López e o PP agachan a súa incompetencia detrás dunha ofrenda á un santo
O BNG pídelle ao PP "deixar de lado as ofrendas e mudar as políticas no concello e e na Xunta, e gobernar para as persoas non para o sector financeiro”
O
alcalde da Estrada, José López, participou onte nunha ofrenda na
igrexa da Peregrina en Pontevedra, co gallo das festas patronais da
cidade. Segundo os medios de comunicación, o alcalde da Estrada
pregou polos que sofren o paro, polos aforradores atrapados nas
participacións preferentes e pediu atino á hora de gobernar.
A estes respecto, o Consello Local do
BNG da Estrada emitiu unha comunicado de prensa onde criticou
duramente este acto “hipócrita e demagogo do alcalde e do Partido
Popular en pleno”. Os nacionalistas recordaron que “o PP leva
gobernando Galiza desde 2009 e desde aquela o paro en Galiza non
deixou de medrar, e concretamente no noso concello medrou un 48,2%
entre xullo de 2009 e xullo de 2012”.
Para o BNG este incremento do paro
débese ás políticas do PP de continuos recortes laborais e
sociais; neste sentido os nacionalistas consideran que “canto máis
recortes máis paro, e iso é o que leva facendo o goberno Feijóo e
de Mariano Rajoy co seguidismo entusiasta do noso alcalde, José
López”.
“Se se teñen responsabilidades de
goberno como as ten o PP no concello, na Xunta e no Estado, é de
absurdo esconderse detrás dun santo e agardar a que este solucione
os problemas que eles mesmo provocaron coas súas políticas”,
afirmaron os nacionalistas da Estrada. “De pouco serven as ofrendas
cando o PP persiste nunha política suicida como a que está a levar
nas institucións que goberna”, engadiron os nacionalistas.
A respecto das petición do alcalde
para os aforradores que teñen atrapados os seus aforros, o Consello
Local do BNG da Estrada, indicou que “non se pode ser máis
hipócrita, xa que por culpa da súa incompetencia e da súa covardía
política, e por culpa de asumir todo o que lle impoñen desde a
Unión Europea, a meirande parte dos aforradores atrapados polas
participacións preferentes perderán boa parte dos seus cartos, e
iso sábeo perfectamente o PP, que, unha vez máis, bota balóns fóra
como se non fora con eles a cousa”.
“Os aforradores e aforradoras poderán
recuperar os seus cartos se hai vontade política, cousa que non teñen
nin o PP nin López, senón non se encomendarían a un santo”,
afirmou o BNG.
Para pechar o seu comunicado o BNG
pídelle ao PP “deixar de lado as ofrendas e mudar as políticas no concello
e e na Xunta, e gobernar para as persoas non para o sector
financeiro, que é o que está a facer o Partido Popular”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario