello de Silleda, a concesión da subvención solicitada para dotar dun sistema de videoxiancia ao polígono empresarial Área 33. O importe da axuda ascende a 26.005,19 euros, o 90 por cento da inversión prevista, e tamén o máximo subvencionable. A subvención enmárcase na orde do 3 de abril de 2012, para a concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER 2007-2013).

O proxecto de instalación, cun custe previsto de 28.894,66 euros, inclúe a dotación dun circuito de vixiancia que constaría de 6 cámaras. A solicitude foi aprobada en pleno o pasado mes de maio, logo da reunión mantida pola alcaldesa, Paula Fernández Pena, coa comunidade de propietarios do parque empresarial silledense. Naquel encontro, os empresarios amosaron á rexidora a súa preocupación pola seguridade nas súas propiedades e naves. “Dende o Concello ofrecémonos entón a tramitar esta axuda que agora nos permitirá dar resposta á inquedanza dos empresarios”, explica o alcalde en funcións, Manuel Cuíña.

Os departamentos municipais comezarán o proceso para adxudicar a instalación do circuito de videovixiancia “a maior brevidade”, sinala Cuíña, xa que a axuda deberá de estar xustificada antes do vindeiro día 15 de novembro.O Concello de Silleda recibirá unha subvención para a instalación de videovixiancia no parque empresarial Área 33



-A axuda, con fondos Feder, é de 26.000 euros, o 90% da inversión necesaria para o circuito, con seis cámaras



Silleda, 17 de agosto de 2012. A Consellería de Economía e Industria, vén de comunicar ao Concello de Silleda, a concesión da subvención solicitada para dotar dun sistema de videoxiancia ao polígono empresarial Área 33. O importe da axuda ascende a 26.005,19 euros, o 90 por cento da inversión prevista, e tamén o máximo subvencionable. A subvención enmárcase na orde do 3 de abril de 2012, para a concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER 2007-2013).

O proxecto de instalación, cun custe previsto de 28.894,66 euros, inclúe a dotación dun circuito de vixiancia que constaría de 6 cámaras. A solicitude foi aprobada en pleno o pasado mes de maio, logo da reunión mantida pola alcaldesa, Paula Fernández Pena, coa comunidade de propietarios do parque empresarial silledense. Naquel encontro, os empresarios amosaron á rexidora a súa preocupación pola seguridade nas súas propiedades e naves. “Dende o Concello ofrecémonos entón a tramitar esta axuda que agora nos permitirá dar resposta á inquedanza dos empresarios”, explica o alcalde en funcións, Manuel Cuíña.

Os departamentos municipais comezarán o proceso para adxudicar a instalación do circuito de videovixiancia “a maior brevidade”, sinala Cuíña, xa que a axuda deberá de estar xustificada antes do vindeiro día 15 de novembro.

Ningún comentario: