O CONCELLO DE OROSO ORGANIZA DOUS OBRADOIROS DE SAMAÍN GRATUITOS DIRIXIDOS
A NENOS E NENAS DE MÁIS DE 5 ANOS
Os talleres terán lugar o luns 31 de outubro, se ben é preciso anotarse previamente na biblioteca municipal de Sigüeiro
27 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso organiza este luns 31 de outubro dous obradoiros de Samaín gratuítos, dirixidos a nenos e nenas de máis de cinco anos de idade. Unha iniciativa coa que o Concello de Oroso pretende axudar á conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais do municipio, ofrecendo unha divertida actividade para que os pequenos poidan pasar ben a mañá ou ben a tarde, xa que se ofrecen os dous horarios.
Así, os obradoiros de Samaín celebraranse no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro en dúas quendas: ás 11:00 e ás 18:00 horas. A participación é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente na biblioteca municipal de Sigüeiro ou a través do teléfono 981 690 903. O obradoiro incluirá diversas actividades de ocio relacionadas co Samaín, de xeito que os pequenos xogarán coa maquillaxe, farán disfraces con elementos de reciclaxe e participarán en numerosos xogos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario