Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA ANXEL CASAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BIBLIOTECA ANXEL CASAL. Amosar todas as publicacións

II Edición de Ler Contos con diferentes sabores na Ánxel Casal

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acollerá o xoves 28 de abril ás 18.30h, en
colaboración coa Associação Galega da Língua (AGAL), a segunda edición da actividade Ler contos con diferentes sabores da nossa língua.

A biblioteca Ánxel Casal celebra hoxe o Día do Libro

Hoxe a Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" invita aos composteláns a sumarse á celebración do Día do Libro participando das seguintes actividades :

A Biblioteca pública Ánxel Casal celebra a semana da cultura chinesa

A Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" incorpora na súa programación deste mes a Semana da Cultura Chinesa, actividade coordinada pola Asociación Educativa Cultural Qu Yuan (屈原) e a Oficina de relacións exteriores da USC orientados á introdución dos aspectos básicos da cultura e tradición chinesas e na que se poderá asistir aos seguinte eventos, tanto para adultos como para

público infantil :

*Mércores 13 de abril ás 17:30h no vestíbulo inaugurase o ciclo de actividades coordinadas por Miguel Cortés Hernández da Asociación Educativa Cultural Qu Yuan (屈原) e Wang Quan (汪泉) da oficina de relacións exteriores da USC, coa presentación da Exposición: “Beleza en abanico,

Pintura de tinta chinesa ” do pintor Yang Yuguang (杨渝光). A mostra, quere ser representativa de cadros tradicionais chineses con estilos tipicamente orientais e técnicas clásicas da pintura de tinta chinesa. A exposición estará no vestíbulo do 11 ao 30 de abril acompañada da mostra bibliográfica “Cultura chinesa” na que se exporán os documentos que posúe a biblioteca relativos a este tema.

*O mesmo día ás 19:30h no salón de actos a conferencia "Medicina China. Una visión total del hombre" impartida por Fernando Salgado Blanco, Licenciado en Medicina por la USC, especialista en Medicina China pola Universidade de Medicina China de Beijing e coordinador do Master de Acupuntura da USC.

*Xoves 14 de abril ás 19:30h no salón de actos, conferencia "O xeroglífico chino e o desenvolvemento dos caracteres chineses" impartida por Xuan Shao da Academia ERYA (尔雅东 方语言文化中心), Centro de estudios de lingua e cultura oriental.

*Martes 19 de abril ás 19:30h no salón de actos, conferencia “Pensamentos filosóficos transmitidos polos Cadros Chineses de Tinta China, (中国的传统思想与中国画的渊源)” impartida por Yang Yuguang (杨渝光), pintor chinés que gañou diferentes premios e medallas en distintas exposicións no seu país e recoñecido experto na caligrafía e na pintura tradicional chinesa. Será asistido e traducido ao español pola súa esposa Zhang Yang ( 张 燕).

*Mércores 20 de abril ás 19:30h no salón de actos, conferencia “Tai-Chi-Chuan e 
condición física saudable”, impartida por José Ricardo Soto Caride, Doutor en Educación Física, defensor da primeira tese doutoral que se presentou en España sobre Tai-Chi e alumno e discípulo do gran mestre Fu Sheng Yuan, 5º xeración descendente directo do creador do estilo Yang de Tai-Chi, Yang Lu Chan.

*Xoves 21 de abril ás 19:30h no salón de actos, conferencia “A globalización no século XVI: O imperio español compleméntase co Imperio Ming” Impartida por Miguel Cortés Hernández, arquitecto, estudoso e apaixonado da cultura e historia chinesas e coordinador deste ciclo de actividades culturais chinesas.

* Ás 20:30h Clausura do Ciclo da “Semana da Cultura Chinesa” cunha representación de danzas tradicionais chinesas: “Danzas de Corte da Etnia Han” por parte de dúas estudantes chinesas de intercambio na USC: Xiong Zhongmei 熊忠梅, e He Miao何淼.

A entrada a todas as actividades é libre ata completar a capacidade da sala. Entre as actividades infantís / xuvenís nas que aínda quedan prazas, destacamos: *Mércores 13 de abril as 18:00 h: Xogos tradicionais chineses, xogo de fíos. Para nenos e nenas de 5 a 14 anos. Precisase inscrición previa, máximo 20 persoas. *Xoves 14 de abril as 18:30 h: Contacontos tradicionais chineses. Para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. *Venres 15 de abril as 18:00 h: Escritura chinesa con pinceis. Para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Precisase inscrición previa, máximo 20 persoas. *Martes 19 de abril as 18:00 h: Papiroflexia. Para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Precisase inscrición previa, máximo 15 persoas. *Mércores 20 de abril as 18:00 h: Musica e ópera tradicional chinesa. Para nenos e nenas de 6 a 14 anos. Precísase inscrición previa, máximo 20 persoas.

Biblioteca Ánxel Casal - Concurso de cartas de amor

Con motivo da celebración do Día de San Valentín, a Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" (Avda. Xoán )0(111, s/n) organiza un concurso de cartas de amor no que poderán participar as persoas maiores de 14 anos. A extensión máxima é dun folio a doble espacio escrito a ordenador.

As cartas presentaranse sen asinar e cun pseudónimo, e se introducirán nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "Carta de Amor + o pseudónimo" e no seu interior, ademáis da carta, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, teléfono, DNI).

O prazo de presentación das cartas remata o 13 de febreiro, e estas deberán depositarse no buzón habilitado no mostrador de préstamo do andar baixo. Haberá un primeiro, segundo e terceiro premio dotados cada un deles cun lote de libros. A resolución do xurado farase pública o 22 de febreiro ás 12.00 no salón de actos da Biblioteca e comunicaráse persoalmente aos premiados por medio do correo electrónico e/ou teléfono. No momento da entrega dos lotes solicitaráse aos galardoados o seu permiso para facerlles unha fotografía que se publicará no Facebook da Biblioteca.

Biblioteca Ánxel Casal - Musicando na Biblioteca

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal presenta, no marco da iniciativa “Musicando nabiblioteca”, un concerto didáctico de frauta traveseira baixo o título “Unha frauta chea de contos” a cargo de Luis Soto, quen xa en anos anteriores obtivo un gran éxito. A actividade terá lugar hoxe martes 29 de decembro ás 18.30h no Salón de Actos da Biblioteca e a entrada será libre ata completar a capacidade da sala,

Os pequenos poderán disfrutar dun conto falado e tocado, cunha parte didáctico-práctica na que o 
público infantil que se achegue á Biblioteca cun instrumento musical poderá participar activamente. O artista interpretará fragmentos de obras de Bach, Mozart, Prokofiev e Satie. Como peche, tocará dúas pezas para frauta e violino cos seus fillos, Lucas e Cecilia cos que forma o Trío do Acivro.

Luis Soto é profesor na Real Filharmonía de Galicia e ocupa o posto de Frauta-Frautín nesa mesma 
orquestra, onde tocou baixo as batutas de decenas de directores de gran prestixio asi como con solistas de renome internacional. Os seus mestres máis salientables foron Antonio Arias en Madrid, Pierre Dumail e Hubert de Villele en París e J.C.Gerard e Aurele Nicolet en Alemaña. A súa traxectoria artística abarca desde entón centos de concertos en todo o mundo, gravacións para a radio, televisión e discos –como a integral de Joaquín Rodrigo xunto co guitarrista Carles Trepat para o selo EMI Classics-, así como a impartición de cursos de formación e perfeccionamento a xóvenes de todas as idades. Entre os premios acadados por este artista destaca o Primeiro premio do concurso Pierre Nerini e o Segundo premio no Lucien Wumser, ámbolos dous en París. Luis Soto é tamén un dos membros fundadores do Taller Atlántico

Contemporáneo (TAC) e desenvolve, xunto a Diego García (piano), o proxecto GALICIA XXI no que 
interpretan o repertorio galego para estes dous instrumentos. "Musicando na Biblioteca" xurde da vontade de colaboración entre a Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal e institucións adicadas ao ensino musical. Nesta cooperación é fundamental o labor dos alumnos e dos seus profesores, que ofrecen a súa interpretación dun xeito xeneroso e desinteresado a todos os composteláns que queiran achegarse á Biblioteca para desfrutar coa música.

Biblioteca Anxel Casal - Contos de amor, erotismo e morte

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal acolle, no marco da súa programación de novembro e con motivo da celebración do Día das Librerías, a sesión de contacontos para adultos "Contos de amor, erotismo e morte" a cargo de Charo Pita. A actividade desenvolverase hoxe 27 de novembro ás 19.30h no Salón de actos e a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

A ollada, o silencio, e como non, a palabra son os protagonistas de "Contos de amor, erotismo e morte", que van dende a creación ata a morte, pasando pola vida, con toda a súa carga de erotismo. Contos para gozar da literatura oral e deses persoeiros que só se atopan nun momento de fábula.

Charo Pita é licenciada en Filoloxía Hispánica e estudou interpretación na Escola de Teatro Santart. Leva anos narrando historias e impartindo obradoiros de narración, relatos tanto de tradición oral como de creación propia. Amante da palabra en todas as súas posibilidades, ten publicados algúns libros infantís: Velliñas (ed. OQO, 2009); Maxia (ed. OQO, 2011); (Quen pode vencer o vento? (ed. OQO, 2014); Grazas! ( ed. La Fragatina, 2014); relatos para adultos (A la Sombra del Cuento, ed. Palabras del Candil); libros de poemas (Desde Arcadia para Govinda, ed. Espiral Maior, 2001), así como artigos relativos á narración oral e á creación literaria en revistas especializadas. Tamén ten realizado espectáculos onde o relato oral mestúrase coa música ou o debuxo: Palabras PercuDitas, Cantos e contos das tres Culturas, os Fonocontos, As Ollofábulas, Miniaturas Medievales, El Juicio de la Adúltera Filipa, traballando con profesionais da talla de Francisco Luengo,

Biblioteca Ánxel Casal - Mes da Ciencia en Galego


A Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" desexa sumarse á celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e, con este motivo, ademáis do seu programa habitual de Astronomía de cada mes de novembro, incorpora na súa programación as seguintes actividades:

*O martes 10 de novembro ás 19.00h no Salón de actos, Xurxo Mariño Alfonso, doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor da Universidade da Coruña, neurocientífico e divulgador pronunciará a charla Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo na que describirá, dende unha perspectiva científica, a viaxe na que visitou desertos, glaciares, volcáns, selvas e montañas. Xurxo Mariño é membro do grupo Neurociencia e Control Motor da UDC (Neurocom), da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción) e traballou no Massachusetts Institute of Technology (EE.UU) máis coñecido como MIT, un dos máis importantes laboratorios de ciencia do mundo. Ademais do seu labor docente e investigadora, ten abertos varias frontes no mundo da divulgación en campos como a Xeoloxía, a Astronomía, a Historia e a Filosofía da Ciencia. Ten publicados os libros: Os dados do reloxeiro: ciencia amena para mentes inquietas

(Consello da Cultura Galega, 2005); Po de estrelas: novas receitas científicas de Os dados do reloxeiro (Consello da Cultura Galega, 2007); Neurociencia para Julia: un viaje de exploración a la máquina de la mente (Laetoli, 2012) ademais de numeroso artigos científicos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

*O xoves 19 de novembro ás 19.00 horas no Salón de actos, Ramón Cid Manzano, catedrático de Física e Química no IES de Sar en Santiago, profesor asociado no Departamento de Didáctica de Ciencias Experimentais da Facultade de Educación da USC e Membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Divulgacción) nos falará da Enerxía nuclear a debate: de Chernobyl a Fukushima. A enerxía nuclear ou atómica é a enerxía que se libera espontánea ou artificialmente das reaccións nucleares. Sen embargo, este término engloba outro significado, o aprovechamiento desta enerxía para outros fins, tales como a obtención de enerxía eléctrica, enerxía térmica e enerxía mecánica a partir de reaccións atómicas, e a súa aplicación para fins pacíficos ou bélicos. Así, é común referirse á enerxía nuclear non só como o resultado dunha reacción senón como un concepto máis amplo que inclúe os coñecementos e técnicas que permiten o emprego desta enerxía por parte do ser humano. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

*Os xoves 12 e 19 de novembro ás 10.00h no salón de actos a Biblioteca acollerá dous obradoiros científicos que estarán a cargo de Ciencia divertida e nos que participarán alumnas e alumnos do CEIP Vite I de Santiago de Compostela. O día 12 desenvolverase “Chispas” no que se explicarán os fundamentos da electricidade: os átomos, os electróns, as cargas positiva e negativa. Os participantes xogarán coa electricidade estática e empregarán o Xenerador Van de Graff. O día 19 tócalle o turno ao obradoiro “Reaccións químicas”, centrado na Materia. Os nenos e nenas recibirán explicacións das diferenzas que existen entre unha mestura sinxela e unha reacción química, farase unha reacción e deberán realizar eles mesmos representacións de átomos, monómeros e polímeros.

*O martes 24 e o xoves 26 de novembro ás 18:30h no salón de actos, a Biblioteca tamén acollerá dous obradoiros que, baixo o título “Achégate á Química!, estarán a cargo de persoal investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CIQUS) e teñen como obxectivo que os participantes se acheguen dun xeito didáctico ao coñecemento da Química. O obradoiro do martes está dirixido a nenos e nenas de 8 a 9 anos e o do xoves é para rapaces de 10 a 12 anos. Precísase inscrición previa, máximo 18 en cada un deles. Para poder participar requírese inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou acudindo ao mostrador de información do andar baixo da Biblioteca. Prégase aos admitidos presentarse dez minutos antes do inicio da actividade.

Para completar as actividades destinadas a celebrar este Mes da Ciencia, a biblioteca contará coa *Exposición "Cambio climático : o noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" que estará do 5 ao 26 de novembro no vestíbulo. Está producida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e polo INEGA (Instituto Enerxético de Galicia) coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia); a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia); o Ministerio de Medio Ambiente; a Alianza del clima e a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea. Tamén está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- que quere contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte.
A exposición mostrará a todas as persoas que se acheguen ata a biblioteca o problemaambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais quere estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

A exposición estará acompañada no vestíbulo da mostra bibliográfica “O cambio climático” na que se exporán os documentos que posúe a biblioteca relativos a este importante tema.

Biblioteca Ánxel Casal - Semana da tradición oral

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal presenta, no marco da súa programación de novembro e con motivo da Semana da Tradición Oral que se celebra ata o 8 deste mes, as seguintes actividades: 

Ill Maratón de Tradición Oral que terá lugar hoxe e mañá ás 11.00h no Salón de actos da Biblioteca. Nela participarán alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria dos CEIP "López Ferreiro" e "Vite I" de Santiago de Compostela que narrarán contos tradicionais, lendas, ditos e refráns sobre o outono, regueifas, adiviñas, chistes, cantigas, historias persoais, etc. A Biblioteca fará entrega de lotes de libros e dun diploma de participación aos centros. 

Hoxe xoves ás 18.00h no salón de actos terá lugar a presentación do Proxecto "Regueifesta", iniciativa de normalización lingüística impulsada polo IES Maximino Romero de Lema, de Baio e o IES Marco do Cambalhom, de Vila de Cruces que ten como obxectivo impulsar a regueifa como forma de socialización entre a xente nova, instrumento para desenvolver habilidades lingüísticas, recurso para estimular a creación musical e para o tempo libre da mocidade. No acto participará alumnado dos dous centros de ensino, os profesores Manuel Maseda e Séchu Sende, e contará coa colaboración das regueifeiras Alba María e Sara Marchena. Ademais, no acto haberá lugar para diferentes sorpresas que vincularán este proxecto educativo co mundo sociocultural e musical actual. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. 

Tamén hoxe ás 19.30h a Biblioteca contará coa presenza de Celso Fernández Sanmartín quen realizará unha sesión de contacontos. A actividade terá lugar no salón de actos e está dirixida a un público adulto (a entrada é libre ata completar a capacidade da sala). A sesión debullará contos e historias de vida de tradición oral, escollidas para que sexan exemplos da nosa memoria colectiva e ao mesmo tempo provoquen a reflexión sobre os espazos nos que hoxe en día compartimos o que nos pasa. 

Celso Fernández Sanmartín naceu en Lalín en 1969. É licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e autor de libros de poesía como "Divagacións iú" (edición de autor, 1991); "O tigre das cenorias" (edición de autor, 1994); "Sen Título" (edición de autor, 1995), "Propiamente son captivo" (Letras de Cal, 1997); "Fucsia, talladas, estampados, boca" (Alvarellos, 2001) e das obras colectivas "Letras novas" (2008, AELG) e "Os Cantares Gallegos de Rosalía no 

Biblioteca Änxel Casal - Mes da astronomía

Un ano máis, a Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" en colaboración co Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da Universidade de Santiago no marco do programa TODOCOSMOS, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), ofrece para o mes de novembro un ciclo de actividades adicadas á Astronomía. 

A presentación da programación terá lugar o martes 3 de novembro ás 12.00 h no Salón de actos da Biblioteca. José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da USC, e Carina Fernández, directora da Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal", comparecerán ante os medios para dar a coñecer o programa de actividades, que se desenvolverá do seguinte xeito: 

Mércores 11 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 4 a 6 anos. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18.30 a 19.30h. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 20. 

Mércores 18 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 7 a 10 anos. A Óptica Val regalará un planisferio celeste a cada asistente. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 19.00 a 20.00h. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 20. 

Mércores 18 de novembro: Observación do ceo nocturno con telescopio (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día previo aviso ás persoas inscritas). A actividade iniciarase ás 20.30h no Salón de Actos cunha breve explicación sobre o que os participantes van poder avistar. A continuación, ás 21.00h iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 50. 

Mércores 25 de novembro: Obradoiro infantil de Astronomía dirixido a nenos e nenas de 11 a 14 anos. A actividade desenvolverase no Salón de actos de 18.30 a 19.30h. Requírese inscrición previa. O número máximo de participantes é de 30. 

Para todas estas actividades precísase inscrición previa chamando ao 881 999 401 ou dirixíndose directamente ao mostrador do andar baixo da biblioteca. 

Coa finalidade de completar este mes astronómico, a Biblioteca ofrece na Sala Infantil desde o 3 ata o 30 de novembro a mostra bibliográfica "Mes da Astronomía" na que amosa os fondos que posúe sobre esta materia para os máis pequenos. 

Por outro lado e con motivo da celebración do Samaín, a Biblioteca Pública de Santiago "Ánxel Casal" organiza o III Concurso de Relato Breve de Terror en Galego. As bases do mesmo publicaranse o 4 de novembro na páxina web da Biblioteca, no seu Facebook e nos carteis que se difundirán dentro do propio centro.