Indignación e enfado dos veciños porque unha boa parte das fontes do concello de Ames apareceron coa sinal de “auga sen garantía sanitaria” causando alarma e preocupación. Non hai constancia de que se fixeran análises.
O concello non comunicou a ninguén esta actuación e fontes moi frecuentadas para a recollida de auga para beber como a de Castrigo, O Pedregal ou Bentín, entre outras, teñen este cartel.
Este foi o cartel que sorprendeu aos veciños de numerosos lugares e parroquias do noso concello. O enfado era a tónica xeral e moitos deles non colleron auga na espera de que se clarexe a situación xa que dende o Goberno tripartito non se deu ningún aviso.
Membros de Pacto x Ames fixeron un percorrido por lugares e parroquias e observaron que algunhas fontes como a do Cruceiro en Raíces (Biduído), a de a Madalena en Piñeiro, a fonte próxima a praia de Tapia ou a que está preto da urbanización das Mimosas, non tiñan o cartel, polo que a inseguridade da medida queda patente xa que non se sabe cal é o criterio para que unhas fontes teñan o cartel e outras non.
Ningún dos veciños cos que falamos tanto de Castrigo como do Pedregal ou de Bentín entendían que este cartel se puxera sen previo aviso nin comunicación algunha tanto a través da web, prensa e sobre todo cos representantes veciñais ou poñendo carteis pola zona de paso que se colocaban os de “auga sen garantía sanitaria”
Tamén se descoñece si a medida foi adoptada por unha cuestión de prevención ou simplemente para “non mollarse” dende o concello en canto á garantía e calidade de potabilidade da auga das fontes. Cuestión esta que despois de un ano de goberno, e tendo en conta que nos pregos da futura licitación da auga vai estar incluída o control das fontes de Ames non parece a máis axeitada, xa que de haber algún problema coa potabilidade das augas, o cartel que terían que poñer e o de auga non potable e por suposto, acompañado dunha campaña urxente de avisos.
Pacto x Ames presentou por rexistro de entrada unha serie de preguntas sobre o acontecido con este tema que esperemos que teña resposta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario