A proba que se disputou esta fin de semana reuniou a cazadores e cans de rastro de todo o norte de España, xunto con participantes de toda a autonomía galega.
A pesares da choiva o Monte de O Bocelo acolleu a centos de persoas polas súas ladeiras disputando a proba de San Huberto, un campionato de caza con cans de rastro en busca das delicadas aves chamadas perdices.
A proba comezou a primeira hora, onde os participantes partiron cara O Bocelo para pasar toda a mañá rastreando en busca das perdices. Xa ven entrado o serán repartironse os premios entre os participantes deixando o pavillón ben alto a pesares de que as condicións metereolóxicas dificultaron nalgunhas ocasións o propio desenvolvemento das mesmas.
O rastro de xabarín, cita reservada para o domingo, reuniu máis adeptos se cabe, e desenvolveuse tamén no alto de O Bocelo dende as primeiras horas da mañá.

Ningún comentario:
Publicar un comentario