Música infantil no Salón Teatro e un libro de teatro en Pedreira na axenda dos próximos días

Carlos Labraña presenta a disparatada obra de teatro infantil Moito morro Corporation, o venres 8 ás 20h, na libraría Pedreira, acompañado por Romina Bal e Francisco Castro

O Salón Teatro acolle o domingo 10 ás 18h o concerto de presentación do libro-disco que Pirilampo lle adica a Manuel María, Teatro de Guiñol. A entrada custa 5 euros máis gastos de xestión

Os máis pequenos da casa están de noraboa, esta semana teñen varias actividades pensadas para eles en Compostela. O venres ás 20h, Carlos Labran~a presenta en Pedreira a comedia circense Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada, unha historia disparatada protagonizada por unha compan~i´a de pallasos, trapecistas e domadores que lles demostrarán aos pequenos e pequenas lectoras que se acheguen a eles que o circo e´, sen du´bida, “o maior especta´culo do mundo”. O libro conta coas fermosas ilustracións de Rodrigo Chao e está recomendado para rapaces de 10 anos en diante.

O domingo, ás 18h, serán os coruñeses Pirilampo quen presenten no Salón Teatro o seu novo traballo literario musical, Teatro de Guiñol, co que homenaxean ao poeta Manuel María o ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas. As entradas están custan 5€ máis gastos.

Teatro de Guiñol presenta unha escolma dos versos máis retranqueiros e festivos de Manuel María, o que xa constitúe un garante de éxito entre o público ao que se destina a obra. Compilados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá, os once temas que conforman o álbum foron musicados polo grupo Pirilampo, sendo esta a súa segunda contribución á colección Sonárbore de Galaxia -tras a publicación de Lucecús no ano 2014-. A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de Guiñol, que lle dá título ao álbum, son só algúns dos poemas escolmados, nesta ocasión, para o gozo de grandes e pequenos. Poemas atemporais para ser contados e cantados, moito máis aló deste ano 2016 no que se lle adica a Manuel María o Día das Letras.

O músico coruñés Xurxo Souto, abandeirado por excelencia do movemento bravú, é o encargado de prologar este Teatro de Guiñol. Unha intervención na que califica ao grupo Pirilampo de marabilla. “Un comando musical itinerante de artistas ventureiros que avanzan pola noite e enchen de melodías todo o que tocan coa súa luz”. Un prólogo no que ademais, Souto se remonta á mesma infancia de Manuel María, un neno de ollos grandes que aprendeu a usar a ferramenta da fala -agasallo dos avós- para compartir historias e e ncher de poemas toda a Terra Chá. 



Ningún comentario: