Psoe Ames – o goberno popular quere eliminar os comedores escolares

O goberno popular de Ames pretende eliminar os comedores escolares pola vía da subida no prezo.

25 de outubro de 2011. Carlos Fernández : “Os populares propoñen unha subida do 50% das taxas dos servizos educativos (comedores escolares, Bos días cole e Tardes Divertidas). Supón unha suba abusiva e desproporcionada e o claro inicio do seu desmantelamento”.

1.- QUÉ PROPÓN O GOBERNO POPULAR.

Os populares de Ames propoñen que, no pleno do vindeiro xoves, onde, como cada ano, se debaten as ordenanzas fiscais e de prezos públicos para a súa entrada en vigor no vindeiro exercicio, se aprobe unha suba dos servizos educativos e complementarios do Concello de Ames.

A suba supón o incremento do 50% no prezo dos servizos de comedor escolar, Bos días cole e Tardes Divertidas para o curso 2012-2013, que resumidamente é a seguinte:

Tarifa actual Tarifa proposta

Comedores Escolares 70€ 110€

Bos días Cole 40€ 60€

Tardes Divertidas 65€ 95€

2. ¿QUÉ SUPÓN ISTO?

1º- A proposta popular supón, en primeira instancia, unha suba brutal e descarada do prezo destes servizos, tendo en conta a situación de crise que están a vivir as familias na actualidade.

2º- Supón o claro inicio do desmantelamento dos servizos educativos, que tanto costou crear e manter. O Partido Popular non propón o desmantelamento dos servizos abertamente, senón que o fai pola porta de atrás, establecendo un prezo elevado para restrinxir o acceso das familias ao servizo. Máis de mil familias se verán afectadas pola iniciativa.

3º- Na suba dos comedores propoñen, ademáis, un pago progresivo en función da renda per cápita, que non é máis que un insulto á cidadanía, unha falsa progresividade, posto que só establecen bonificacións para aquelas familias que contan con unha renta anual menor ao 200% do IPREM, isto é, só se beneficiarán de bonificacións, aquelas familias que teñan unha renda per cápita ao mes inferior aos 1065,02€. O que deixa fóra a unha porcentaxe moi alta de poboación que ata agora usaba o servizo de comedor.

FRECUENCIA CUOTA A PAGAR

- Entre 50% e o 100% do IPREM: 266,26 €- 532.51€ Renda per cápita 80€

- Entre 100% e o 150% do IPREM. 532,52 € - 798,76€ Renda per cápita 90€

- Entre 150% e o 200% do IPREM: 798,77 € 1065,02€ Renda per cápita 100€

- Igual ou superior ao 200% do IPREM: = > 1065,02€ Renda per cápita 110€

É dicir, pagará o mesmo unha familia mileurista que unha familia millonaria, de xeito que farán máis esforzo económico as familias que teñen menor capacidade económica. ¿ Onde está a progresividade?

4º- A maiores da suba proposta, non se plantexa bonificación nin reducción de prezo por máis dun usuario nunha mesma unidade familiar, de xeito que unha familia con dous fillos que teñan que usar o comedor escolar, terán que pagar 220 euros ao mes e non terán ningún tipo de desconto, a pesares de que noutros servizos sí se establece. Isto é unha auténtica barbariedade para as familias amienses.

Ademáis, se un usuario que utiliza o servizo de comedor, tamén necesita o servizo Bos dias cole, por motivos de conciliación da vida familiar e laboral, terá que pagar 170€ ao mes, ou se utiliza o servizo Tardes Divertidas pagará 205€ ao mes.

5º- Os socialistas entendemos que a proposta popular supón un insulto á cidadanía. Analizando o expediente, o goberno popular propón un prezo maior que o que figura no estudo de costes. Por exemplo, no estudo de custes dos comedores o custe mes por neno é de 108,50€/mes e o Partido Popular propón aprobar o prezo de 110€/mes. ¿qué se pretende facer coa diferenza?

3º- O PP FAI O CONTRARIO DO QUE PROMETEU. NOVA INCOHERENCIA DO SEÑOR AMOR.

O que propón o goberno vai, a todas luces, en contra de:

· todo o seu discurso na oposición

· do que propuxo na campaña electoral, e

· do que recentemente, xa no goberno, veñen de anunciar.

Durante os últimos catro anos que o PP de Ames estivo na oposición, sempre reclamaron a contención na suba de impostos e taxas. Non hai máis que acudir ás actas:

- 30 outubro 2008, debate ordenanzas fiscais e de prezos públicos, Ramón García Argibay: “Hai unha diferenza neste sentido entre o partido socialista e o partido popular, o partido socialista non é partidario de baixalos en ningún momento e o partido popular si é partidario de baixalos, sobre todo cando estamos en época de crise. E non estamos agora falando de baixalos senón de conxelalos. Repito que en tempos como os que estamos a vivir propoñemos a conxelación de taxas”

- 29 outubro 2009, debate ordenanzas fiscais e de prezos públicos, Santiago Amor Barreiro(actual alcalde): “houbo que agardar a que o IPC fose negativo para que o goberno tomara a decisión de conxelar as taxas e se notase algo menos a situación económica que se está vivindo. Tendo feito o seu grupo motas recomendacións o ano pasado ao grupo de goberno no senso de conxelar ou seguir as recomendacións do Ministerio de Facenda de non incrementar taxas e impostos”.

- 28 outubro 2010, debate ordenanzas e prezos públicos, Ramón García Argibay: “ o noso grupo ven reclamando dende hai anos que se conteña a subida de impostos”.

Ademáis, tamén se mostraron en contra das actualizacións de prezos, votando en contra das mesmas. Agora, que están no goberno, non só propoñen para o vindeiro xoves a actualización de prezos dos servizos de auga, saneamento, lixo..., que no seu día estando na oposición votaron en contra, senón que ademáis propoñen a suba descarada dos servizos. Non hai máis que ir ás actas para recordar a incoherencia coa que actúan:

- 28 outubro 2010, debate ordenanzas e prezos públicos, Ramón García Argibay: “o seu grupo está en contra da subida do IPC”.

- 30 outubro 2008, debate ordenanzas fiscais e de prezos públicos, Ramón García Argibay: “...así que nós cremos que independentemente de que noutros momentos fora oportuno subir o IPC, agora mesmo non é momento máis axeitado”.

E agora, ¿sí é máis axeitado? ¿Con unha situación económica nas familias moito peor?

Na campaña electoral propuxeron a conxelación de impostos e taxas. Non hai máis que recordar cómo empapelaron o concello para denunciar a subida de impostos do goberno socialista e cómo propoñían a conxelación dos mesmos. Agora, fan todo o contrario ao prometido. Isto é, un claro engano á cidadanía amiense.

Pero máis grave é falta de proxecto en materia económica dos populares. Ao pouco de iniciarse no goberno, Argibay, primeiro tenente alcalde, anunciaba que, dentro da proposta que tiña de subida de taxas, non se incluiría a actualización de tasas dos comedores escolares. Este anuncio foi recollido nos medios de comunicación en data 20 de xullo de 2010 co seguinte titular de prensa en La Voz de Galicia: “Argibay anunció una subida de tasas que a corto plazo no incluirá los comedores”.

Pois ben, hoxe podemos ver realmente cál é a proposta popular: unha suba abusiva e inxustificada dos comedores.

4º- O GOBERNO SOCIALISTA, NO SEU DÍA, PROPUXO UNHA SUBA QUE NUNCA SE LEVOU A CABO.

O 20 de maio de 2008, o goberno socialista fixo unha proposta de suba na taxa de comedores, que supoñía pasar dunha tarifa mensual de 70€ a unha nova tarifa de 100€, en base a un estudio económico do departamento dos servizos económicos municipais. A proposta foi debatida na comisión informativa celebrada o 23 de maio e incluída na orde do día da convocatoria do pleno o 26 de maio, se ben, posteriormente o 29 de maio a alcaldía retirou o asunto da orde do día do pleno. Isto supuxo que os grupos da oposición amosasen o seu malestar ao ser recollida esta nova na prensa antes de que lles fose notificado a retirada do asunto na orde do día do pleno.

Polo tanto, o goberno socialista, no seu día, propuxo un incremento da taxa de comedores que só se quedou en proposta. Non se levou a cabo e tampouco se propuxo nos anos seguintes, nin 2009 nin 2010 nin 2011, porque entendemos que os comedores escolares teñen unha compoñente social moi importante e o concello ha de favorecer o acceso aos servizos de conciliación familiar e laboral como son éstes a todas as familias que o necesiten.

O certo é que, durante estes anos o concello veu asumindo un importante déficit no servizo de comedores porque entendemos que tal déficit ha de ser asumido como tal dentro das políticas sociais que unha administración pública ha de levar a cabo, e tendo en conta ademáis a situación de crise económica que estamos a vivir e o importante número de familias que utilizan este servizo como medio de conciliación da vida familiar e laboral. Non se pode xustificar o elevado incremento proposto polo suposto déficit existente.

Por todo o exposto, o grupo municipal socialista:

1. Denuncia a suba brutal e descarada da taxa dos servizos educativos, comedores escolares, Bos días Cole e Tardes Divertidas.

2. Denuncia a incoherencia dos populares co que veñen promentendo nos últimos anos.

3. Pídelle a Amor que xestione e busque outras alternativas, como así o fixeron os socialistas, e non a vía directa e fácil da subida dos prezos.

Ames, 24 de outubro de 2011.

Ningún comentario: