O grupo de
teatral de afeccionados de Ordes encheron na noite de onte o auditorio da Casa
da Cultura coa estrea da función 'Non é a típica obra clásica'.
Na súa posta en
escea participaron un total de 11 persoas que recibiron unha gran ovación ó
finalizar a súa representación. A historia, en clave de comedia, narra as peripecias
dun rei medieval que tenta casar ó seu príncipe herdeiro cunha rica princesa,
coa intención de que o seu reino non sucumba á decadencia máis absoluta. Os
autores do texto son Eva Fernández Veiras e Pablo Meijide Santos, quenes tamén
forman parte do elenco de actores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario