Ames – orde do dia pleno ordinario outubro 2011

ORDE DO DÍA:

A) PARA DAR CONTA:

1. Dar conta ao Pleno da Corporación dos decretos ditados pola Alcaldía dende a última sesión plenaria ordinaria.

2. Dar conta do decreto de cambio parcial de afectación da operación de endebedamento 2010.

3. Dar conta do decreto de aprobación da liquidación orzamentaria correspondente ao exercicio 2010.

4. Información periódica a render ao Pleno, en execución do acordo adoptado en data 26/08/2010:

a) Execución do orzamento ao remate do 3º trimestre do exercicio 2011.

b) Relación de facturas cun atraso na tramitación superior aos tres meses (artigo 5.4 da Lei 15/2010, de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais).

B) PARA DELIBERACIÓN E ACORDO:

5. Aprobación se procede da acta anterior.

6. Revisión ordinaria do contrato de limpeza viaria e xestión do punto limpo, anualidade 2011.

7. Aprobación inicial da Ordenanza reguladora das axudas de emerxencia social municipal do Concello de Ames.

8. Aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local polas empresas explotadoras de servizos de telefonía móbil.

9. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do Concello de Ames.

10. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles.

11. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

12. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

13. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.

14. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por actividades e servizos relacionados coa hixiene urbana.

15. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora da circulación do Concello de Ames.

16. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo saneamento e depuración de augas residuais.

17. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola subministración de auga.

18 Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de licenzas urbanísticas.

19. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de licenza de apertura de establecementos.

20. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e por reserva da vía pública para aparcadoiro exclusivo, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.

21. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematográfico.

22. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral.

23. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar.

24. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do complexo da piscina cuberta municipal de Ames.

25. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos.

26. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización das instalacións deportivas e culturais de propiedade municipal.

27. Aprobación inicial da modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música do Concello de Ames.

C) PARA CONTROL DO GOBERNO:

28. Moción do grupo municipal do BNG sobre escola de música municipal.

29. Rogos e Preguntas.

Ningún comentario: