O Psoe de O Pino denuncia a hipoteca que supón un novo crédito cos bancos

O PSOE de O Pino afirma que o crédito solicitado polo Concello para facer fronte ás indemnizacións do caso Fadesa “hipoteca o futuro económico do municipio”.
Denuncián que entre 2018 e 2025, as arcas municipais deberán afrontar desembolsos anuais de 153.000 euros.
O PSdeG-PSOE de O Pino, Informa a todos os veciños/as que a finais do pasado ano 2015, o Concello de O Pino, veuse obrigado a concertar unha operación de crédito, por importe de 1.159.863€, para facer fronte o pago das sentenzas xudiciais firmes, asunto; Polígono, como responsable subsidiario tras o proceso de liquidación ao que está sometido Martinsa Fadesa.

Dita operación de crédito, foi concertada coa entidade Banco Popular. Os mais de un millón de euros, “teremos que abonalos todos os veciños/as no prazo de dez anos”. Os dous primeiros anos, as cotas do préstamo só inclúen os intereses. Unha vez transcorridos estes dous anos de carencia, os pagos, que se efectuarán os días 31 de decembro de cada ano ata o vencemento do préstamo que será o 31 de decembro de 2025, ascenderán, como media a máis de 153.000€ por ano.

As arcas municipais deberán afrontar desembolsos anuais de 153.000 euros. Como se pode comprobar, no cadro de amortización da operación, no ano 2016 e 2017, pagaremos 13.460€ e 15.205€ de intereses, repectivamente. E a partires do ano 2018, ata o 2025, pagaremos como media por ano 153.000€, sumando capital e intereses. En definitiva, “máis de 25 millóns das antigas pesetas que teremos que deixar de investir cada ano, dende XA, ata o ano 2025”, lamentan os socialistas.

Ningún comentario: