Tras a solicitude realizada por parte dun grupo de veciños, o Concello amiense facilitoulles os materiais e ferramentas necesarias. O obxectivo é colaborar cos cidadáns en todo o que precisen, escoitando as súas necesidades e demandas.
Esta colaboración cos veciños complementase con outros traballos que o Concello xa acometeu na parroquia e con outras obras que se levarán a cabo nas vindeiras semanas.
O Concello amiense continúa colaborando activamente cos
veciños e
veciñas do municipio, atendendo as súas demandas e
necesidades.
Nesta liña de colaboración, o Concello vén de cederlle aos
veciños
de Lens material municipal e ferramentas para a realización de
traballos de mantemento na parroquia.
Tras
a solicitude realizada por parte dun grupo de veciños, o
Concello
amiense, a través da Concellaría de Vías e Obras,
facilitoulles os
materiais e ferramentas necesarios, chegando a alugar algún
dos
medios que precisaban e solicitaran. Deste xeito, os veciños e
veciñas puideron dispoñer, entre outras ferramentas, dunha
minipala
cargadora, unha desbrozadora, un soprador, dúas pás de man,
unha
pértiga de podar e unha aixada coas que acometer os traballos.
Esta
colaboración cos veciños complementase con outros traballos
que o
Concello xa acometeu na parroquia e con outras obras que se
acometerán nas vindeiras semanas. Neste eido, levaranse a cabo
traballos de mantemento por parte da nova brigada forestal, de
desbroce e
de acondicionamento de pistas.
O
obxectivo que persegue o Concello de Ames con este tipo de
actuacións
é colaborar cos veciños e veciñas do municipio en todo aquilo
que
precisen, escoitando as súas necesidades e demandas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario