O encontro de veteranos
xógase este sábado ás 19 horas e o domingo 26 os tres equipos federados
compiten en formato triangular
A décima edición do Torneo de Fútbol do Concello
de Oroso celébrase nas xornadas do vindeiro sábado 18 e a do domingo 26 de
agosto. O primeiro día terá lugar a competición de veteranos e no segundo un
triangular entre os tres equipos federados do municipio: a S.D. Deixebre, o
Sigüeiro F.C. e a E.D. Xuventude Oroso.
O partido da categoría de veteranos, entre os da S.D. Deixebre e os do
Sigüeiro F.C., disputarase ás 19 horas do sábado. O triangular comezará ás
17:30 horas (o día 26) co encontro entre a S.D. Deixebre e o Sigüeiro F.C. O
perdedor deste primeiro partido enfrontarse a continuación, ás 18:30 horas, á
E.D. Xuventude Oroso, e o gañador xogará o seu partido contra ese mesmo equipo
ás 19:30 horas.
Os trofeos entregaranse unha vez rematado este último encontro. O torneo de
fútbol de Oroso xógarase no campo municipal de fútbol de Deixebre. Na pasada
edición, o vencedor na categoría de equipos federados fora a S.D. Deixebre, e
na categoría de veteranos o conxunto Vinoteca Raquel alzarase co trofeo de
campión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario