Psoe Ames – petición de retirada do pleno da proposta de modificación de tasas

O vindeiro xoves, 27 de outubro, debatiranse, como cada ano, as ordenanzas fiscais e de prezos públicos para a súa entrada en vigor no vindeiro exercicio.

Vista a proposta que dende o goberno popular de Ames se pretende aprobar no punto 22 da orde do día da convocatoria do pleno, relativa á aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral.

Visto que a proposta supón, entre outras modificacións, unha suba dos servizos educativos e complementarios do Concello de Ames, que implica o incremento do 50% no prezo dos servizos de comedor escolar, Bos días cole e Tardes Divertidas para o curso 2012-2013, pasando dunha tarifa actual de 70€, 40€ e 65€ a unha nova tarifa de 110€, 60€ e 95€, respectivamente.

Dende o grupo municipal socialista, entendemos que a proposta popular supón, en primeira instancia, unha suba brutal e inxustificada do prezo destes servizos, tendo en conta a situación de crise que están a vivir as familias na actualidade. De levarse a cabo, ademáis, suporá o claro inicio do desmantelamento dos servizos educativos, que tanto costou crear e manter, véndose afectadas máis de mil familias pola iniciativa.

Ademáis, a fórmula establecida para os comedores escolares, con un pago progresivo en función da renda per cápita, supón que só se establecerán bonificacións para aquelas familias que contan con unha renta anual menor ao 200% do IPREM, isto é, só se beneficiarán de bonificacións aquelas familias que teñan unha renda per cápita ao mes inferior aos 1065,02€. O que deixa fóra a unha porcentaxe moi alta de poboación que ata agora usaba o servizo de comedor.

A maiores da suba proposta, non se plantexa bonificación nin reducción de prezo por máis dun usuario nunha mesma unidade familiar, a pesares de que noutros servizos sí se establece.

Ademáis, analizando o expediente, o goberno popular propón un prezo maior que o que figura no estudo de costes.

O goberno actual fai propostas que, a todas luces, están en contra de todo o seu discurso na oposición, do que propuxo na campaña electoral, e do que recentemente, xa no goberno, veñen de anunciar.

No seu día, o goberno socialista propuxo un incremento da taxa de comedores que só se quedou en proposta. Non se levou a cabo e tampouco se propuxo nos anos seguintes, nin 2009 nin 2010 nin 2011, porque entendemos que os comedores escolares teñen unha compoñente social moi importante e o concello ha de favorecer o acceso aos servizos de conciliación familiar e laboral,, como son éstes, a todas as familias que o necesiten.

O certo é que, durante estes anos o concello veu asumindo un importante déficit no servizo de comedores porque entendemos que tal déficit ha de ser asumido como tal dentro das políticas sociais que unha administración pública ha de levar a cabo, e tendo en conta ademáis a situación de crise económica que estamos a vivir e o importante número de familias que utilizan este servizo como medio de conciliación da vida familiar e laboral. Non se pode xustificar o elevado incremento proposto polo suposto déficit existente.

Entendemos que existen outras alternativas na xestión, e non a vía directa e fácil da subida dos prezos.

Por todo o exposto, o grupo municipal socialista:

Ø Solicita a retirada do punto 22 da orde do día do pleno para mellor estudio coas ANPAS e cos grupos políticos municipais.

Ningún comentario: