Teo - segue aberta a inscrición para o programa Goza do Ulla


MANTENSE ABERTA A INSCRICIÓN NO ROTEIRO “ÁS BEIRAS DO ULLA” DO PROGRAMA GOZA DO ULLA 

·        Os dezanove municipios polos que pasa o río organizan durante estes meses actividades de sendeirismo para dar a coñecer o rico patrimonio natural do seu territorio

·        En Teo farase o 26 de agosto e as inscricións poden efectuarse ata catro días antes no departamento municipal de Deportes


O Departamento de Deportes municipal ultima os preparativos para o roteiro de sendeirismo “Ás beiras do Ulla” que forma parte do programa Goza do Ulla no que participan os dezanove municipios polos que pasa o río cunha actividade por Concello. A xornada de sendeirismo en Teo será o 26 de agosto e calquera persoa interesada pode anotarse ata o día 22 de agosto.

A ficha que hai que cubrir para formalizar a inscrición pódese descargar na web municipal ou recoller no Concello. Debe entregarse cuberta no departamento de deportes ou a través do correo electrónico deportes@concellodeteo.com. Para máis información no teléfono 981 815 700.

O roteiro organizado dende o Concello de Teo leva por nome “Ás beiras do Ulla”, percorre unha distancia de 9,1 quilómetros e ten dificultade baixa. O punto de encontro para os camiñantes será o campo da festa de Teo sobre as 09:20 horas. Dende alí irase en autobús ata a igrexa de Trobe (Vedra) onde xa comezará a ruta. A xornada terá como protagonista o río Ulla ó seu paso por Teo aínda que tamén se pasará por zonas dos Concellos de Vedra e A Estrada. Durante a andaina visitaranse pontes coma a da Dorna, a ponte Vella de Pontevea, ou a ponte Mariola do Xirimbao. Tamén se pasará pola Burga de Xermeade, a fonte de Agromaior, e o lavadoiro, o pazo e o cruciro de Maíndo.

O programa Goza do Ulla é unha iniciativa dos dezanove concellos polos que pasa o río do mesmo nome e pretende dar a coñecer o rico e valioso patrimonio natural do seu territorio.

As datas e as características das saídas nas que está aberta a inscrición son as seguintes:

-          18 de agosto. Vedra. Roteiro de San Xoán da Cova. 11,2 km.
-          26 de agosto. Teo. As beiras do Ulla. 9,1 km.
-          2 de setembro. Pontecesures. Ollando o Ulla. 17,5 km.
-          8 de setembro. Padrón. Desembocadura Sar-Ulla. 10 km.
-          16 de setembro. Catoira. Roteiro do Río Catoira. 8 km.
-          22 de setembro. Palas de Rei. Entre ríos. 12,5 km.
-          29 de setembro. Rianxo. Roteiro dos Campiños. 12 km.
-          6 de outubro. Valga. O val do Ulla. 20 km.
-          12 de outubro. Silleda. Roteiro do Baixo Deza. 11,4 km.
-          14 de outubro. Antas do Ulla. Ulloando polo nacemento. 7 km.
-          20 de outubro. Dodro. Brañas de Laíño. 11 km.
-          27 de outubro. Vila de Cruces. Remesquida-Basebe. 14 km.
-          3 de novembro. Santiso. Penas do Ulla. 12 km.
-          10 de novembro. Agolada. Roteiro das Torrentes de Mácara. 7 km.
-          18 de novembro. A Estrada. Roteiro de Ximonde, 13 km.

Para participar en calquera destas saídas só hai que anotarse no departamento de deportes do Concello no que vives e dende alí xa se comunican as inscrición ó municipio organizador. 

Ningún comentario: