A IMPROVISACIÓN E A FALTA DE PREVISIÓN FAN QUE AS RECENTES CHOIVAS ARRASTREN MOREAS DE TERRA DUN APARCAMENTO NOVO
O GRUPO MUNICIPAL DO PSOE PREGUNTARÁ NO PLENO QUEN SE FAI RESPONSABLE DESTA CHAPUZA
Lle preguntamos ao goberno de Ames ¿quen é o técnico que deseñou o proxecto do aparcadoiro? ¿Quen aceptou facer un aparcadoiro sobre terra, en pendente, sen pisar a zahorra e sen drenaxes?
É necesario explicar como un aparcamento recentemente rematado carece do deseño axeitado, sufrindo un importante deterioro na primeira choiva do outono e inunda de terra as rúas Agro da Madalena e Agro do Medio, co conseguinte risco para o tráfico.
Trátase dunha improvisación, dunha obra feita a presa, sen o asesoramento técnico axeitado.
A concellería de Vías, Obras, Parques e Xardíns fai augas por todos lados, dirixida por un concelleiro que se mete a técnico sen os coñecementos necesarios.![]()
Unha vez mais a concellaría de Vías, Obras, Parques e Xardíns amosa as súas carencias. Recentemente facíamos varias denuncias do abandono da Rúa Anxeriz, do crecemento da vexetación en todas as parroquias do concello onde as silvas “alfombran” as beirarrúas sendo especialmente lamentable o estado destas en Covas (a pesar dunha limpeza inicial lles queda moito por facer), Ames, Tapia ou Piñeiro. Estes días nos atopamos cunha sorpresa desagradable mais, as rúas Agro da Madalena e Agro do Medio cheas de terra polos arrastres procedentes dun aparcadoiro “do trinque” que sofre serios danos e provoca problemas graves aos veciños coa primeira choiva do outono. Estamos a falar do novo aparcadoiro de Milladoiro, realizado por un goberno popular que fixo caso omiso de calquera asesoramento técnico. O concelleiro erixiuse en enxeñeiro, desdeñou os consellos técnicos e o resultado é o comentado, moreas de terra que invadiron as rúas antes citadas facendo necesaria unha cara reposición no aparcadoiro recentemente inaugurado. Obviamente en Galicia chove, tal e como sucedeu estes días, sen que supoña unha situación novidosa. Tamén, obviamente, o aparcadoiro está en pendente, algo que tampouco é raro en Milladoiro. Por tanto, non fai falta ser un lince para decatarse que cun terreo en pendente e nunha zona onde chove, (isto é Galicia) resulta imprescindible prensar ben o terreo, construír unhas drenaxes e unhas canalizacións para así evitar arrastres e non tirar os cartos facendo obras a toda presa e mal deseñadas (por desprezar o asesoramento técnico) que á semana da súa inauguración teñen que ser reformadas e reparadas.
Temos un goberno que se caracteriza pola labia fácil, as afirmacións de balde e sobre todo pola falta de prudencia e saber estar. Cada paso que dan é un fracaso, ben pola súa ausencia e falta de organización, ben porque esa falta de organización e previsión aconsella que era mellor que non fixeran nada. Tiraron os cartos con un aparcadoiro mal feito no que as reparacións van supoñer case tanto como a construción. Alfredo, “enxeñeiro de novo cuño”, está a demostrar continuamente as súas carencias. A súa intromisión nas obras deste aparcadoiro tamén amosan unha falta total de prudencia. Non é capaz de organizar o traballo, non sabe distribuír as tarefas, mantén a maior parte do concello desatendido e cando fai, mete a pata. A gran cantidade de terra que chegou as rúas Agro da Madalena e Agro do Medio, unhas das mais transitadas, ocupando boa parte das mesmas, supuxo un perigo innecesario para os condutores que circularon de noite, coa calzada mollada e por se fora pouco, cunha capa de area que dificultaba o dominio do vehículo.
Por estes motivos, o grupo socialista pedirá explicacións no pleno do xoves 27 de outubro. Este erro no deseño do aparcadoiro, malgastando os cartos de todos e poñendo en perigo aos condutores, necesita unha explicación convincente aos cidadáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario