XESÚS PEDREIRA SOLICITA A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO DIANTE DO RECURTE DAS AXUDAS DO PLAN CONCERTADO PARA ORDES
O edil socialista considera que “os recortes aplicados pola Xunta supoñen un ataque frontal ás políticas sociais municipais e a imposibilidade absoluta dos concellos para afrontar estes servizos”
28 de outubro de 2011.- O concelleiro socialista Xesús Pedreira vén de solicitar a convocatoria dun pleno extraordinario en Ordes diante dos recortes aplicados pola Xunta de Galicia no Plan Concertado, que no caso do Consorcio de Ordes ascenden ao 98,87%. Un pleno urxente e non retribuido que tería lugar o mércores 2 de novembro e cun único punto na orde do día: analizar as consecuencias dos recurtes no Plan Concertado para os servizos sociais municipais de Ordes.
Xesús Pedreira considera que “os recortes aplicados polo Goberno da Xunta ao Plan Concertado supoñen un ataque frontal ás políticas sociais municipais”. Neste sentido, Xesús Pedreira exemplifica que o investimento no Plan Concertado para o Consorcio de Ordes pasará dos 80.000 aos 9.000 euros, o que supón un descenso do 98,875%. “Na práctica, isto podería supoñer a imposibilidade absoluta para concellos como o de Ordes para afrontar servizos importantísimos para os veciños e veciñas, uns servizos que son irrenunciables para o benestar dos ordenses”.
Os recurtes aplicados pola Consellería de Traballo e Servizos Sociais que afectarán a distintos programas e servizos, entre os que figuran algúns tan importantes como os programas de axuda a domicilio, as actividades extraescolares, as actividades conciliación, os programas de cooperación social ...
Así mesmo, o concelleiro socialista tamén lle solicitou ao presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, a convocatoria urxente e extraordinaria do máximo órgano entre asembleas que substitúa ao Consello Federal de FEGAMP, así como á súa Comisión Executiva, para tomar unha posición sobre esta cuestión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario