A COPA DO MUNDO VISITARÁ OROSO ESTE SÁBADO 29 DE OUTUBRO E ESTARÁ EXPOSTA NO CENTRO CULTURAL DE SIGÜEIRO DE 10:00 A 21:00 HORAS
A presentación oficial do trofeo terá lugar ás 13:00 horas no centro cultural de Sigüeiro, onde está prevista unha charla co adestrador Fernando Vázquez
26 de outubro de 2011.- A Copa do Mundo gañada pola selección española no pasado Mundial de Sudáfrica visitará Oroso este sábado 29 de outubro, onde quedará exposta durante todo o día para que todos os veciños e veciñas poidan vela e fotografarse con ela. A copa será recibida ás 10:00 horas polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, na casa do concello.
Despois, o trofeo será trasladado ao auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, onde quedará exposta ao público ata as 21:00 horas (salvo de 16:30 a 18:00 horas, nas que estará no campo de fútbol municipal de Sigüeiro para que os distintos clubes de fútbol do municipio poidan sacarse unha foto con ela). A entrada será totalmente libre e de balde.
A presentación oficial do trofeo, presidida polo alcalde orosán e polo concelleiro de Deportes, Luis Rey, terá lugar ás 13:00 horas no centro cultural de Sigüeiro. Un acto no que está prevista tamén unha charla futbolística a cargo do adestrador galego Fernando Vázquez. A copa que se verá e se poderá tocar en Cerceda é a mesma que se ten exposta en distintas cidades españolas e é unha réplica que lle entregaron á selección española, xa que a levantada en Sudáfrica está gardada en Suiza pola FIFA ata o próximo mundial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario