Novamente o Concello de Ordes rendiu un especial
tributo o noso folclore coa celebración do Día da Muiñeira. Un acto incluido no
Verán Cultural que se ven celebrando dende comenzos deste mes e que este ano
contou coa participación de catro agrupacións distintas co denominador común de
pertencer á comarca ordense.
A
Asociación Cultural Veciños de Leira interpretou para os centenares de persoas
que acudiron a esta cita as pezas ‘Muiñeira de Santa María’, Muiñeira de
Santaia’, Xota de vodas’, ‘Muiñeira de Carballo’ e Xota de Santa María’. Os
demáis participantes nesta xornada foron a Asociación Cultural Os xeitosos de
Trazo, a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo e a Agrupación Folclórica
Sementes do Arte.
Previamente
á actuación, que tivo lugar na Alameda de Ordes, os integrantes de cada grupo
realizaron un pasarrúas polo centro da vila interpretando pezas musicais en
vivo para todos os veciños e veciñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario